Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

luns, 26 de novembro de 2018

Día Contra a Violencia de Xénero!


Este ano para comenmorar o Día Contra a Violencia de Xénero realizamos varias actividades. Comezamos participando nun mural a nivel de centro. Plasmamos as nosas mans para simular a plumaxe dun páxaro. Trátase dunha iniciativa do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño. Tratábase de fa
cer un mural cooperativo e enviar un vídeo identificándonos como centro e mostrando o noso mural. (Podedes ver o vídeo no que participamos máis abaixo).





O venres 23 de novembro a ANPA do cole realizou unha actividade chulísima con tatoos xenais pola igualdade de xénero.


Na aula traballamos esta conmemoración mediante dous contos.
Resultado de imagen de la mitad de juan
 O primeiro que traballamos foi "La mitad de Juan". Neste conto estudamos cómo moitas veces se xuzgan os comportamentos dos nenos e das nenas con prexuizos de xénero.
Desta forma perciben que hai comportamentos "de nenos" ou "de nenas", cando en realidade todos somos persoas con gustos individuais que non son de nenos ou nenas, son simplemente os de cada un.





O segundo conto foi "O libro dos porcos". Neste conto fálase da importancia de non asignar roles de xénero ás tarefas do fogar e do respeto ós demais. Reflexionamos sobre as responsabilidades que temos e sobre o que pensaban de cada parte do conto.
Recollémolo todo en papel para quedar de recordatorio!



Ningún comentario:

Publicar un comentario