Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

mércores, 28 de decembro de 2016

Remate do primeiro trimestre e celebración do Nadal!!!

Agardo que esteñades desfrutando das vacacións de Nadal! 
Resultado de imagen de navidad gif animados
Rematamos o trimestre coa celebración dun día especial adicado ós nenos. Pasámolo moi ben nos talleres de baile, de maquillaxe, de orelliñas e no de adornos de Nadal. 

Tamén nos gustou moito bailar para vós, aínda que nos dera algo de vergoña!  
Logo comemos un pouco para repoñer forzas e xogamos na clase todos xuntos. 
O certo é que rematamos con cariña de sono logo de tantas emocións.
En fín, aquí vos deixo un vídeo con algunhas imaxes desa última xornada. 
Deséxovos un bo Nadal e próspero ano novo a todos!!!
Vémonos á volta ;)

(IMPORTANTE: Para ver en grande pulsade na frecha da esquina superior dereita. Podedes regular maior calidade na roda de axustes da barra inferior.) 

venres, 16 de decembro de 2016

Mural de Outono!

O mural de Outono xa leva un tempiño na nosa parede, pero ata hoxe non sacara fotos para o blog. 
Tivemos que deixar secar as follas que trouxeron durante máis dunha semana, pero quedaron estupendas. 
Unha vez que estiveron  ben secas voltamos a clasificalas por cores, xa que moitas delas mudaron a súa cor ó secar. 
A maioría mudaron de amarelas a marróns e moitas das vermellas escureceron un pouco. 
Feito o traballiño de clasificalas, só nos quedaba a tarefa de seleccionar as máis chulas para o mural e iso foi o que fixeron por quendas. Pouco a pouco coloquei as follas que eles consideraron máis axeitadas da forma que pensaron máis adecuada. Unhas quedaron repartidas pola árbore, outras caendo... Levounos un par de días todo o proceso, pero quedou estupendo!

Adorno do Apalpador!


Esta semana fixemos uns adorniños do Apalpador. Primeiro pintamos con pinturas a súa pel, logo estiramos plastilina laranxa fara facer a barba e por último pintamos con rotus a súa boina, botas, bolsa, pipa e castañas. Quedaron moi feitiños!

martes, 13 de decembro de 2016

O APALPADOR!

Resultado de imagen de O apalpador

Resultado de imagen de apalpador pandigueiro
Esta semana coa proximidade ó Nadal estamos coñendo ó Apalpador. Ese carboeiro das montañas do Caurel que baixa a noite do 24 para apalpar as barriguiñas e ver os que as teñen ben cheíñas. Deixa castañas e algún xoguetiño para os máis cativos.

Aquí vos deixo un dos vídeos que vimos e que nos gustou moito!




xoves, 24 de novembro de 2016

Preparando follas de OUTONO!

Moitas grazas por mandarnos as folliñas que axudastes a recoller, xa as puxemos a secar. Son moi fermosas!
Aproveitamos para colocalas con coidado repasando as cores e agrupándoas por cores.


Arboriñas de OUTONO!

A pasada semana comezamos a preparar unhas arboriñas de OUTONO. Empregando as nosas mans, dediños máxicos e as cores de outono fixemos unhas árbores moi chulas para decorar a nosa clase.

xoves, 17 de novembro de 2016

Un convidado especial!

Durante un tempiño tivemos na aula un profe en prácticas que traballou con nós na aula e que fixo actividades moi chulas!

venres, 4 de novembro de 2016

Magosto entre castañas!

Esta tarde celebramos o Magosto no cole e puxémonos as botas papando castañas!



venres, 28 de outubro de 2016

Visítanos un coello!

A nosa clase xa vai para granxa! Hoxe visituno un coelliño chamado Simón que veu á clase de 4 anos. Foi xenial podelo traer para velo de preto e

Semana de Samaín entre MEIGAS! Habelas, hainas!

Este ano achegámonos a persoaxes galegos relacionados co Samaín e en 4º de infantil centrámonos nas MEIGAS.
Fixemos unha manualidade de bruxiña que

venres, 21 de outubro de 2016

Día das bibliotecas!

Este ano, dende os Equipos de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega, temos como proxecto central a aproximación as lendas galegas. Por iso irémonos achegando a elas ó longo do ano a través das distintas conmemoracións.

Así, este venres conmemoramos o Día das Bibliotecas e fixémolo na compaña de Sorisco, o Trasgo Comecastañas de Álvaro Cunqueiro.
Realizamos unha pequena actividade animación na biblioteca do centro para aproximarnos a esta personaxe tan simpática, e

Unha visitante na nosa clase!

Resultado de imagen de a que sabe la luna


Este xoves houbo unha visitante na clase de 4 anos, unha tartaruga chamada LU. Trátase da mascota de Asier da clase da profe Maria José. 
Tivemos a sorte de que se achegasen a nosa clase para poder vela de preto e que nos explicasen algunhas

sábado, 8 de outubro de 2016

María José cóntanos un conto!

Resultado de imagen de cuento animales pinguino raton serpienteDende logo é unha sorte ter unhas profes que nos invitan a visitar as súas clases. A profe María José ademáis é unha contacontos estupenda!
Así visitamos a clase

sábado, 1 de outubro de 2016

ZOELAS!

Menuda actuación nos trouxo o grupo de música tradicional galega ZOELAS con música

venres, 30 de setembro de 2016

A profe Alba e a súa clase cóntannos un conto!

Resultado de imagen de oruguita glotonaTivemos a sorte de que a clase de 5 anos conta uns contos estupendos e de que nos invitaran a súa clase para que nos contaran o conto de

xoves, 8 de setembro de 2016

Apertura do blogue dos máis bule bule da escola!


Resultado de imagen de TICS INFANTIL
Este blogue nace co fin de achegarvos á escola, ó noso día a día e posibilitando que vos impliquedes no mesmo. 


Ten por obxectivo achegarnos ás TICs, estimular a linguaxe oral, axudar a estruturación temporal á hora de evocar e relatar acontecementos e, o máis importante, motivar os cativos cara a actividade da escola e ser fonte de diversión.

Agardo que vos agrade a proposta e a disfrutedes.


Irei actualizando o blogue sempre que me sexa posible!