Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

PROXECTO ALEXANDER CALDER!

ALEXANDER CALDER
Ó longo deste curso xa temos demostrado que somos uns artistas e por iso xa nos tardaba ter a
oportunidade de empregarnos a fondo!

Este 3º trimestre desenvolveremos un proxecto de arte a nivel de todo o ciclo de infantil. Cada nivel profundizará nun artista diferente e cremos que será moi emocionante!
En 4º de infantil estudaremos a ALEXANDER CALDER. Entre outras cousas, coñeceremos cousiñas da súa vida, o tipo de obras que creaba, as cores e materiais que empregaba, crearemos as nosas obras a partir do que vaiamos aprendendo, confeccionaremos un mural coas nosas averiguacións... e moitas cousas mais!!!
 Por iso, pedimos a vosa axuda con aqueles materiais que poidan axudarnos a investigar sobre este artista, e para que nutran o noso Rincón dos Artistas.



04-05-2017

MANUEL tróuxonos un MALETÍN de PINTOR! Dentro había un pincel, unha paleta e o mellor de todo é que se converte en CABALETE!!!
Dentro tamén nos traía un cadro precioso que pintou dun león. É xenial e serviunos para aprender cómo tiñamos que empregar cada cousa.
É xenial converterse en PINTOR con estes útiles e xa forma parte do noso recanto dos artistas!




ROI A. contribuíu cun LIBRO fantástico de Alexander Calder. No interior hai unha chea de imaxes das súas obras. Este tipo de material vennos moi ben, xa que ó longo do proxecto temos que investigar moitas cousas, e de feito, xa o tivemos que empregar varias veces.
Nos primeiros días deste proxecto vimos un vídeo resumo sobre este autor, e aprendemos moitas cousas!

Visto este vídeo e tras unha búsqueda en google imaxes xa nos quedamos con moitas cousas que nos chamaron aatención. Que era PINTOR e ESCULTOR.  Que facía esculturas que se movían e outras xigantes, que pintaba cadros que parecen alegres, que facía xoguetes de circo.

A partires deste momento comezamos a investigar algunhas cousiñas. Buscamos información no ordenador e lebounos a buscar un mapa para ver ónde estamos nós e ónde naceu e viviu Alexander Calder.

Descubrimos que naceu en Estados Unidos, en PENSILVANIA. Buscámolo nun mapa e logo buscamos a súa bandeira e a nosa.
Na bandeira atopamos un montón de detalles interesantes. Atopamos 2 CABALOS, 1 AGUIA, 1 BARCO, un arado e uns atados de herba.
Resultado de imagen de bandera españa
ESPAÑA
Sabemos tamén que alí en PENSILVANIA se fala en INGLÉS. Recordamos cousiñas que sabemos dicir en inglés e resulta que xa saben un montón e estamos de acordo no orgullosos que estamos por todo o que aprendemos!

PENSILVANIA


Resultado de imagen de nadar dibujo animado
Como soubemos, de maior marchou para FRANCIA e que alí vivía en PARÍS. Investigamos ónde estaba ese sitio e marcámolo no noso mapa. Fixámonos e comentamos cómo chegaría ata alí: iría nun barco como o da bandeira? iría nadando? en avión? Comentámolo estamos seguros de que nadando non puido ser, xa que o mapa é moi pequeno, pero o mar é enorme e se o tivo que cruzar enteiro seguro que cansaba. Así que aínda que non sabemos seguro cómo foi, pasamos un rato interesante reflexionando cómo puido ir.

FRANCIA
Falando de Francia comentaron que alí se fala FRANCÉS. En francés non sabemos falar, pero si que algúns sabían que alí en PARÍS está a TORRE EIFEL. Buscamos no ordenador e resulta que a TORRE EIFEL lles pareceu preciosa!




Tamén comezamos a aprender cousiñas sobre as súas obras.
Empregamos o libro de ROI A. para ver algúns cadros e tamén buscamos no ordenador. 
Descubrimos que nas súas pinturas case sempre empregaba as mesmas cores: VERMELLO, LARANXA, AMARELO, NEGRO, AZUL e VERDE. 
A cor que máis empregaba era o VERMELLO, e de feito todas as ESCULTURAS que atopamos eran desta cor.
Polo momento parámonos nunha das súas PINTURAS á que chamou "SOL NEGRO"!
Falamos de qué nos parecía, da expresión deste sol, das cores...
SOL NEGRO
Estamos desexando seguir investigando!!!

14-05-2017


MANUEL tróuxonos un libro de Calder que xa esivemos empregando na clase para investigar e experiemntar en clase! Está xenial e trae unha chea de curiosidades. Xa forma parte do recanto de aula adicado a Alexander Calder.

NAIARA tamén nos sorprendeu cun traballiño que fixo na casa, unha reproduciñon dun dos seus cadros. Quedoulle xenial e comentámolo na asamblea. 

Así, esta semana continuamos coas nosas investigacións sobre  as pinturas de Calder. Buscamos en internet e atopamos moitos cadros interesantes que comentamos. Entre tosos buscámoslles títulos, comentamos qué pensábamos que eran... Algúns foron:

Imagen relacionada
ÁRBOL
Resultado de imagen de calder círculos y otros
CÍRCULOS Y OTROS
Resultado de imagen de calder ESTRELLAS LUNA Y ESPIRALES
ESTRELLAS, LUNA Y ESPIRALES
Resultado de imagen de calder  flying colors
FLYING COLORS
 Esta última pintura reproducírona e quedoulles xenial!

Esta semana centrámonos non só nas pinturas, senon que quixeos coñecer os distintos tipos de obras que creou este artista. 
As ESCULTURAS de ALAMBRE foron o noso seguinte obxectivo. Atompámolos nos libros de ROI A. e de MANUEL e buscámolas en internet. Fixámonos nas formas e o que representaban cada unha.
Decidimos experiemntas na clase a ver qué nos salía. Tentamos facer números, letras e experimentamos de forma libre.
 Logo por parellas creamos esculturas que quedaron xenial!!!!


Parámonos nunha das esculturas, a de JOSEPHINE BAKER, unha bailarina de CHARLESTÓN.
Resultado de imagen de calder  josephine baker
ALEXANDER CALDER COA ESCULTURA DE JOSEPHINE BAKER
Resultado de imagen de calder  josephine baker
ESCULTURA DE ALAMBRE
DE JOSEPHINE BAKER



Resultado de imagen de josephine baker

Tras buscar quén era esta bailarina, quixemos vela en acción, e buscámola en Youtuve. Rimos un montón!!!






Logo de ver o vídeo quixeron investigar este tipo de baile, polo que buscamos e coñecemos algúns dos pasos. Foi moi divertido e desfrutamos moito.
Agora estamos ensaiando cunha canción moi coñecida en todas as vosas casas "Mama, cómprame unas botas". 
Déixovos o vídeo que lles preparei para bailar en clase, por se vos queren ensinar cómo bailan CHARLESTÓN igual que JOSEPHINE BAKER!


Descubrimos tamén as ESCULTURAS ESTABLES que non se moven. Soubemos que acostuman a ser moi grandes, de METAL e moitas son da súa cor favorita VERMELLO (tal e como nos poñía no libro de MANUEL).  Quedámonos coa que chamou Flamenco e que era xigantesca!
Resultado de imagen de alexander calder flamenco
FLAMENCO
Unha das cousas que máis nos gustou foron as súas figuras de CIRCO!!! Nas nosas investigacións atopamos unha chea de figuriñas xeniais. Buscamos en Youtube e atopamos moitos vídeos nos que Calder facía representacións xogando coas figuriñas.


MANUEL tamén nos trouxo unha ESCULTURA xenial!!! Polo que vimos en internet parécese a "La belleza de la noche" que ten forma de peixe, mentres que a de MANUEL ten forma de pita.
Esta escultura de peixe é unha ESCULTURA MOBIL que nos encanta!

Resultado de imagen de escultura calder



Logo de coñecer as súas PINTURAS, ESCULTURAS de ALAMBRE, ESCULTURAS ESTABLES, ESCULTURAS MÓBILES, FIGURAS de CIRCO estamos desexando saber máis, experimentar e crear moito máis!!!


20-05-2017
GRAN ESPIRAL
Esta semana comezamos cun cadro que reproduciu MANUEL. Manuel contounos cómo o fixo e fixámonos nas cores, nas liñas, na forma de espiral, na firma, no ano... 

Como non sabiamos o seu nome buscamos nos libros de MANUEL e de ROI A., pero non a atopamos. Logo probamos en internet. Escribimos o nome de Alexander Calder e a palabra "PINTURAS" en imaxes, fixámonos e atopámolo!!!
Resulta que se chama "GRAN ESPIRAL". Fixónos moita ilusión atopalo. Logo buscamos a reprodución de NAIARA. Escribimos o nome de Alexander Calder e a palabra "LITOGRAFÍA" (como nos poñía pola parte de atrás da súa reprodución) en imaxes. fixámonos de novo e atopámola: "The Trefe".
THE TREFE
Tras analizar ambos traballiños paramos para ler un pouco no libro de MANUEL na parte das PINTURAS. Na páxina na que paramos presentábannos un cadro de Calder e explicaban que en certa ocasión Calder iba nun barco, cando viu un "globo xigante vermello", era o Sol, e a súa beira aínda se podía ver a lúa branca. Conta o libro que esta visión o marcou e de aí que aparezan tan a miúdo soles, lúas, estrelas...
Tamén nos fixamos en que explicaba que Calder pintaba con unhas pinturas que se chaman: ÓLEO e GOUACHE.

Como non as coñecíamos investigamos en internet para velas. 
Así, esta semana achegámonos ós materiais que empregaba para realizar as súas obras: caballete, pinceis, pintura, paleta, alambre, cortiza, cartón, vidro, metal...


27-05-2017
Esta semana comezamos coas obras de 2 dos nosos compis!!!
ROI A. presentounos cos seus pais unha escultura que fixeron xuntos o fin de semana e que lles quedou impresionante!!!
Explicaron cómo seu pai modelou e soldou as partes de metal e ROI e súa nai traballaron con feltro para facer as figuras que escolleron dentro da obra de Calder. Ademais tiveron en conta as cores que empregaba na súa obra, neste caso: VERMELLO, AMARELO, LARANXA e AZUL.
Ademais escribiron os datos fundamentais da súa obra:
      Título: ESPIRAL, LUNA, CÍRCULO Y ESTRELLA.
      Artista: ROI ASTARIZ
      Data: MAIO 2017




Outra sorpresa nesta semana foi a obra de ICÍA. Explicounos que traballou moi duro o fin de semana coa súa nai.
Neste caso elixiron facer un CIRCO como o de Calder e quedou xenial!!!
Elixiron algúns persoaxes do crico como o LEÓN, o FORZUDO e unha PRESENTADORA. Empregaron materiais como: PINZAS, ALAMBRE, LA, CORCHO e GOMAEVA para facer detalles. Tamén empregaron PINTURA e TESOIRAS.
Esta manualidade ten unha chea de detalles e quedou espectacular!!!


As 2 obras están xa no noso recanto especial do proxecto;)
Esta semana continuamos coas obras pictóricas, pero, tomando como base o visto no traballo dos nosos compis, fixámonos nas obras similares de CALDER e achegámonos ós materiais que empregaba nas súas obras: ALAMBRE, TEAS, CORCHO, MADEIRA, VIDRO, METAL...
Entre todos elabormos un par de MÓBILES semellantes ós de CALDER.
Entre todos eliximos formas típicas que atopamos na súa obra: LÚA, ESTRELA, ESPIRAL E CÍRCULO.
Cada un escolleu unha das formas e unha das cores de CALDER: VERMELLO AMARELO, AZUL, LARANXA, AMARELO, NEGRO.
Cada compi picou e pintou a súa forma e logo colgámolas nas estructuras de alambre que colguei do teito do recanto dos artistas. Quedou xenial e encántanos ver cómo se move cando sopramos!!! Unha auténtica ESCULTURA MOBIL!!!
Tamén estamos reproducindo algúns dos cadros que traballamos na aula empregado o PINCEL e CABALETE que trouxera MANUEL.
Polo momento fixeron "ESTRELA, LÚA E ESPIRAIS" e case remataron "SOL NEGRO".
Outra cousa que queríamos mostrarvos era o mural que vamos elaborando co proxecto. Neste vamos deixando constancia dalgunhas das cousiñas que vamos aprendendo.

Esta semana tamén estivemos preparando outra obra en LENZO, pero está e outras, serán unha sorpresiña para que vexades en breves!

03-06-2017
Nova semana e novos traballiños! Como o de VALERIA que o pasado fin de semana se adicou a facer unha JOSEPHINE BAKER xenial coa axuda dos seus pais e quedou parecidísima! Reproduciu a esta famosa bailarina e parece bailar nonnoso recanto dos artistas!
Fixámonos nos materiais que empregou e  nas formas en espiral que tanto lle gustaba empregar.


EMMA tamén traballou duro coa familia elaborando un móbil estupendo! Fixámonos nas formas que empregou para facelo (CÍRCULO, CADRADO, ESTRELA e LÚA) e nos materiais (MADEIRA e ALAMBRE). Observamos cómo modelaron os alambres, pintaron as figuras e decoraron con formas xeométricas e co nome do noso artista ALEXANDER CALDER!!!
Quedou xenial e forma parte do recanto dos artistas ;)

NAIARA chegou cunha litografía estupenda que reproduciu na casa. Fixámonos nas cores (AMARELO, VERMELLO, NEGRO, AZUL, BRANCO) e nas formas (CÍRCULOS, ESPIRAL).
Explicounos cómo o fixo e deixóunolo tocar, xa que nos dixo que a parte amarela era suaviña ;)

NEREA fixo cos papis unha reprodución dunha das figuras de CIRCO de CALDER!!! Púxolle pelo de LA, empregou un COCHO para a cabeza, unha PINZA para o corpo e ALAMBRE para brazo e e pernas. É una chulada e ten un bamboleo simpatiquísimo!!! Agora faille compaña ás figuras que fixera Icía ;)

Pero esta semana tamén tivemos moitas outras actividades: en papel, con plasti, nos recantos e preparando unhas sorpresiñas para vos...

17-06-2017
Nos últimos días tivemos dúas novas aportacións.
CLAUDIA sorprendeunos cun traballo ó que lle adicou moito tempo e que nos presentou na aula a modo de xogo. Neste mural dividiron as obras de CALDER en 4 seccións básicas. Claudia fóinolas mostrando e recoñecemos moitas delas!!!! Logo devolvémolas os seus bolsillos.
Traballou moi duro e gustounos moito!!!
 YANIRA trouxo unha reprodución dunha das obras de Calder na que recoñecemos as formas de CÍRCULO típicas dos seus cadros e as cores que sempre empregaba. Quedou moi fiel á obra orixinal e encantounos!!!
Ademais continuamos cos traballiños en papel que formarán o noso libriño de Alexander Calder coas cousiñas que fomos aprendendo.

Xa estamos finalizando o terceiro trimestre, terminamos por todo o alto cunha estupenda exposición elaborada polos nenos e as vosas aportacións!!!
Trátase dun pequeno museo o que xa sabedes que estades invitados para visitar e desfrutar.
Na nosa clase elaboramos 2 móbiles de colgar, colaboramos coa outra clase de 3 anos na escultura "Flamingo " e na de "Peixe de aceiro",  reproducimos o "Elefante negro" e o cadro "Lollipops" de Calder.
Traballaron moi duro unha pila de días, pero ó final quedou todo xenial, realmente son uns artistas!!!!


No museo poderedes 3 seccións. A de 4º de infantil adicada a ALEXADER CALDER, a de 5º de infantil a VAN GOGH, e a de 6º de infantil a JOAN MIRÓ.
Aquí podedes ver como quedou a nosa parte, pero non podedes perdérvola en directo! Aínda tedes esta semana para visitar o noso museo. Se vides cos nenos eles pódenvos explicar moi ven a nosa sección, son uns especialistas  no tema "ALEXANDER CALDER"!!!

23-06-2017
Menuda semana emocionante para rematar o curso!!!
Esta semana celebramos o "Día Lúdico" de xogos relacionados co proxecto de arte de infantil.
Para este día tan especial vestimos todos unhas camisetas feitas por eles mesmos!!! Escollemos a obra de CALDER SPIRAL SUN! Todos vestidos de forma adecuada a este gran día puxemos as medallas dos equipos correspondentes para os xogos!!!

Aquí os tedes quentando motores para comezar!!!
 

BOLOS
Cada equipo foi rotando por distintos xogos adaptados que relacionamos co proxecto de arte (con cores, cadros, autores.

   - Aros de colores.
   -O pintor choco.
   -Pombiña Branca é.
   -Bolos.
   -Arte acuática.


Aquí podedes ver os nenos xogando e pasándoo pipa!!!


Hoxe levamos para a casa todos os traballiños realizados polos nenos, e menudo traballazo!
Traballaron, investigaron, xogaron... e hoxe rematamos e estabamos desexando mostrarvos a parte de traballiño en papel.
Para envolvelo vestímolo cunha portada ben chula, unha contraportada simpática e unha bolsa moi artística!!!
A portada fixérona estirando plasti pola carpa do circo, pegando gomets e picando o letreiro.
Ademais posaron igual que Calder para a portada e quedaron moi simpáticos!!!!
 Para a contraportada aprobeitamos os  monicreques do Día da Paz. Pegados nunha artolina negra pintamos con tiza mollada. Fixemos debuxos libres, mestiramos raiamos... quedaron moi ben!
As bolsas son unha reprodución do cadro "Olas e círculos" de Calder.


Este foi un proxecto que desfrutamos e aprendemos moito. Por iso, e polo comezo en 3 aniños levades un recordo especial de todos os compis;)


Moitísimas grazas a todos pola vosa colaboración e apoio no día a día. Agora un merecido descanso para coller forzas para o próximo ano!


Para este proxecto de arte centrado en Alexander Calder a profes de 3 anos (Marta e María) elaboramos todo o material do dossier en papel.

Ningún comentario:

Publicar un comentario