Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

domingo, 23 de xuño de 2019

Fin de curso!

Terminamos un ano máis con celebracións e co bo sabor de boca do noso día lúdico!
Tivemos teatro cos maiores, xa que
xa estamos a piques de unirnos o cole de primaria. Foi divertidísimo e non podíamos parar de rir cos alumnos/as de teatro do cole.
Logo tivemos sesión de festa comendo galletas de dinos, gusanitos, patacas fritidas..., bailando, cantando e xogando. 
Logo no recreo o bo tempo permitiunos desfrutar do areeiro, dos aros, pelotas, xogos no chan e sobre todo dos amigos e amigas. Tamén tivemos un anaco nos recantos para xogar de desfrutar xuntos antes de despedirnos. Repasamos o mellor deste tempo xuntos, falamos do futuro no cole de maiores e démonos unhas apertas que gardaremos con agarimo todo o verán ata que nos volvamos ver.

Ningún comentario:

Publicar un comentario