Este venres celebrámolo Entroido no cole e pasámolo xenial!
Este ano, como sabedes, estamos a desenvolver un proxecto a nivel de centro co que estamos a coñecer as lendas de Galicia.
Así, ó longo deste curso adicámoslle un oco en cada unha das conmemoracións que celebramos. Neste Entroido as lendas chegaron con forza. Aquí vos deixo o vídeo resumo!
(Para ver o vídeo máis grande só tedes que picar na esquina superior dereita. Tamén podedes regular a calidade na rodiña de configuración da parte inferior dereita)
Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.
sábado, 25 de febreiro de 2017
martes, 14 de febreiro de 2017
DÍA DO AMOR E A AMIZADE!
Hoxe día 14 de febreiro é o día de San Valentín, e no cole
celebrámolo todos xuntos. Neste día celebramos o AMOR e a AMIZADE.
Para conmemorar
este día tan especial adicámoslle o día de onte e hoxe. Falamos da xente que
queremos e apreciamos, falamos da amizade...
Como nos queremos
moito, fixemos unhas manualidades para intercambiarnos entre todos. Trátase
duns corazóns nos que puxemos os nosos nomes e nos que deixamos unha pegada dos
nosos beizos a modo de bicos. Hoxe decorámolos con puntiños rosas feitos con
bastoncillos das orellas.
¡Quedaron moi chulos! Unha vez rematados metémolos todos nunha bolsiña e un por un fomos collendo un. Así cada nenos e nena da clase levou un bico dun compañeiro para a casa.

Hoxe ademais vimos o vídeo da fábula do “El León y el Ratón” que nos
gustou moito, sobre todo cando o reproducimos con marionetas recordando o que viramos. Falamos do importante que é ter amigos, de qué fan os amigos por nós, de que hai que ser agadecido, de que hai que coidalos...
Para esta actividade xuntámonos cos compis da clase da profe Marta, ¡e pasámolo xenial!
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación emocional
domingo, 5 de febreiro de 2017
Día da Paz!
Este pasado luns celebramos o Día da Paz!
Para conmemoralo decoramos a entrada facendo unha fermosa cadea moi especial con bonequiños de cada neno que eles mesmos decoraron. Na entrada podedes ver os de todo o alumnado e profesorado de infantil.

Para conmemoralo decoramos a entrada facendo unha fermosa cadea moi especial con bonequiños de cada neno que eles mesmos decoraron. Na entrada podedes ver os de todo o alumnado e profesorado de infantil.

Os nenos e nenas de 4º de infantil decoremos unhas pombiñas coas nosas mans que quedaron moi chulas!
Ademais tivemos unha actividade especial con marionetas do conto "La ovejita que vino a cenar", que xusto trouxeron neses días para o recanto de "Malos de Conto" Claudia e Mateo!
Foi unha actividade internivel, e no noso caso, compartida cos nenos e nenas de 5 anos da clase da profe Mª Luisa e coa axuda da profe de apoio Katia.
Pasámolo moi ben e rimos un montón!
Para rematar decoramos a nosa aula cos personaxes deste fermoso conto. Cada neno decorou unha ovelliña pintándoa e pegándolle algodón. Entre todos pintamos un lobo famento con acuarelas. Logo puxémolos pola clase. Quedou moi chulo!
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación emocional,
manualidades
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)