Terminamos un ano máis con celebracións e co bo sabor de boca do noso día lúdico!
Tivemos teatro cos maiores, xa que
Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.
Amosando publicacións coa etiqueta educación emocional b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta educación emocional b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 23 de xuño de 2019
luns, 3 de xuño de 2019
Lingua de signos!
O xoves día 30 de maio visitáronnos para una sesión de contacontos especial. Nela, dúas estudantes de maxisterio contáronnos un conto dunha nena que non podía oír. Con elas veu unha intérprete de lingua de signos que nos ensinou cómo dicir varias cousiñas coas nosas mans. Tamén nos ensinaron unha canción en lingua de signos! Estivo moi ben e foi moi interesante.
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
contacontos,
educación emocional,
experiencias,
visítannos
Teatriño de títeres!
O pasado venres 24 de maio visitounos o teatriño de títeres de Mircromina e a súa obra "Vacacións no mar". Unha obra divertidícima coa que os nenos e nenas escachaban coa risa!
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
contacontos,
educación emocional,
visítannos
venres, 17 de maio de 2019
domingo, 28 de abril de 2019
Día do Libro 2019!!!
Esta semana celebramos o Día do Libro ó longo de toda a semana! O martes preparamos uns colgadores moi chulos para cando estemos lendo na casa.
O mércores colocamos a nosa parte dun mural homenaxe
xoves, 7 de marzo de 2019
Día Internacional da Muller 2019!
Como sabedes, mañá día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Nós fixémolo hoxe.
Comezamos falando sobre qué é o día da muller e por qué se celebra. Logo contamos
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación emocional,
experiencias
martes, 5 de marzo de 2019
ENTROIDO 2019!!!

O Meco este ano trouxo unha semana divertida para todos!
O LUNS trouxemos todo tipo de sombreiros e accesorios na cabeza, o MARTES garabatas moi orixinais, o MÉRCORES estivemos como na casa en pixama, o XOVES to
Etiquetas:
actuación,
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
educación emocional,
entroido,
festa,
manualidades,
música
domingo, 17 de febreiro de 2019
mércores, 6 de febreiro de 2019
Día da Paz!
O pasado día 30 celebramos o Día da Paz todos xuntos. Fixémolo facendo un mural no que participou todo infantil, decorando mandalas e cantando todos xuntos. Ademais desfrutamos dunha actuación dos maiores que prepararon coa mestra Conchi de música.
A cancións elexidas foron: "A cantalola dos nenos" e "All you need is love"
Etiquetas:
actuación,
CEIP LAVERDE RUIZ,
educación emocional,
manualidades,
música
domingo, 27 de xaneiro de 2019
Teatro!
O pasado venres 25 acudimos ó teatro Gustavo Freire para desfrutar dunha obra teatral xenial que se relacionaba co anterior proxecto "A LUZ" e que se titula "Bombolles de paper" baseado no xogo coa luz, as sombras burbullas de xabón, de papel, dixitais, a luz negra... e a danza.
Etiquetas:
actuación,
educación emocional,
saídas
venres, 21 de decembro de 2018
Fin de ano: xoves e venres!
Menudo día de celebración tivemos o xoves!!!
Como non estaremos xuntos en fin de ano, decidimos celebralo xuntos o xoves! Para iso puxémonos ben arregladiños e todos saímos ó patio. Alí,
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
educación emocional,
festa
xoves, 20 de decembro de 2018
Decoracións de Nadal
En Relixión, entre outras cousas prepararon uns bonecos de Papá Noeis e en alternativa uns Apalpadores.
O Apalpador encántalles, e por petición popular, decidimos escribir
O Apalpador encántalles, e por petición popular, decidimos escribir
mércores, 5 de decembro de 2018
Contacontos con Verónica Eiravella: Enamorados (Día Contra a Violencia de Xénero)

Hoxe desfrutamos dunha activiadde especial relacionada coa conmemoración do Día contra a violencia de xénero.
Nesta sesión de contacontos, Verónica contounos e dramatizounos o conto de "Enamorados" (déixovolo máis abaixo). Tivemos a sorte de que ter esta actividade cos compis de 5º e 6º de infantil.
Foi moi divertida a forma de contalo e representalo. Nesta historia reflexiónase sobre cómo "querernos ben" e cómo se reacciona ás veces en certas situacións. Foi moi interesante e desfrutamos moito.
Ademais tróuxonos regaliños de recordo: piruletas e globos con forma de corazón!
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación emocional,
visítannos
xoves, 29 de novembro de 2018
Día Internacional das persoas con discapacidade!
O 3 de decembro conmemoraremos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Reflexionamos sobre as cousas que nos diferencians uns de outros, sobre as cousas que temps en común, sobre os retos que teñen algunhas persoas e cómo os afrontan... Foi moi interesante!
Con motivo desta conmemoración, hoxe saímos ó patio todos xuntos para cantar a canción "Todos distintos, todos iguais" do CEIP ANTONIO FERNANDEZ LOPEZ de Oural, Sarria. Ensaiamos moito nas aulas e desfrutamos moito preparándonos!
Etiquetas:
actuación,
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
educación emocional,
música
luns, 26 de novembro de 2018
Día Contra a Violencia de Xénero!

Este ano para comenmorar o Día Contra a Violencia de Xénero realizamos varias actividades. Comezamos participando nun mural a nivel de centro. Plasmamos as nosas mans para simular a plumaxe dun páxaro. Trátase dunha iniciativa do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño. Tratábase de fa
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación emocional
Día dos Dereitos do Neno!

Este ano para conmemorar o Día dos Dereitos do Neno (20 de novembro), coñecémolos detidamente.
Escoitamos e analizamos varias cancións que nos falaban deles e reflexionamos sobre o tema.
Logo ó lon
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
educación emocional,
música
mércores, 31 de outubro de 2018
UN SAMAÍN TERRORÍFICO!!!
Na entrada de hoxe veredes todas as actividades relacionadas co Samaín deste ano, e son unha pila. Así que preparádevos que comezamos!
Hoxe tivemos a celebración oficial do Samaín, pero todo comezou hai un par de semanas cando ROI nos falou de OTZI!
Explicounos que OTZI é unha MOMIA real que atoparon en Italia e Roi coñecía un montón de datos.
Por sorte para nós, cando a familia de Roi nos visitou a semana pasada para realizar unha presentación para o proxecto da luz, aproveitaron para falarnos máis polo miúdo desta momia.
Explicáronnos quén era OTZI, cómo vivía, vestía e cómo morreu hai tantísimo tempo. Faláronnos de que viviu hai 4000 anos e que quedou conxelado cando fuxía dos seus enimigos xunto coas súas pertenzas. Quedou conservado como MOMIA ata que o descubriron uns alpinistas. Parece que OTZI tiña o corpo cuberto por varios TATUAXES e levaba un GORRO de pel de OSO, roupa e calzado de fibra vexetal e pel.
Ademáis trouxéronnos un libro que nos deixaron prestado para que puideramos velo con calma.
Encantounos saber máis desta momia real!
Logo, pouco a pouco fomos decorando. Así, preparamos a nosa porta de castelo con OLLOS terribles.
Fixemos un pequeno mural dunha BRUXA co seu GATO e acompañada dunha PANTASMA e unha CABAZA!
E fixeron unha manualidade que levaron xa para a casa dun GATO NEGRO que quedou estupendo!
Grazas a vosa colaboración tamén decoramos a entrada de infantil cunha chea de cabazas que vos quedaron espectaculares!
Xunto con estras supercabazas, colgamos as cabaciñas de todos e quedou unha entrada fermosa de Samaín!!!
A profe MARTA de Audición e Linguaxe continúa co Programa de Estimulación da Linguaxe e esta semana sorprendeunos co MONSTRO COMEMEDOS!!!
Cada un leu con pictogramas un texto sinxelo que completaron debuxando os seus medos. Logo un por un explicaron os seus medos e déronllos de comer ó mostro. Ó falalo e darllos de comer xa eran menos medos!
E hoxe por fin xa era o día grande de Samaín no cole!!! Todos viñan caracterizados e terroríficos!

Nesta xornada tivemos unha chea de contos de Samaín.
NEREA quixo deixar para hoxe o seu conto "LA CASA ENCANTADA" e contouno moi ben!
THIAGO pola súa parte trouxo un conto simpatiquisimo que nos encantou: "EL VAMPIRO EDELMIRO".
E MANUEL conotunos un conto con lanternas moi chulo que aínda que era de SAMAÍN, DEMOS EN RIR UN MONTÓN!!!
Os 3 fixérono xenial!!!
O conto de "CORRE, CORRE, CABACIÑA" foi o elixido como protagonistanesta ocasión para infantil, como xa sabedes pola manualidade tan chula que preparastes. Así, hoxe contámolo e cómo nos gusta este conto!!! NADIA sorprendeunos co ben que o sabía e deixounos pampos cos detalles.
Logo, todos xuntos bailamos a canción.
Como a saben bastante ben quixeron gravala para vós. Saíulles moi ben aínda que lles deu algo de vergoña. (Seleccionade a calidade e sinto tantas vibracións!)
E por se fora pouco BELA tróuxolles un agasallo ós compis, unhas PANTASMAS ricas ricas que mandamos para papar na casa!
Só nos queda desexarvos un Samaín de infarto con estas poses terríbles... bueno non todas moi terribles ;)
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación emocional,
manualidades,
música,
xogos
martes, 23 de outubro de 2018
VALERIA XA É IRMÁ MAIOR!!!
O pasado venres VALERIA presentounos a MANUEL, menuda sorte que se animaran a vir visitarnos. Encantounos coñecelo e enriba contestaron unhas cantas preguntiñas. O mellor de todo é que nos deixaron achegarnos.
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
educación emocional,
experiencias,
visítannos
NEREA E A VENDIMIA!!!
Explicounos estupendamente cómo recollían as uvas e o que facían con elas. Ademais trouxo fotos que
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
educación emocional,
estacións,
experiencias
martes, 2 de outubro de 2018
ALTERNATIVA!
Que facemos en alternativa á relixión?
Pois de todo! A través de distintas actividades traballamos valores, tratamos conflitos habituais, traballamos a motricidade fina, a capacidade de observación e de escoita ó tempo que aprendemos a explicarnos, traballamos a memoria, a creatividade, coñecémonos, fortalecemos lazos e a autoestima...
Acostumamos partir de contos e cancións e rematamos con puzzles, plasti, cantando, facendo xogos de cambio de rol, teatralizando historias...
Aquí algunhas imaxes;)
Pois de todo! A través de distintas actividades traballamos valores, tratamos conflitos habituais, traballamos a motricidade fina, a capacidade de observación e de escoita ó tempo que aprendemos a explicarnos, traballamos a memoria, a creatividade, coñecémonos, fortalecemos lazos e a autoestima...
Acostumamos partir de contos e cancións e rematamos con puzzles, plasti, cantando, facendo xogos de cambio de rol, teatralizando historias...
Aquí algunhas imaxes;)
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
contacontos,
educación emocional,
lectoescritura,
manualidades,
música,
xogos
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





















