Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

venres, 16 de novembro de 2018

MAGOSTO!!!

Hoxe celebramos o Magosto no cole e pasámolo moi ben!
Por sorte para nós, os nenos maiores da profe Cris viñeron axudarnos a abrir as castañas, e este ano estaban boas case todas!!! Moitas grazas por colaborar traéndoas!
Para comer, xuntámonos os nenos das dúas clases de 5 anos e foi estupendo. Algúns compis non quixeron comer castañas ou fartáronse rápido e preferiron xogar un rato coas cousas do recanto de biblioteca e de plasti.  Foi xenial pasar a tarde todos xuntos!

Ademáis fixemos unha manualidade de recordo. Trátase dunha
marioneta de dedos dunha castaña. Para decorala usamos unha técnica nova, o puntillismo. Investigamos en internet e atopamos unha chea de cadros e debuxos preciosos con esta técnica. Logo aplicámola á castaña e quedaron moi chulas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario