No verán debemos reforzar todo o que traballamos
durante o curso: a motricidade fina e grosa, a coordinación, os números e
letras e o seu trazo (coñecemos todas as maiúsculas e as vogais en minúscula), os nomes, as formas xeométricas, contar, conceptos básicos como arriba abaixo, sumas sinxelas, as regras de cortesía e modais, a relaxación, etc. Pero estamos de vacacións e
non queremos chegar ó curso seguinte cansos.
Para traballar hai moitas formas de facelo e unhas
gustan máis que outras. Na medida que resulten máis interesantes e apetecibles,
veremos máis resultados porque nos esforzaremos máis. Así que se lles apetece e
lles interesa temos o traballo feito.
-Somos uns pinches
de cociña estupendos: Podemos axudarvos a
seguir unha receita contando os ingredientes, ver cantos faltan ou sobran, ver
as cores, tamaños, se é salgado ou doce... Incluso podemos escribir os ingredientes que precisamos e ir tachándoos da lista según os vamos empregando.
-Facemos a
compra como profesionais: Escribimos a lista xuntos, buscamos as cousas da lista, comprobamos os
prezos, colocamos na casa as cousas xuntos clasificando os alimentos (por
exemplo froitas ao froiteiro, lácteos xuntos na neveira, verduras xuntas,
conxelados...). Podemos facer moitas cousas!
-Investigadores
téxtiles: con tanto crecer sempre necesitamos
roupa. Buscamos o noso talle e a cor, manga curta ou longa, falda, pantalón,
calcetíns... probámonolo e quédanos pequeno ou xigante! Hai que volver
intentalo e buscar un talle máis ou menos. E valerame a vosa? É xenial
disfrazarse, finxir que somos outra persoa, xogar con
teas...
-Somos
xardineiros: Preparamos a terra e machámonos, poñemos as sementes, regamos... Somos
responsables e vemos cánto crecen, comprobamos o que necesitan (está seca a
terra? Están ben as follas? Está a crecer? Dálle o sol?...)
-Imos á praia! Facemos castelos e pensamos como será e que
nos fai falla, xogamos coa area, enterramos os pés, as pernas, o corpo...
Debuxamos na area cos nosos dedos, facemos camiños, unha cuncha segue os camiños pero... unha onda
levouno todo! Pois a pisar as ondas a ver se non volven!
-Paseo entre
as árbores: Hai tantas cousas que
ver, ulir, tocar, escoitar... E temos tempo para facelo xuntos! Os nosos
sentidos están espertos e que sorte que podemos gozalos: animais, flores,
terra, follas, paus, vento, o cruxidiño baixo
os pés... fixámonos en todo e enriba aprendemos cousas sobre o noso entorno.
-Outra cidade
ou pobo: Hai tantas cousas novas!
Edificios diferentes, grandes pequenos con ventás, portas, macetas, as
beirarrúas, as tendas, as hortas, os xardíns, os parques... ata ule diferente!
Por sorte hai carteis por todas as partes e así é máis doado chegar. Podemos
gardar recordos da nosa visita nun álbum para recordar o que vimos e poder velo sempre que queiramos e poñer a data e algún
nome dos que vimos.
-Miramos o
ceo: É moi relaxante. Hai
moitas cousas que ver, as nubes parécense a moitas cousas e ás veces parece que
nos contan historias e os peques podemos ser moi creativos se nos dan
tempo. As nubes botan carreiras, cal chegará
primeiro? Ademais hai moitas cores co amencer e o atardecer.
E pola noite a ver as estrelas que son tantas e tan
bonitas que logo durmimos xenial. Imposible contalas todas ou non? E como se
chaman? Poñémoslles nomes? Están moi lonxe? E non caen?
-Mascotas: Hai que coidalas e preocuparse por elas,
canto traballo! Dalos de comer o xusto sen pasarnos que logo parecen unha bóla,
facer exercicio xogando, correndo, saltando e enporcallándonos. Tamén se cansan
e teñen que durmir a moitas gústalles quedar tumbadas un momentiño ao solete relaxados mentres lles dan mimos.
-E se
rompemos algo? Que ganas de coller ese xornal vello e destruílo! Facemos
tiras e fai un ruidiño... e coas tesoiras, e facendo pelotas con bólas
feitas coas súas páxinas... está claro,
gañamos este asalto!
-E temos tempo para legos, plastilina, pegamento,
tesoiras, rotus,
ceras, témperas, pintura de dedos, pinceis... somos uns artistas, que se nos
ocorre facer?
Por suposto son só ideas, e como xa sabedes o máis importante é o tempo para que vos contemos cousas, expliquemos, cantemos, xoguemos, pensemos...
Aprendemos xogando e facendo cousas que nos fagan
sentir útiles, intelixentes, artistas, imaxinativos... e iso é o mellor.
Estimulación da linguaxe oral!!!
Cando falamos de estimular a linguaxe oral o que queremos é mellorar a nosa capacidade comunicativa. É importante para que, entre outras cousas, poidamos expresarnos correctamente e comprender ós outros, para lograr unha pronunciación correcta daqueles fonemas que se nos resisten, organizar as ideas que queremos transmitir... Todo isto será a base para a lectura e a escritura e moito mais!!!
Nuria, a nosa mestra especialista en Audición e Linguaxe, axudounos a preparar unha serie de consellos e prácticas que axudarán a estimular a linguaxe.
-Non me corrixas directamente, dame a alternativa correcta. Devolvédeme o que dixen mal completado ou corrixido
-Pai: "Que é?
-Pai: "Que é?
-Neno: U fate.
-Pai: Un elefante grande
-Neno: Ote
-Pai: Un coche vermello.
-Pai: Un elefante grande
-Neno: Ote
-Pai: Un coche vermello.
-Non me reñas por non saber dicir correctamente algunhas cousas. Cometer erros é normal cando estamos aprendendo.
-Deixa que me explique sen apurarme nin interrumpirme.
-Hoxe conto eu o conto! Cando conto unha historia leo as imaxes ou incluso podo ler algunha parte do conto se esta en maiúsculas. Tamen podemos xogar a inventar historias xuntos!
-Xogamos cos títeres! Podemos empregar títeres ou os meus xoguetes. Facemos as voces, levamos unha conversa, reaccionamos ó que ocorre, facemos moitos sons...
-Empregamos a nosa bolsa do Programa de Estimulación da Linguaxe que se leva a cabo no cole!! Nesta bolsa, que nos preparou a mestra Nuria, podemos atopar moitos recursos relacionados co sopro (que regula a administración controlada da respiración e traballa a musculatura que empregamos ó falar).
-Teño a lingua enredada!!! Os maiores din palabras mal e nós temos que corrixilos!!!
-Non me sobreprotexas! Evitade falarme de forma infantilizada porque atrasa o desenvolvemento da miña linguaxe.
-Sei facer as cousas só! Deixade que sexa autónomo animándome a facer cousas só valorando o que fago ainda que sexa imperfecto.
-Aprendo novas palabras e estruturas! Xogamos a nomear todo o que vemos dende o coche ou a fiestra da casa. Tamén é importante verbalizar o que facemos ("agora batemos os ovos e engadimos o azucre...").
-Non me sobreprotexas! Evitade falarme de forma infantilizada porque atrasa o desenvolvemento da miña linguaxe.
-Sei facer as cousas só! Deixade que sexa autónomo animándome a facer cousas só valorando o que fago ainda que sexa imperfecto.
-Aprendo novas palabras e estruturas! Xogamos a nomear todo o que vemos dende o coche ou a fiestra da casa. Tamén é importante verbalizar o que facemos ("agora batemos os ovos e engadimos o azucre...").
-Vexo vexo... unha cousiña que empeza por...
-Praxias. As praxias son movementos/exercicios que facemos a modo de entrenamento para mellorar a nosa fala. Podemos practicar de moitas formas, pero aquí deixamos algúns recursos.
Grazas por colaborar, pasade un feliz verán!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario