Cando subimos á clase buscamos
vídeos de xente patinando. Era incrible ver as piruetas que facían sobre o xeo.
Indagando, indagando atopamos un vídeo de PATINAXE ARTÍSTICO de JAVIER
FERNÁNDEZ que facía piruetas impresionantes, patinaba cara adiante, cara atràs,
daba voltas no aire... e todo a gran velocidade! Tamén algún recordou o HOCKEY SOBRE
XEO e buscamos vídeos. Nas imaxes podíanse ver xogadores cunha chea de proteccións e cunha gran habilidade.
Ó día seguinte apareceu en clase unha caixe chea de cousas interesantes pero sen sentido. Comentamos o que había: roupas estrañas, bañadores, gafas, unha frecha, unha pelota, guantes, un par de bandeiras...
Para averiguar qué era todo aquilo collemos varios libros e poxémonos a buscar a ver se atopabamos algo que nos axudara. Dividímonos en grupos para buscar. E tras un rato comenzamos a relacionar cada cousa da nosa caixa con imaxes dos nosos libros.
Algúns atoparon nun libro de historia imaxes de roupas similares as da nosa caixa. Tratábase de imaxes de estatuas de GRECIA e ROMA.
Nun dos libros, "Grandes mujeres que cambiaron el mundo" atoparon un debuxo dunha nadadora: TRUDY EDERLE. Entre varios lemos o texto e descubrimos cousas moi interesantes! Tratábase dunha nadadora que foi a primeira muller en cruzar nadando o Canal da Mancha. en 14 horas e 39 minutos. Descubrimos cousas moi interesantes, como que para manter o calor corporal cubriu de graxa animal o seu corpo, que naqueltempo os bañadores eran de lá e ela deseñou un coa súa roupa interior, que había xente dende barcos desanimándoa continuamente, pero ela continuou ata conseguilo! Pero dende unha barca animábana poñendolle a súa canción favorita "Yes! We have no bananas".
Noutro libro, "101 Grandes Mujeres de la Historia", atoparon unha das bandeiras que resultou ser a bandeira dos XOGOS OLÍMPICOS, e que aparecía xunto cuns cantantes que xa dunha investigación anterior: MONSERRAT CABALLÉ e FREDDIE MERCURY. Leron o texto e descubriron que estos dous cantantes compuxeron unha canción para os Xogos Olímpicos de Barcelona.
Buscamos tamén nun atlas e por internet e atopamos cousas sobre deportes, Grecia e os Xogos Olímpicos e Paralímpicos, moitas cousas interesantes!
A partir de aí quixemos saber máis e decidimos continuar investigando sobre distintos deportes e sobre os xogos olímpicos e paralímpicos.
Dende aquelas estamos investigando sobre a orixe dos xogos, en qué consisten...
Por iso enviamos ás casas unha nota para pedir información e materiais que nos posbilitaran saber máis.
MANUEL foinos traendo xa unha pila de información cun libro dos XOGOS OLÍMPICOS e sobre varios deportes: BÉISBOL, FUTBOL, BALONMÁN, TENIS e BADMINTON.
Co tema do futbol falamos de DIEGO LÓPEZ por ser porteiro nado en Paradela, Lugo e que moitos coñecían do Madrid.
En Badminton atopamos a CAROLINA MARÍN, que gañou o ouro nos xogos olímpicos.
En tenis RAFA NADAL ó coincidir con información que trouxo NAIARA.
A información de NAIARA pareceunos moi interesante e os nenos e nenas decidiron que querían información de deportistas dos deportes que foramos vendo. Así deseñaron unhas tarxetas para completar sobre os que foramos vendo. Xa temos moitos para investigar!!!

NEREA tróuxonos varias pelotas de distintos deportes olímpicos!
Así estibemos investigando un pouco sobre eles: BÉISBOL, RUGBY, FUTBOL, BALONCESTO. Aínda nos queda moito por investigar, pero estamos desexando saber máis!
En BÉISBOL coñecemos o equipo de PORTO RICO que gañou o ouro.
En BÉISBOL coñecemos o equipo de PORTO RICO que gañou o ouro.
Soubemos que os últimos xogos de inverno foron os de PYEONCHANG en COREA do SUR en 2018. Onde JAVIER FERNÁNDEZ conseguiu a medalla de bronce.
Así, investigamos sobre os xogos de VERÁN e INVERNO dos XOGOS PARALÍMPICOS E OLÍMPICOS. Aproveitamos para saber cousas sobre estos xogos, sobre os lugares onde se celebran...
E os últimos xogos de verán foron os de RÍO, BRASIL, en 2016.
Estamos moi emocionados!
06-02-2019
A pasada semana continuamos co proxecto. Varios dos nenos viron a un dos nosos deportistas favoritos nas noticias, Javier Fernández, que se converteu en sete veces campeón de Europa de patinaxe e que deixa este deporte de forma profesional. Conta que quere adicarse a ensinar a nenos e nenas a patinar como el!
Ademáis continuamos recibindo materiais que nos veñen xenial para continuar as nosas investigacións.
ROI xa nos falara en clase dun importante xogador de baloncesto español que contaba que participou nos XOGOS OLÍMPICOS: JUAN CARLOS NAVARRO.
Investigamos un pouco e descubrimos o seu paso polos XOGOS e as medallas gañadas, o seu paso tamén pola NBA, e o seu apodo: "LA BOMBA NAVARRO".
Foi moi interesante investigalo!
ROI ademáis tróuxonos unha camiseta de NAVARRO, que e enorrrme pero nos encanta poñela no recanto dos xogos e finxir que somos xogadores de verdade!
E a finxir que somos xogadores, axuda a aportación de CLAUDIA: unha CANASTA de BALONCESTO co seu balón! Moito xogan con ela!
Descubrimos o equipo español masculino que gañou a PRATA nos xogos PARALÍMPICOS de RÍO 2016.
E por suposto ó xogar gáñanse MEDALLAS. Por sorte para nós, XONXA tróuxonos 3 MEDALLAS perfectas para subir ó PODIO: unha de OURO, unha de PRATA e unha de BRONCE.
MATEO traballou moito nun libriño especializado en FÚTBOL que nos explicou. Fixo un repaso do libro e de todo o que sabía sobre o tema: CAMPO de fútbol, EQUIPACIÓN, BALÓN, XOGADORES, algunhas NORMAS..
Investigamos sobre fútbol e coñecemos a DIEGO LÓPEZ, un porteiro galego moi coñecido.
MANUEL seguiu co seu percorrido polos deportes olímpicos traéndonos cousiñas de HOCKEY. Explicounos moitas cousas e investicamos moitas outras.
Descubrimos o equipo de hockey feminino de ESTADOS UNIDOS que gañou o ouro en Pyonchang 2018!
Tamén trouxo información de PING PONG, BALONMÁN e BALONCESTO.
IAGO trouxo unha RAQUETA DEPADEL e explicou as diferenzas co TENIS. E EMMA pola súa parte tróuxonos unha pelotiña de GOLF.
Así, aproveitamos para facer comparacións con todas as pelotas que temos, que non son poucas!
BELA sorprendeunos cunha MEDALLA de verdade!! Fíxonos moita ilusión e explicounos que era de XIMNASIA RÍTMICA, estamos desexando investigar este deporte pronto!
NADIA traballou duro nnun libro de deportes moi elaborado e que nis explicou con moito detalle. Na imaxe mostra a súa páxina favorita. Serviunos de repaso dunha forma moi divertida!
O venres levamos para casa unha pulseira que fixemos na clase coas cores da bandeira dos xogos paralímpicos e olímpicos. Quedáronlles xenial!
Esta semana abrímola con ATLETISMO. Fixémolo coas aportacións de MANUEL e NEREA. E lemos nos libros de clase e descubrimos que dentro deste deporte existen distintas modalidades moi interesantes.
MANUEL trouxo varias cousiñas de seu irmán maior e del mesmo: MEDALLAS, CAMISETAS, DORSAIS, CANTIMPLORA, VALO ("valla") e un LIBRO.
NEREA fixo un diorama dun ESTADIO OLÍMPICO con moitos detalles: ÓVALO, PISTAS, CALLES, PODIO, PÚBLICO animando, BANDEIRAS dos participantes, PISCINA con nadadora incluída, DEPORTISTAS... moitísimos detalles xeniais!!!
Así, demos comezoa investigar.
Dentro das carreiras descubrimos a USAIN BOLT. Vendo vídeos sorprendeunos o rapidísimo que ía e o altísimo que é!
En SALTO DE ALTURA atopamos a RUTH BEITIA da que descubrimos que tamén que altísima, que é medallista olímpica.
Algúns dos cativos sonáballes tela visto na tele estos días. O buscala atopamos unha noticia na que se explicaba que acaba de conseguir unha medalla máis nos xogos porque unha deportista que fixera podio en 2012 fixera TRAMPAS e quedou fóra. Sorprendeunos moito ver que había deportistas que facían trampas!!!
En lanzamento de PESO e DISCO coñecemos a KIM LÓPEZ, participante nos xogos PARALÍMPICOS e que ademais é campeón de Europa e do mundo!
Esta semana tamén comezamos a falar das MASCOTAS olímpicas e paralímpicas. Comezamos investigando nos libro de clase e buscando tamén no ordenador, encantáronnos!!!
Descubrimos que as mascotas acostuman a ser amimais ou elementos da contorna onde se celebran os xogos:
-WALDI era un can salchicha dos xogos de ALEMANIA.
-MISHA era un oso dos xogos de RUSIA.
-KOMDURI eran dous osiños negros dos xogos de COREA.
-TOM e VINICIUS que representan a vida vexetal e animal de BRASIL
-... e moitos máis que nos encantaron!
ICÍA en relación ás mascotas trouxo un poster que fixo e que quedou xenial.
Explicou que traía as MASCOTAS dos xogos OLÍMPICOS e PARALÍMPICOS do ano 1992, cando se celebraron os xogos en ESPAÑA, na cidade de BARCELONA.
Mostrounos o mapa para situarnos e presentounos a:
- A MASCOTA dos xogos OLÍMPICOS: COBI. Un can de raza PASTOR CATALÁN e que deseñou JAVIER MARISCAL.
-MASCOTA dos cogos PARALÍMPICOS: PETRA. Unha nena sen brazos.
Con todo isto pasamos a desañar a nosa propia mascota e a buscarlle un nome adecuado. Decidiron que un animal moi común por aquí é a VACA e pensaron que podía ser a mascota perfecta cuns cantos engadidos: ÁS de MARIPOSA e todo tipo de CORES de FANTASÍA!
Preséntovos a nosa mascota: A VACA CUQUI!!!
07-02-2019
Hoxe CLAUDIA tróuxonos un traballo moi detallado que nos serviu para repasar e profundizar nos xogos olímpicos e paralímpicos, na orixe, mascotas, medallas...e xogar a clasificar deportes, modalidades e comentar semellanzas e diferenzas.
Nótase que traballou moito e tivo que dedicarlle moito tempo. Agradecémolo un montón e seguiremos disfrutándoo no recanto dos xogos!
Destaca que nos falou do BARÓN PIERRE de COUBERTIN, que foi o encargado de recuperar os xogos tras moito tempo no esquecemento.
Este entusiasta dos xogos conseguiu con esforzo recuperalos en 1896!
Foi xenial coñ ecera este personaxe dos xogos!
Tamén nos serviu para recordar a POPPA LUDWIG, do que falamos cando coñecemos a orixe de xogos olímpicos e paralímpicos. Ludwig foi o fundador dos XOGOS PARALÍMPICOS. Este MÉDICO neurólogo pensaba nos beneficios do deporte para as persoas con discapacidade como unha forma innovadora de tratamento. Ludwig comezou cunha competición de TIRO con ARCO en SILLA de RODAS.
Desta pequena compatición xurdiron con esforzo os xogos paralímpicos que coñecemos.

EMMA fixo unhas super gafas para animar nos xogos!!!! Sen dúbida unha das partes fundamentais dos xogos son os seguidores, ese público sempre disposto a animar ós deportistas para que non se rindan! As gafas son chulísimas e gustaron un montón. Aproveitamos para repasar os símbolos dos xogos: os aneis olímpicos, a chama, as mascotas...
MANUEL achegounos materiais relacionados co ciclismo: un libro do deporte e un montón de equipación que nos explicou con detalle. Imvestigamos as distintas modalidades: carretera, montaña e pista e comaramos as equipacións: CULOTTE, MAILLOT, CUBREBOTAS, CALAS, RODAS estreitas e de tacos, CASCOS, GAFAS, BICIS ...
Achegámonos a ALFONSO CABELLO, campión no CICLISMO de PISTA dos xogos PARALÍMPICOS. Lemos a súa ficha na páxina dos deportistas paralímpicos, e lemos un par de noticias en internet sobre el e a súa vitoria gañando a medalla de BRONCE nos xogos de RÍO 2016.
Tamén vimos varias entrevistas moi interesantes.
Como xa vos contarían os nenos e nenas ca casa, en clase de PSICOMOTRICIDADE continúan coa temática do proxecto co profe JONATHAN. Xa recrearon a cerimonia de inaguración dos xogos e viron varios deportes. Esta semana foi a quenda do HOCKEY e DO BALONCESTO!
E como xa vos comentarían, na clase e no recanto dos xogos tamén xogamos ós deportes que vamos vendo, disfrazámonos, investigamos... e hoxe co día estupendo que tiñamos saímos un ratiño á tarde a xogar no patio.
Por último, por fin temos un mapa xigante que estabamos agardando dende fai bastantes días para irnos situando. Nel imos vendo os países dos que falamos nas investigacións e colocamos as bandeiras que vamos vendo.
17-02-2019
A pasada semana continuamos traballando no noso proxecto e aproveitamos para elaborar unha manualidade relacionada cos xogos,unha antorcha coa chama olímpica!
Quedoulles moi ben!
Os compis seguiron traendo materiais que nos serven para contnuar as nosas investigacións e repasar as que xa fixemos, ó tempo que enriquecen o recanto dos XOGOS OLÍMPICOS e PARALÍMPICOS!
Esta semana resultou ser unha semana futbolera cos matariais que nos chegaron.
ANDRÉS trouxo cromos de fútbol.
YANIRA tróuxonos unha MEDALLA de FÚTBOL da súa irmá maior.
ROI trouxo una debuxo dun futbolista.
Así, estiveron falándonos dos xogadores, dos postos de cada un, das súas funcións, dos entrenamentos, da equipación...
Aproveitando o bo tempo para seguir practicando deportes dos xogos e simulando entrenamentos. Un dos días tivemos a sorte de que nos acompañaran os compis de 6º B.
Tamén estivemos profundizando en 3 das disciplinas olímpicas de inclúen carreiras e que menos coñecíamos :
TRIATLÓN
BIATLÓN
21-02-2019
Esta semana está sendo moi emocionante!
O martes Roi e a súa familia trouxéronnos varias sorpresas para o noso proxecto! Fixeron unha presentación dos XOGOS xenial e trouxeron un convidado moi especial, MANUEL DÍAZ, quen portou unha das antorchas olímpicas nas OLIMPIADAS que se celebraron en BARCELONA de 1992 e que por riba nos trouxo a ANTORCHA real!!!!
Menuda emoción, Manuel Díaz falounos do importante que lle fixo sentir poder portar a antorcha. Dixo que se sentira: “como un súper heroe”. E non é para menos, pouca xente pode dicir que tivera esa oportunidade. Falounos xunto coa familia de Roi da importancia de facer deporte. Falaron de cómo grazas ó deporte se fan amigos, se leva unha vida máis saudable, se viaxa e se coñecen outros países, idiomas... Do importante que é entrenar para ser bos xogadores...

Manuel tamén nos falou doutra competición, os SPECIAL OLIMPICS e de CARLOS LORENZO FERNANDEZ, que participou nesta competición. Explicounos que os SPECIAL OLIMPICS son uns xogos nos que participan deportistas con discapacidade intelectual.
Por sorte facilitáronnos un artigo adicado a CARLOS LORENZO FERNÁNDEZ e seguimos cunha investigación na que descubrimos que os SPECIAL OLIMPICS buscan mellorar a confianza en sí mesmos dos participantes e das súas habilidades sociais por medio do entrenamento, a práctica de deporte e as competicións. Estas olimpíadas son cada 4 anos e son en beneficio dos nenos e nenas necesitados.
Ademais faláronnos de varios deportistas que coñecen de primeia man e dos que en clase seguimos a investigar moi motivados pola súa presentación.
Así, faláronnos de:
- JUAN CARLOS NAVARRO: xogador de baloncesto do que xa investigaramos anteriormente e que participou 5 veces nos xogos olímpicos.
-TITO MARGARIDE: practica atletismo e particpou nos xogos paralímpicos.
-NURIA MARTINEZ: xogadora de baloncesto e que participou nos xogos olímpicos 2 veces.
-LAURA STEINBACH: xogadora de balonmán que participuo nos xogos olímpicos.
-IKER ROMERO (xogador de balonmán que participou nos xogos olímpicos).
Aquí dúas das diapositivas que nos trouxeron.

Faláronnos dos deportes que practicaban, da súa participación nos XOGOS, dos equipos nos que xogaran, contaron anécdotas e mostráronnos unha chea de fotos! Ademais trouxeron varias camisetas firmadas e unha zapatilla xigante na que case collían os cativos!!! Encántanos disfrazarnos e finxir que somos grandes deportistas olímpicos coma eles!
Ademais da presentación mostráronnos uns vídeos xeniais destes deportistas que adicaron parte dos seu tempo a nosa clase e proxecto.
De verdade mil grazas a ROI, a súa familia, a MANUEL DÍAZ e a todos estes deportistas que nos regalaron un pouco do seu tempo!!! Nós queremos regalarlles a nosa ilusión e desexámoslles moita sorte en todos os seus proxectos!!!
05-03-2019
Nos últimos días, pese a coincidir cos preparativos do Entroido, continuamos co noso proxecto.
ROI tróuxonos imaxes da súa amiga NURIA MARTINEZ, xogadora de baloncesto que estivemos coñecendo e que veu a xogar contra o ENSINO.
Roi falounos do partido e estivemos recordando cousiñas sobre este deporte e sobre Nuria.
NEREA tróuxonos unha medalla que conseguiu e da que estamos moi orgullosos! prestóunola para a clase. Falounos de que ten unha antorcha olímpica e varios deportista arredor.
Falou de todo o que hai que facer para conseguir unha medalla e dos tipos de medallas que hai.
IAGO prestounos un balón de baloncesto amarelo. A moitos sorprendeulles a cor do balón!
ANDRÉS traballou moi duro nun mural sobre os deportistas de lucenses! Nel recolleu a desportistas olímpicos e paralímpicos.
Falounos de cada un deles con moito detalle e seguiremos investigando nos próximos días sobre eles!
IAGO tamén trouxo unha pelota coa que nos falou dalgunhas diferenzas entre o TENIS e o PADEL.
Como sabedes IAGO trouxo varias raquetas e sorprende ver como cando cando saíamos ó pricipio xogar con elas non dábamos unha e a día de hoxe xa se ven claras melloras en todos e todas. Son auténticos deportistas!
XONXA trouxo a súa equipación de fútbol. Explicounos que era o seu equipamento do Lugo e falounos das cores, escudo, partes da equipación... Fíxoo moi ben e xa está lista para poñela no recanto dos xogos e imaxinar que somos xogadores do Lugo!
EMMA tróuxonos unha nova pelota que nos serviu para que nos recordara as diferenzas entre as pelotas máis pequenas: de PING PONG e de GOLF e de TENIS.
NADIA trouxo un libro de deportes c que fixemos un repaso de todo o visto e do que destacou as cousas que a ela máis lle chamaron a atención.
NEREA fixo un debuxo espectacular dun xogador de fútbol do LUGO. Mostrounos toda a súa equipación explicándoa con detalle!
A última manualidade antes de Entroido foron uns xogadores de dedo: unhas xogadoras de fútbol e uns xogadores de hockey. Decoráronos e leváronos para poder xogar na casa, aínda que algúns deulles tempo a probalos na clase!

