Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

Casa-Escola

Este apartado do blog xurde polas inquedanzas que algúns tiñades. Pretende axudar e facilitar o inicio da aprendizaxe lectoescritura evitando contradiccións entre a casa e a escola.

Non pretendemos que fagan deberes, nin teñen que traballar na casa. Só se trata de que, se de forma espontánea, a eles lles gusta facer debuxos nos que escriben, piden axuda en actividades relacionadas coa lectoescritura ou teñen interés por escribir na casa é importante que todos rememos na mesma dirección. 

Moito ollo con non regañar. Trátase de facer correccións positivas, reforzar moito o que fan ben e o esforzo. Que xurda un interés espontáneo pola lectoescritura é o que queremos, non que se converta nun traballo ou actividade imposta. 

Así, aquí vos deixo algúns consellos importantes se mostran interese na casa pola lectoescritura!
Resultado de imagen de niños pequeños escribiendo
1.Coller ben o lapis sempre.
É moi importante que agarren correctamente o lapis sempre, xa que se se acostuman a collelo de forma incorrecta é moi difícil que perdan esa costume. Importante se escriben, debuxan, pintan....

Resultado de imagen de niños escribiendo dibujoResultado de imagen de COGER BIEN LAPIZ

2. Valorar o esforzo e o interese.
Non queremos que teman o trazo das letras, polo que debemos respetar o ritmo de aprendizaxe. Esto significa que as letras comezan sendo debuxos que pouco a pouco se aproximan a letras convencionais, polo que debemos valorar sempre o esforzo que fan.
As recomendacións que seguen con respecto ó trazo e demais, deben tomarse con tranquilidade, sen presionar e nin cohibir os cativos nos seus intentos. 

3. Sons vs nomes de letras.
Aínda que traballamos os nomes das letras "M = Eme, S = Ese...", acostumamos a usar habitualmente o son da letra "M = mmmm, S=ssss". Isto facilitálles moito o aprendizaxe.

4. Ollo á dirección na que facemos as letras.
Resultado de imagen de niños agarrar lapiz


Se queren escribir o nome, copiar unha palabra, escribir letras sen máis ou outra cousa tede en conta a direccionalidade á hora de facer o trazo das letras, é moi importante! Nós na aula facémolas así:


Se escriben números pasa o mesmo.
Se tedes algunha cuestión non dubidedes en poñervos en contacto!

Moitas grazas por colaborar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario