14-10-2017
Menuda sorpresa tivemos esta semana!!!
Dende case o comezo de curso estamos revisando o noso BUZÓN de clase, e nunca hai nada, pero non perdemos a esperanza. E fixemos ben, porque esta semana cando ROI foi comprobar se había algo atopou unha mensaxe!!!!!
Menuda emoción! Atopamos unha postal-adiviña xenial que dicía:
SON DE PEDRA, FRÍO E MOI GRANDE.
PROTEXEREITE NESTA CASA ESPECIAL.
SE ERES PERSONA INVITADA, ENTRARÁS POLA ÚNICA ENTRADA;
E SE NON ES BENVIDO, NO FOSO QUEDARÁS RETIDO.
QUEN SON?
Pero tamén chegou unha carta do MAGO MERLÍN!!!! Falounos de quén era e que viña doutro tempo, do tempo dos CASTELOS!!! Convidounos a converternos en personaxes do seu tempo e dixo que coa súa MAXIA nos axudaría. Todos desexamos converternos en reis e raíñas, cabaleiros, dragóns...
Como para conseguilo necesitamos investigar e aprender moitas cousas decidimos pedirvos axuda.
Parece que MERLÍN chegou para quedarse. De feito xa puidestes ver que estivo rondando pola clase e nos deixou un agasallo relacionado cos traballos de "El pez arcoíris".
MERLÍN deixounos un xogo de facer burbullas cunha mensaxe. Foi EMMA a que o atopou ó revisar o buzón. Pasámolo moi ben!
Polo momento pouco nos deu tempo a investigar, pero xa tentamos ubicar o tempo dos castelos. Partindo de que o tempo dos castelos foi fai moito tempo, estabamos todos de acordo, comezamos a pensar en cousas que existiron ou pasaron hai moito.
Falamos de romanos, dinosaurios, cavernícolas... Logo debuxamos unha liña no encerado e tentamos ordenar todas esas cousas.
Logo para saber máis e comezar a investigar vimos un vídeo no que se explicaban unha chea de cousas! Fómolo parando para reflexionar sobre o que se nos amosaba.
Con esta información buscamos máis detalles e colocámolo todo en orde en papel para aclararnos.
Aínda temos moito que investigar, pero creo que xa atopamos o tempo de MERLÍN e os CASTELOS!
MATEO e MANUEL touxeron uns castelos moi chulos! Servíronnos para investigar sobre os castelos, sobre cómo eran, as súas partes, imaxinar cómo vivirían alí... Unha vez investigamos as partes dun castelo, puidemos identificalas nos seus castelos. Viñéronos moi ben!
05-11-2017
22-10-2017
A pasada semana comezamos a recibir materiais para o proxecto dos CASTELOS.
BELA foi tróuxonos unha COROA de PRINCESA e unha princesa de cono, Cincenta. Axudounos a recordar a historia de Cincenta e falamos de quén usa coroas como as que ela trouxo. Repasamos algunhas das outras princesas de conto que coñecemos e son unha pila!!!
NAIARA sorprendeunos con unha COROA e PRINCESA semellantes ademais dunha manualidade xenial que fixo do CASTELO da Bela durminte. Repasamos a historia desta princesiña. O castelo está xenial e notase que se esforzou un montón!
MANUEL trouxo unha COROA de REI estupenda que nos gustou un monton! Falamos de quén eran os reis, qué facían, onde vivían, cómo vestían... aínda temos que investigar, pero xa sabían moitas cousas!
EMMA sorprendeunos un par de días cun debuxo de Pepa pig de RAÍÑA e dunha PRINCESA que ela mesma decorou. Así falamos de quén eran as raíñas e as princesas.
MATEO e MANUEL touxeron uns castelos moi chulos! Servíronnos para investigar sobre os castelos, sobre cómo eran, as súas partes, imaxinar cómo vivirían alí... Unha vez investigamos as partes dun castelo, puidemos identificalas nos seus castelos. Viñéronos moi ben!
Tamén chegaron libros e contos. Son xeniais para investigar e para extraer información importante. Eles mesmos contaron en varios días os contos e fixérono moi ben!!!
MANUEL contounos o conto "El Caballero Valiente", está moi ben e empregámolo para identificar unha chea de elementos da época! Ademais tiña forma de CASTELO!
NADIA contounos "Blancanieves y los 7 enanitos" e cómo nos gustou recordalo! Fixámonos nas roupas, contamos e desfrutamos da historia!
NAIARA contou "La Bella Durmiente" moi ben e trouxo un libro de "CABALLEROS Y CASTILLOS" que estamos a empregar para as nosas investigacións do proxecto.
Grazas a estos materiais e as nosas investigacións no ordenador sabemos cousiñas novas.
Unha aplicación que estamos a empregar para aprender cousas cobre o proxecto é a de "CABALLEROS Y CASTILLOS" de EDUCASTUR. Podedes acceder facendo clic na imaxe. Polo momento parámonos no CASTELO e nos protagonistas.
Tamén atomamos un vídeo un montñon de información sobre as partes dos castelos.
E sobre os castelos comezamos a aprender unha canción preciosa chamada "Ladrillo a Ladrillo"!
Do CASTELO xa coñecemos algunhas partes e para que servían, a ver se as sabedes:
-TORRE DE GARDA
-MURALLA
-FOSO
-TORRE DA HOMENAXE
-PONTE LEVADIZA
-PATIO DE ARMAS
28-10-2017
Esta semana chegaron novas aportacións moi interesantes.
Por un lado chegaron recursos con exemplos de castelos que nos achegan a distintos tipos de castelos. Está resultando moi divertido ver todas as apariencias que poden ter.
Así, NAIARA trouxonos a peli de FROZEN na que hai non 1, senon 2 castelos impresionantes e que veremos a pouquiños en clase. Tamén trouxo o conto da BELA DURMINE e contámolo entre todos como un conto encadenado e foi moi tivertido!!!
YANIRA contounos o conto de BRANCANEVES moi ben e con detalle e imaxinamos cómo sería o seu castelo.
ROI sorprendeunos cun libro de investigación sobre CABALEIROS da IDADE MEDIA que xa comezamos e empregar.
EMMA realizou un castelo impresionante. Explicounos que lle fixera: 1 MURALLA, 2 TORRES DE GARDA, 1 TORRE DA HOMENAXE, 1 PONTE LEVADIZA e ata unha PRINCESA!!! Quedoulle moi ben e explicouno xenial!!!
YANIRA e NADIA trouxeron unhas coroas preciosas. Falamos de quen formaba a familia real: REI, RAÍÑA, PRÍNCIPES E PRINCESAS.
MANUEL trouxo un escudo e unha espada dignas dun valente CABALEIRO! Como o escudo levaba un debuxo falamos dos EMBLEMAS, os debuxos que empregaban as familias na Idade Media para identificarse. Falamos tamén doutros elementos que empregaban como garrotes, armaduras, helmos...
CLAUDIA tamén traballou duro e abriu un novo canle cos protagonistas da vida nos castelos. Primeiro repasamos as partes do CASTELO e logo explicounos quén vivía naquela época e investigamos un pouco.
-FAMILIA REAL: REI, RAIÑA e os fillos que eran PRÍNCIPES e/ou PRINCESAS.
-TROBADORES e BUFÓNS: que se encargaban do entretemento con música, cancións, poemas e teatro.
-SOLDADOS e CABALEIROS: valentes que protexían o reino.
-CAMPESIÑOS e CAMPESIÑAS: que se ocupaban de coidar as terras e animais.
-MAGOS: conselleiros e feiticeiros.
Entre outras cousas estivemos facendo unhas VIDRIEIRAS para a clase. Encántannos as cores que se reflicten no chan!
05-11-2017
Continuamos co noso proxecto a través dos materiais que nos van chegando.
MANUEL trouxonos unhas botellas da colección de Playmobil de Nestle relacionadas co noso proxecto cun cabaleiro e o que parece unha raíña. Son simpatiquísimas!!!
CLAUDIA touxo unha coroa moi chula coa que nos encanta disfrazarnos como se estivésemos no noso castelo.
Os materiais de MANUEL e CLAUDIA servíronnos para parar un anaco e coñecer mellor a FAMILIA REAL.
Quen a formaba: REI, RAÍÑA, PRÍNCIPES E PRINCESAS.
Onde vivían: Tiñan varios CASTELOS.
Funcións: GOBERNAR e PROTEXER.
Tamén descubrimos algunhas curiosidades. Como que a cor VERMELLA era a cor dos REIS por ser un tinte máis caro e por simbolizar a forza, polo que a cor ROSA era a dos PRÍNCIPES. No caso das RAÍÑAS e PRINCESAS atopamos que as cores que se lles atribuían eran a cor BRANCA e AZUL por simboizar a pureza e a verdade.
ROI sorprendeunos cun xogo xenial para montar o noso propio CASTELO e con este xogo repasamos as partes do mesmo. É un xogo moi ameno e co que o pasamos pipa imaxinando que vivimos noutro tempo!
ANDRÉS trouxo un libro de CASTELOS co que investigamos un montón e no que seguiremos traballando a medida que avancemos no proxecto!
MANUEL decidiu traernos unha botella dun REI e unhas cartas cun SOLDADO, un REI e unha RAÍÑA, un MAGO, un TESOURO, unha ESPADA e un CASTELO cos que crear historias máxicas e orixinais!!!
BELA aportou unha PRINCESIÑA que habitará nos castelos do recanto. Seguro que vivirá unha chea de aventuras!
MATEO e a súa familia decidiron facerse FERREIROS e crearon unha espada fermosa e poderosa, pode que tanto como a mesa EXCÁLIBUR!
ROI tamén traballou duro con debuxos e cun fermosos mural da súa visita ó CASTELO DE AGUILAR DE CAMPOO en Palencia.
Explicounos con moito detalle todo o que vira e mesmo nos mostrou unhas tellas recollidas alí!
Falounos de que de noite parecía que o castelo estaba no ceo e buscamos tamén en internet e encantounos o que vimos!
Averiguamos que era o castelo do SEÑOR DE AGUILAR. Alí viviría o SEÑOR coa súa DAMA e o resto da familia, que como NOBRES importantes tiñan o seu castelo e fixámonos nos seus detalles. Construído no alto dunha montaña posuía fortes murallas e torres, impresionante!!!
Veunos moi ven xunto cos materiais relacionados coas persoaxes da época, posto que estas semanas estamos precisamente centrados nas persoas que vivían na época dos castelos.
Falamos da FAMILIA REAL, dos NOBRES, dos CABALEIROS, dos COMERCIANTES, ARTESANS e CAMPESIÑOS.
Como estamos traballando quén vivía naquel tempo investigamos quén vivía noutros castelos de España e atopamos que de Castela era unha RAÍÑA chamada ISABEL. ISABEL estaba casada co REI FERNANDO de Aragón.
Algúns compis comezaron a comentar que hoxe non había reis, que xa non había, e outros pensaban que si, así que decidimos investigar. Descubrimos que aínda temos reis e que se chaman LETIZIA e FELIPE.
NAIARA investigou coa familia sobre os SOLDADOS. Explicounos que servían ós señores, que levaban posta unha ARMADURA para proexerse, un TRAXE de MALLA e un ESCUDO. Tiñan armas: ESPADAS, MAZAS, MACHADOS e LANZAS.
Traballou duro reproducindo a indumentaria dun auténtico CABALEIRO coa sua ARMADURA, ESPADA, HELMO e ESCUDO co seu EMBLEMA.
Ó falar da FAMILIA REAL, NOBRES e CABALEIROS paramos a investigar sobre os EMBLEMAS.
Dividímonos en grupos para investigar nos libros de ANDRÉS, MANUEL, ROI e NAIARA. Buscaron emblemas e explicaron ós compis todo o que atoparon. Revisamos xuntos de dexcubrimos os debuxos que acostumaban a facer e o que representaban.
Descubrimos no libro de ROI ó rei RICARDO CORAZÓN DE LEÓN que era tan valente que levaba como emblema leóns debuxados no seu escudo e armadura.
Feitas as súas investigacións cada un seleccionou os elementos que lles pareceu e fixeron os seus propios emblemas. Quedaron xeniais!
Como xa sabedes as vosas aportacións son as que dan vida ós proxectos. Grazas a elas queremos seguir investigando e aprendendo e dannos a base para facelo!
Esta semana EMMA contounos o conto de Brancaneves!!! Fíxoo xenial e gustounos moito!
VALERIA aportou un libro de CASTELOS que nos ven xenial para investigar! Nel atopamos unha chea de castelos de verdade!
ROI tróuxonos un debuxo dun castelo que lle fixo seu avó! Sen dúbida un castelo espectacular e que ROI nos comentou en clase.
IAGO trouxo unha espada moi chula que nos recordou a ESCÁLIBUR! Recoramos a historia que lemos no libro de ROI sobre a DAMA do LAGO, o REI ARTURO e os CABALEIROS DA MESA REDONDA!
ROI trouxo a FUNDA dunha ESPADA! Explicounos que os cabaleiros non levaban a espada sempre na man e que a levaban colgada dentro da súa funda para non cortarse. Tamén nos dixo que o engaste dourado era máxico!
MANUEL sorprendeunos cun CORNO! Investigamos e descubrimos que o corno era un instrumento feito con corno de verdade e que logo se empezou a facer de metal e a chamarlle corneta.
Usábano en xogos, exercicios de caza e para comunicarse a grandes distancias.
En clase tentamos facelo soar e é moi difícil! Tras tentalo varias veces e todos os compis conseguimos facelo soar!!!! Encantounos e foi unha gran experiencia!!!
NADIA trouxo un debuxo dun castelo ó grande!!! No debuxo podemos ver MURALLAS, TORRES, VIDRIEIRAS... ten unha chea de detalles!!!
ICÍA mandounos unha reprodución dun castelo xenial! Fíxoo con rolos de papel, cartulina, goma eva e depresores.
Pero este castelo está habitado por unha PRINCESA, un CABALEIRO e un DRAGÓN!!! con estas persoaxes temos pensado xogar un montón creando historias!
Descubrimos que moitos outros viaxaron ata esta nova terra á que chamaron AMÉRICA e como coñeceron ós INDIOS que alí vivían!
Así, en 1620 un grupo de ingleses viaxou no barco MAYFLOWER ata AMÉRICA. Foi moi duro para eles, pero tiveron a sorte de que unha tribo india, os WAMPANOAG, lles ensinaron a cazar, pescar, sembrar... Os ingleses sobreviviron grazas os WAMPANOAG. Co fin da colleita celebraron unha comida todos xuntos. Indios e ingleses comeron os froitos da súa colleita e caza: mazás, arándanos, uvas, trigo, millo, pavo...
Por último deixovos unhas imaxes do noso recanto dos castelos!
29-11-2017
Como sabedes tivemos unha saída á fortaleza de San Paio de Narla a semana pasada. A nosa compi VALERIA foi uns días despois e esta semana comentamos todo o que vimos na asamblea. Foi unha experiencia estupenda que desfrutamos un montón!
VALERIA trouxo hoxe uns cabalos e foi moi oportuna, xa que xusto hoxe nos tocaba facer repaso de cómo se movían na época dos castelos. Centrámonos no n¡movemento a pe e nos CABALOS, CARRUAXES, CARROS e as CARABELAS. Repasamos todo o que sabemos e investigamos un pouco máis, como quén os empregaban habitualmente, e os elementos relacionados con eles. Foi moi entretido!
01-12-2017
No noso proxecto estamos a estudar a época dos castelos. Parámonos a coñecer á familia real, ós nobres, cabaleiros, artesáns, campesiños, algúns exploradores, descubridores e científicos...
MANUEL trouxonos unhas botellas da colección de Playmobil de Nestle relacionadas co noso proxecto cun cabaleiro e o que parece unha raíña. Son simpatiquísimas!!!
CLAUDIA touxo unha coroa moi chula coa que nos encanta disfrazarnos como se estivésemos no noso castelo.
Os materiais de MANUEL e CLAUDIA servíronnos para parar un anaco e coñecer mellor a FAMILIA REAL.
Quen a formaba: REI, RAÍÑA, PRÍNCIPES E PRINCESAS.
Onde vivían: Tiñan varios CASTELOS.
Funcións: GOBERNAR e PROTEXER.
Tamén descubrimos algunhas curiosidades. Como que a cor VERMELLA era a cor dos REIS por ser un tinte máis caro e por simbolizar a forza, polo que a cor ROSA era a dos PRÍNCIPES. No caso das RAÍÑAS e PRINCESAS atopamos que as cores que se lles atribuían eran a cor BRANCA e AZUL por simboizar a pureza e a verdade.
ROI sorprendeunos cun xogo xenial para montar o noso propio CASTELO e con este xogo repasamos as partes do mesmo. É un xogo moi ameno e co que o pasamos pipa imaxinando que vivimos noutro tempo!
ANDRÉS trouxo un libro de CASTELOS co que investigamos un montón e no que seguiremos traballando a medida que avancemos no proxecto!
19-11-2017
BELA aportou unha PRINCESIÑA que habitará nos castelos do recanto. Seguro que vivirá unha chea de aventuras!
MATEO e a súa familia decidiron facerse FERREIROS e crearon unha espada fermosa e poderosa, pode que tanto como a mesa EXCÁLIBUR!
Os pasados días tamén recibimos 3 novos castelos
para o recanto dos castelos. Fixéronos VALERIA, NADIA e NEREA, e fixérono
xenial!!!!
VALERIA fixo coa súa familia un
fermoso castelo e explicounos con detalle todas as súas partes. Este inclúe
unha MURALLA coas súas ALMENAS, que só se pode atravesar cruzando unha PONTE
LEVADIZA sobre un FOSO cheo de auga feita con la azul.
Cando penetras as murallas
entras ó PATIO DE ARMAS e alí podes subir a vixiar dende o PASEO DE
RONDA ou pasara descansar á TORRE do HOMENAXE.
Ademais decoraron con plantas e parece moi
real!!!
NADIA trouxo un CASTELO moi orixinal que
primeiro parecía un debuxo, pero logo sorprendeunos tendo releve!!! NADIA e a
súa familia fixeron un castelo xenial que ten 2 TORRES DE GARDA e unha MURALLA para protexer a TORRE DA HOMENAXE. Por
suposto, non esqueceron poñer unha PONTE LEVADIZA. Quedou xenial!!!
NEREA tamén traballou duro coa súa familia
facendo un castelo moi chulo! Neste CASTELO atopamos 4 TORRES DE GARDA coroando
a MURALLA. No interior o REI e a RAÍÑA agardan ós CABALEIROS que deberán cruzar
a PONTE LEVADIZA. Ademais fixeron unha BAMDEIRA estupenda na que NEREA se
esmerou moito!!!
ROI tamén traballou duro con debuxos e cun fermosos mural da súa visita ó CASTELO DE AGUILAR DE CAMPOO en Palencia.
Explicounos con moito detalle todo o que vira e mesmo nos mostrou unhas tellas recollidas alí!
Falounos de que de noite parecía que o castelo estaba no ceo e buscamos tamén en internet e encantounos o que vimos!
Averiguamos que era o castelo do SEÑOR DE AGUILAR. Alí viviría o SEÑOR coa súa DAMA e o resto da familia, que como NOBRES importantes tiñan o seu castelo e fixámonos nos seus detalles. Construído no alto dunha montaña posuía fortes murallas e torres, impresionante!!!
Veunos moi ven xunto cos materiais relacionados coas persoaxes da época, posto que estas semanas estamos precisamente centrados nas persoas que vivían na época dos castelos.
Falamos da FAMILIA REAL, dos NOBRES, dos CABALEIROS, dos COMERCIANTES, ARTESANS e CAMPESIÑOS.
Como estamos traballando quén vivía naquel tempo investigamos quén vivía noutros castelos de España e atopamos que de Castela era unha RAÍÑA chamada ISABEL. ISABEL estaba casada co REI FERNANDO de Aragón.
Algúns compis comezaron a comentar que hoxe non había reis, que xa non había, e outros pensaban que si, así que decidimos investigar. Descubrimos que aínda temos reis e que se chaman LETIZIA e FELIPE.
NAIARA investigou coa familia sobre os SOLDADOS. Explicounos que servían ós señores, que levaban posta unha ARMADURA para proexerse, un TRAXE de MALLA e un ESCUDO. Tiñan armas: ESPADAS, MAZAS, MACHADOS e LANZAS.
Traballou duro reproducindo a indumentaria dun auténtico CABALEIRO coa sua ARMADURA, ESPADA, HELMO e ESCUDO co seu EMBLEMA.
Dividímonos en grupos para investigar nos libros de ANDRÉS, MANUEL, ROI e NAIARA. Buscaron emblemas e explicaron ós compis todo o que atoparon. Revisamos xuntos de dexcubrimos os debuxos que acostumaban a facer e o que representaban.
Descubrimos no libro de ROI ó rei RICARDO CORAZÓN DE LEÓN que era tan valente que levaba como emblema leóns debuxados no seu escudo e armadura.
Feitas as súas investigacións cada un seleccionou os elementos que lles pareceu e fixeron os seus propios emblemas. Quedaron xeniais!
Queredes coñecer o emblema do voso apelido? Pinchade aquí.
26-11-2017
O luns pola tarde tivemos unha actividade especial xenial! MANUEL xunto cos seus pais fixeron unha presentación estupenda!
Manuel e súa familia fixeron unha RUTA polos CASTELOS de CASTELA E LEÓN, sacaron fotos prepararon unha visita para mostarnos todo o que aprenderan!
Os banderíns templarios que nos trouxo MANUEL na súa visita, formarán parte do gran castelo no que estivemos traballando nas últimas semanas!
Esta semana EMMA contounos o conto de Brancaneves!!! Fíxoo xenial e gustounos moito!
VALERIA aportou un libro de CASTELOS que nos ven xenial para investigar! Nel atopamos unha chea de castelos de verdade!
ROI tróuxonos un debuxo dun castelo que lle fixo seu avó! Sen dúbida un castelo espectacular e que ROI nos comentou en clase.
IAGO trouxo unha espada moi chula que nos recordou a ESCÁLIBUR! Recoramos a historia que lemos no libro de ROI sobre a DAMA do LAGO, o REI ARTURO e os CABALEIROS DA MESA REDONDA!
ROI trouxo a FUNDA dunha ESPADA! Explicounos que os cabaleiros non levaban a espada sempre na man e que a levaban colgada dentro da súa funda para non cortarse. Tamén nos dixo que o engaste dourado era máxico!
MANUEL sorprendeunos cun CORNO! Investigamos e descubrimos que o corno era un instrumento feito con corno de verdade e que logo se empezou a facer de metal e a chamarlle corneta.
Usábano en xogos, exercicios de caza e para comunicarse a grandes distancias.
En clase tentamos facelo soar e é moi difícil! Tras tentalo varias veces e todos os compis conseguimos facelo soar!!!! Encantounos e foi unha gran experiencia!!!
NADIA trouxo un debuxo dun castelo ó grande!!! No debuxo podemos ver MURALLAS, TORRES, VIDRIEIRAS... ten unha chea de detalles!!!
ICÍA mandounos unha reprodución dun castelo xenial! Fíxoo con rolos de papel, cartulina, goma eva e depresores.
Pero este castelo está habitado por unha PRINCESA, un CABALEIRO e un DRAGÓN!!! con estas persoaxes temos pensado xogar un montón creando historias!
Menuda semana emocionante que tivemos!!! Como sabedes, estamos estudando a época dos castelos e as persoas que vivían nese tempo. En clase coñecemos á familia real, cabaleiros, artesáns, campesiños, algúns científicos e por suposto os descubridores e exploradores!
Por isto paramos en COLÓN e na súa viaxe polo mar e en cómo por erro descubriu un NOVO MUNDO!
Sorprendeunos moito que pensaran que o mundo era plano e que pensaran que había monstruos mariños!
Descubrimos que moitos outros viaxaron ata esta nova terra á que chamaron AMÉRICA e como coñeceron ós INDIOS que alí vivían!
Así, en 1620 un grupo de ingleses viaxou no barco MAYFLOWER ata AMÉRICA. Foi moi duro para eles, pero tiveron a sorte de que unha tribo india, os WAMPANOAG, lles ensinaron a cazar, pescar, sembrar... Os ingleses sobreviviron grazas os WAMPANOAG. Co fin da colleita celebraron unha comida todos xuntos. Indios e ingleses comeron os froitos da súa colleita e caza: mazás, arándanos, uvas, trigo, millo, pavo...
Traballamos este anaquiño da historia fixándonos só nos aspectos que nos interesaban e que se adaptaban o noso proxecto: a viaxe de descubrimento, a colaboración e a convivencia.
Nós quixemos facer tamén un gran banquete con algúns elementos que sementaran no novo mundo adaptándonos un pouco ós nosos gustos!
Nós tivemos o noso banteque con arándanos, uvas, pan de trigo, tarta de mazá, pavo en lonchas e palomitas de millo! Con estes elementos tentamos primeiro deseñar o noso propio castelo e logo... PAPÁMOLOS!!!
Por último deixovos unhas imaxes do noso recanto dos castelos!
29-11-2017
Esta semana YANIRA trouxo un CASTELO con 4 torres de garda, torre da homenaxe e unha forte muralla para protexerse do inimigo! A porta ten incluso unha tranca para evitar entradas indesexadas, unha auténtica fortaleza!
ROI traballou nun debuxo de castelos e cabaleiros e deseñou un MAPA como os que debían empregar os cabaleiros para moverse polo reino ou os exploradores nas súas andanzas. Foi moi creativo! Ademais trouxo unha MAZA DE CADEA estupenda e brandiña!
IAGO presentounos uns CABALEIROS xeniais para xogar no recanto dos castelos. Con eles repasamos o que sabíamos dos cabaleiros e xogamos xa no recanto!
Como sabedes tivemos unha saída á fortaleza de San Paio de Narla a semana pasada. A nosa compi VALERIA foi uns días despois e esta semana comentamos todo o que vimos na asamblea. Foi unha experiencia estupenda que desfrutamos un montón!
VALERIA trouxo hoxe uns cabalos e foi moi oportuna, xa que xusto hoxe nos tocaba facer repaso de cómo se movían na época dos castelos. Centrámonos no n¡movemento a pe e nos CABALOS, CARRUAXES, CARROS e as CARABELAS. Repasamos todo o que sabemos e investigamos un pouco máis, como quén os empregaban habitualmente, e os elementos relacionados con eles. Foi moi entretido!
Estos días tamén rematamos as murallas dos noso castelo.
-Pintaron con acuarelas un cabaleiro para a torre de garda.
-Pintaron con témpera as pedras da MURALLA.
-Decoraron unhas fermosas VIDRIEIRAS con témpera, témpera sólida e papel celofán.
-Simularon a PEDRA da entrada estampando con esponxa.
Logo sólo faltaba colocar o RASTRILLO, as ANTORCHAS e os banderines cos EMBLEMAS que trouxo Manuel.
Todos os nenos de 5º de infantil traballaron durante semanas moi duro para que o noso corredor parecera a entrada a unha auténtica fortaleza, e o resultado é espectacular, poden estar moi orgullosos!
01-12-2017
IAGO
aportou unha botella de REI para o noso recanto da época dos castelos! Deunos
pé a imaxinar quen sería este rei. Uns imaxinaron que era un rei que vivía en
San Paio de Narla, outros que era Ricardo Corazón de León, outros que era o Rei
Arturo, algún pensaba que era un rei que ía a un torneo... Foi moi entretido
imaxinar!
No noso proxecto estamos a estudar a época dos castelos. Parámonos a coñecer á familia real, ós nobres, cabaleiros, artesáns, campesiños, algúns exploradores, descubridores e científicos...
Ó tempo estamos a achegarnos ó entretemento da época, con trobadores, xograres e titiriteiros.
Esta semana paramos nos pintores e escultores. Aquí vos deixamos as nosas reproducións da MONA LISA de LEONARDO DA VINCI. Sen dúbida moi orixinais e divertidas!!!
26-12-2017
Menudo fin de avaliación!!! Foi un mes cheo de actividades, de aí o retraso nas actualizacións no blogue... desculpade!!!
Neste mes recibimos os últimos materiais relacionados coas castelos.
NAIARA trouxo un castelo e contounos o conto de "La Bella y la Bestia".
BELA tróuxonos un conto de Frozen moi simpático.
ROI un artigo coa historia se Sir Percival, un cabaleiro cazatesouros!
Sen dúbida as vosas aportacións fixeron do proxecto un éxito!
Moitísimas grazas a todos por colaborar tanto no proxecto. A vosa participación motívaos un montón, créalles inquedanzas e ganas de saber, de investigar, de probar, de explicar e en definitiva de aprender!
Neste proxecto aprendemos moito sobre a época dos castelos, sobre a xente que vivía naqueles tempos, costumes, transportes, arte, ciencia, música, historia... e tamén lendas!!!
Ó longo do proxecto Merlín deixounos mensaxes e meteriais. Os magos, Arturo, os Cabaleiros da Mesa Redonda e os Dragóns tiveron espazo no proxecto.
Entre as actividades relaciónadas coas lentas está a manualidade de creación de DRAGÓNS!!! Traballaron neles e quedáronlles moi orixinais!
Pintaron primeiro a base de verde, pegaron os olliños e o nariz. Logo fixéronlles pintas das cores que cada un quería con bastoncillos das orellas. Por último pegaron o papel de seda que faría de chamas.
Menudas chamas botan!!!
Preparar as portadas foi moi enretido!!!
Cortamos as almeas picamos a porta e as vidrieiras. Logo pegamos papel de cores nelas. Cortamos as letras da palabra "CASTELOS" e ordeámolas para escribir a palabra e pegala na portada. Por último debuxámonos para quedar asomados á porta do castelo, Quedaron moi chulas!
Para gardar os traballiños decoraron unhas bolsas moi chulas!

Entre as algunhas das actividades que fixemos está a creación de vasixas. Quixemos emular os ARTESÁNS e crear unhas cuncas ben chulas!
Modelámolas e deixámolas secar para poder pintalas da cor que cada un elexiu. Quedáronlles moi chulas!!
Neste proxecto aprendemos moito sobre a época dos castelos, sobre a xente que vivía naqueles tempos, costumes, transportes, arte, ciencia, música, historia... e tamén lendas!!!
Ó longo do proxecto Merlín deixounos mensaxes e meteriais. Os magos, Arturo, os Cabaleiros da Mesa Redonda e os Dragóns tiveron espazo no proxecto.
Entre as actividades relaciónadas coas lentas está a manualidade de creación de DRAGÓNS!!! Traballaron neles e quedáronlles moi orixinais!
Pintaron primeiro a base de verde, pegaron os olliños e o nariz. Logo fixéronlles pintas das cores que cada un quería con bastoncillos das orellas. Por último pegaron o papel de seda que faría de chamas.
Menudas chamas botan!!!
Preparar as portadas foi moi enretido!!!
Cortamos as almeas picamos a porta e as vidrieiras. Logo pegamos papel de cores nelas. Cortamos as letras da palabra "CASTELOS" e ordeámolas para escribir a palabra e pegala na portada. Por último debuxámonos para quedar asomados á porta do castelo, Quedaron moi chulas!
Para gardar os traballiños decoraron unhas bolsas moi chulas!
Neste proxecto traballáronse os contidos programados a través dasdistintas actividades: manualidades, exposicións, investigacións, xogos, vídeos, cancións, recreacións, creación de historias. xogos de roles, actividades manilpulativas e as actividades nas que plasmamos todo en papel.
Grazas ás mestras de psicomotricidade, inglés e música fixemos máis transversal se cabe este proxecto.
Grazas a todos pola vosa colaboración, sen todos vós non sería posible!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario