Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

domingo, 28 de abril de 2019

Día do Libro 2019!!!

Esta semana celebramos o Día do Libro ó longo de toda a semana! O martes preparamos uns colgadores moi chulos para cando estemos lendo na casa.

O mércores colocamos a nosa parte dun mural homenaxe
a MAFALDA. Comezamos cunha viñeta e eles continuaron a hirtoria, inventando qué debían dicir as persoaxes e qué imaxe debía aparecer. Logo escribiron os textos e pintaron as viñetas.
O xoves levamos para casa os nosos traballiños no conto de "Perico el conejo travieso" de Beatrix Potter e pintámonos de coelliño para xogar!

O venres viñemos caracterizados dunha das nosas personaxes favoritas de conto, os compis tentaron adiviñar a personaxe e cada un falou do seu conto e personaxe.

O venres pola tarde os nenos e nenas maiores viñeron a falarnos das súas personaxes favoritas, xogamos a adiviñar quén eran e cantáronnos cancións. Foi xenial!

Ningún comentario:

Publicar un comentario