Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

PROXECTO "PEZ ARCOIRIS"

27-09-2017

Resultado de imagen de cuento pez arcoirisComezamos o curso rememorando as vacacións de verán: visitas ós avós, primos, visitas ós parques, viaxes á praia, á piscina, paseos pola montaña, traballiños e probas na horta, visitas ó xardín, xogos con amigos... 
Os compis trouxeron unha chea de recordos. Contáronnos o ben que o pasaran, e todo o que fixeran. 
Con todos os recordos creamos un recantiño adicado ás vacacións.
Moitos contaron que foran a praia, que viran peixes, cangrexos, algúns foron o río...
Así aproveitamos para contar o conto de "El pez arcoiris" de Marcus Pfister. Aquí tedes un vídeo do conto.

Para ter un recordo comezamos a crear o noso propio conto do Peixe Arcoiris. A medida que o vamos recollendo, vamos recordando algunhas das cousas que traballamos o curso pasado. Pouco a pouco, investigamos cousiñas sobre este animal e outros animais do mundo submarino e realizando experiencias moi chulas!!!

Nas primeiras páxinas decubrimos mensaxes ocultos con ceras brancas e acuarelas azuis, pintamos con brillantina, con tizas de cores...

No conto aparecen unha chea de peixiños, polo que nós elaboramos unha manualidade de peixes con pinzas. Decoraron coas cores que máis lles gustan, picaron co punzón... e quedaron xeniais!

Unha das cousas que aparece en case todas as páxinas do conto son as ALGAS. Todos estaban de acordo en que as algas son "plantas do mar". Que as hai de moitos cores: verdes claro, escuro, negras, marróns... Trouxemos unhas poucas par ver na aula.
Todos tocámolas secas e estaban máis ben duras e semellaban papel. Logo botáronas en aula, remexemos e voilá! De repente eran brandiñas,suaves e daban algo de grima!

Outro animal que aparece é unha ESTRELA DE MAR. Buscamos en internet e atopamos unha chea de imaxes de estrelas de mar, unhas preciosas e outras non tanto...
Tamén buscamos en Youtube e atopamos un video co que aprendemos unha chea de cousas!!!

Grazas a el aprendemos que as estrelas de mar acostuman a ter 5 brazos igual que dedos na nosa man, pero que hai algunhas como a ESTRELA XIRASOL que ten unha chea de brazos e que pode medir un metro!!!
 Descubrimos que os ollos están nas puntas e a boca no centro, alucinamos!  

O segundo animal do conto era un PULPO. Sabíamos que teñen 8 "patas" e unha cabeza enorme! Investigamos un pouco e soubemos que as "patas" son TENTÁCULOS que saen directamente da cabeza. Tamén soubemos que cando se asutan, botan un chorretón de TINTA para escapar, que teñen 3 CORAZÓNS, que se camuflan como camaleóns e que son moi intelixentes!!!
Aquí un mini-documental moi chulo que vimos na aula tras buscar un pouco.


Contando coa apariencia dos ovos dos pulpos e cos chorretóns de tinta realizamos un par de experiemntos. Sumerxemos unhas boliñas en auga e deixñamolas uns días a remollo. Cando volvemos velas parecía que desapareceran, pero cando metemoa as mans na auga descubrimos que en realidade eran tan transparentes que non se podían ver, pero si que estaban!
Logo probamos a mesturar auga e tinta como a dos pultos de cor vermella e azul. Toda a auga quedaba tinguida! Probamos a mesturar e a auga púxose de cor violeta!

O tema da tinta dos pulpos chamounos moito a atención e seguimos experimentando con mesturas e indagando sobre as cores.

Ó mesmo tempo que avanzamos co miniproxecto do conto do peixe arcoiris e as nosas investigacións ó redor das súas persoaxes e contorna, os compis están colaborando traéndonos murais e recordos das súas vacacións que estamos encadeando en moitas ocasións co tema que nos ocupa.

Así, como vedes, chegáronnos unha cheas de fermosas cunchas. Algunhas empregarémolas para unha manualidade que pronto veredes, outras déronnos para invetigar sobre as almexas e ver cómo é ese animal.
 Unha das cunchas de MATEO resultou ser unha cuncha de ostra!

Resultado de imagen de ostra conchaMANUEL trouxo area, coa que fixemos un xogo para o recanto das vacacións, e un xogo de pesca, e que nos trouxo unha chea de recordos que compartimos xuntos.
ROI participou cunha manualidade de peixiños entre outras cousas.
Chegaron moitas cousiñas máis moi interesantes, com os libriños de NAIARA e YANIRA, os murais de NEREA e MATEO, as fotos de BELA, MANUEL, CLAUDIA e YANIRA, as flores do xardín de NADIA que secamos para o mural... Estas xa forman parte deste primeiro recanto especial e no que xa xogamos no momento do xogo por recantos.
Pronto xa vos ensinaremos o mural e recanto que estamos montando coas cousas do verán e as cousiñas do Proxecto do Peixe Arcoiris!

28-09-2017
NADIA e MATEO trouxeron un par de cousiñas relacionadas coas vacacións.
 NADIA trouxo un debuxo dela co seu tío en vacacións na praia. É un debuxo moi chulo que xa temos no corcho.
MATEO trouxo uns prismáticos de xoguete. Todos sabían que eran uns prismáticos, pero non tiñan moi claro para qué servían. Tras debatilo un anaco, chegamos a que con eles podemos ver cousas que están moi lonxe.
Tamén quero compartir con vós o xogo que preparamos coa area de MANUEL e coas boliñas coas que experimentamos.
Coa area podemos debuxar e escribir dunha forma diferente. 
Coas boliñas obtivemos un xogo sensorial estupendo.
Todas as cousiñas que van traendo e que vamos preparando vámolas deixando no seu recanto. 

Outra cousiña que fixemos, e que conservamos na aula, son unhas reproducións das persoaxes do conto "EL PEZ ARCOIRIS": un par de pulpiños, unha estrela de mar e un peixe arcoiris. Quedaron moi ben!

02-10-2017
Hoxe pola tarde levamos para a casa os nosos peixes-pinza! fixémolos pintándoos, picando con coidado. Logo só había que pegalos na pinza e listo!!! Sinxelo e divertido!

14-10-2017
Seguindo coas experiencias  coas cores este luns pola tarde experimentamos con LACASITOS!!!! Había moitas teorías sobre o que podía pasar pero cando apareceu un ARCO DA VELLA todos alucinamos!!! Logo por suposto probámolos ;)

¿FLOTA? Outro dos experimentos que realizamos relacionábase coa flotabilidade dos obxectos... así, comezamos con hipóteses sobre qué pensaba cada un que iba a acontecer cos obxectos propostos, flotarían? Había todo tipo de respostas, logo, probamos as nosas teorías. Algunhas cousas sorprendéronnos moito!!! 
Unha vez comprobado, decidimos probar con outros obxectos da clase, pasámolo moi ben!

Como sabedes estamos a compoñer o noso propio conto de "El pez Arcoiris", e unha das últimas páxinas do conto é cando este peixiño remata rodeado de AMIGOS, e nesta clase somos unha piña!!! Entre todos eliximos qué imaxe adicaríamos para rematar o conto. Aquí a tedes;)

Tamén tivemos que facer a portada para este traballiño e esforzámonos moito!
Primeiro decoramos as letras con rotus de cores. Logo fixemos as escamas empregando un APIO e distintas cores igual que o peixe arcoiris. Rematamos punteando cara e aletas con paus das orelliñas coas cores dourada e prateada. Quedou xenial!

Para a contraportada decoramos un peixiño semellante ó da portada, e engadimos a última escama brilante que lle quedaba ó final do conto. Para rematar engadimos as BURBULLAS estampándoas cun CORCHO e pintura branca. 

Recordades as CUNCHAS que nos trouxo MANUEL? Pois xa lles demos bo uso! 
Cada un elixiu unha cor para o seu peixiño e sentamos en grupos segundo a cor que escolleran. Pintaron con coidado e deixamos secar. Logo elixiron o olliño que máis lles gustaba e modelaron en plasti as aletas.
Pegueinos nunha cartulina e plasmaron con bastoncillos das orellas as burbullas con branco. Quedáronlles uns peixes fermosos!


Por  Outeiro andamos recibindo cartas e mensaxes dun mago que nos meteu as ganas de comezar novas investigacións, pero vendo as nosas manualidades e experiencias decidiu deixarnos un agasallo! Facer burbullas como peixes sen estar baixo a auga foi xenial!!!

Entre as experiencias tamén tivemos tempo para os contos relacionados coas vacacións, os peixes, o mar...
Así, NAIARA contounos un par de contos: "De vacaciones" e "Gatito y las acaciones". Con estos contos traballamos unha chea de cousas: fixemos exercicios de atención, de lóxica, memoria... e ata nos convertemos en gatos!
MANUEL elixiu un libro de animais mariños. O que máis nos impresionou foi o peixe pescador.

Así, decidimos investigar un pouco no ordenador. Atopamos unha chea de imaxes e non se trata dun peixe moi bonito...

Tamén atopamos un vídeo que nos encantou, é moi rápido!!!!!

Esta semana tivemos as últimas aportacións para o recanto das vacacións!
NADIA trouxo un debuxo moi chulo do seu verán, tiña unha pila de detalles!!!
ICÍA mandounos a súa parte do mural con imaxes das súas vacacións colocadas nun SOL fermoso!
ROI trouxo unha morea de fotiños de todo o que fixo en vacacións!
Como sempre examinamos todo o que trouxeron, as imaxes e debuxos explicando qué chegaba á clase.

Con estos últimos elementos compoñemos o noso mural, e quedou xenial! Só nos faltaba o título e para iso compuxemos a palabra VACACIÓNS ordenando as letras entre todos e empregando o sol de ICÍA como letra O.
Quedou xenial!!!

ICÍA tamén rematou a súa manualidade do PEIXE-PINZA!!! Quedoulle xenial e aquí a comparte!!! Estamos desexando ver máis!
22-10-2017
Esta semana, ICÍA rematou a súa manualidade do peixe-cuncha e quedoulle xenial!!!

Chegou un novo mural, o de VALERIA! quedoulle xenial e explicounos moi ben todo o que fixera nas vacacións!
 Esta semana mandamos para a casa os xogos e materiais do recanto de vacacións que comezamos paralelamente ó traballo no proxecto do Peixe Arcoiris. Recollémolo para ir facendo sitio para as cousas que xa van chegando do seguinte proxecto, pero manteremos o mural un tempo.
Así, mandamos para a casa as cunchiñas coas que os agasallou NEREA. Durante este tempo tivémolas na clase e xogamos a emparellar cada cuncha coa imaxe do compi ó que pertencía. Pasámolo moi ben e agora cada un terá a súa de recordo. Grazas NEREA!

Ningún comentario:

Publicar un comentario