07-03-2019
Hoxe conmemoramos o Día Internacional da Muller, e MANUEL tróuxonos un par de libros moi especiais! Un deles é un libro titulado "Mujeres en el deporte" e outo un libro elaborado polo propio Manuel! Nel recolle numerosas deportistas pioneiras no mundo do deporte. Manuel falounos de cada unha delas e foi moi interesante! Próximanente continuaremos as nosas investigacións sobre deportistas e valéndonos tamén destes dous novos libros.
31-03-2019
Nas últimas semanas continuaron chegando materiais moi interesantes!
VALERIA trúconos una ANTORCHA OLÍMPICA impresionante! Xogamos moito con ela e serviuno para repasar.
NADIA trouxo un debuxo da bandeira dos xogos coa que repasamos os continentes, as cores, e recordamos outras bandeiras que coñecemos!
IAGO e NADIA trouxeron uns cromos de FÚTBOL! Repasamos todo o que sabiamos deste deporte, falamos dos futbolistas que coñecemos, das súas posicións...

Neste tempo tivemos a ocasión de coñecer moitos deportes novos: BOCCIA ou BOCHA, CURLING e GOALBALL. Resultárnnos moi interesantes e curiosos!
Descubrimos as pelotas de BOCHA e como se parece á PETANCA.
En CURLING imaxinamos a dificultade de non caer sobre o xeo e a precisión que fai falla para atinar! Resultounos moi curioso o sistema de xogo e os instrumentos que empregaban.
Decidimos parar un pouco no GOALBALL. Trátase dun deporte que se practica nos XOGOS PARALÍMPICOS e que practican persoas con discapacidade visual.
Na clase fixemos varios partidos para comprobar a súa dificultade e logo fixemos varios xogos co balón sonoro. Foi moi divertido!
Esta última semana tivemos a sorte de que MARTA e ICÍA nos contaran un conto e realizaran un taller con nós!
Primeiro contáronnos un conto xenial chamado "La medalla de Antoñita"! Gustounos moito e encantounos a Mariquita ntoñita!
Logo, fixemos as nosas propias medallas, que está claro que logo deste proxecto temos ben gañadas!
Outra tarefa que realizamos esta semana foron as decoracións de portadas e bolsa de materiais.
Primeiro decoramos a portada das tarxetas dos deportistas ó estilo Warhol que vimos en varias imaxes e con varios deportistas que eliximos entre todos.
A portada do proxecto tamén lles quedou moi chula.
Por último decoraron as bolsas dos traballos!
Para rematar o venres tivemos unha MERENDA OLÍMPICA!
Todos xuntos fixemos brochetas de froitas coas cores olímpicas, e os que quixeron, déronlles un toque de chocolate...mmMmmMMMmm riquísimo!
05-04-2019
Esta semana demos carpetazo ó noso proxecto coa visita da familia de MANUEL que nos veu falar dun antigo deporte olímpico relacionado co mtociclismo, concretamente coas competicións de ENDURO e TRIAL.
A visita comezou na aula onde por medio dunha presentación nos falaron destes deportes. Faláronnos da experiencia de MARCOS practicando ENDURO en distintos campeonatos, como o de Navarra que dura 6 días!!! Describíronnos como transcorrían as carreiras, as regras, as instalacións... Exolicaron que hai circuitos cerrados de velocidade e circuitos de monte onde unha carreira podia durar 2 ou 3 horas. Mostráronnos as tarxetas de ruta e tamén nos falaron da alimentación.
Logo, baixamos ó patio, onde nos mstraron as motos, as ferramentas que empregan e a equipación. Ademais paráronse en falarnos de ecoloxía e coidado da contorna en relación a este deporte.
-MANUEL con MOTO eléctrica de TRIAL.
-ÁLEX de GASOLINA DE TRIAL.
-MARCOS grande de ENDURO.
Explicaron cómo funcionaban todos os elementos de seguridade, que non son precisamente poucos!
Mostraron o CASCO, PETO, BOTAS, GUANTES, COLLARÍN, RODILLEIRAS e VESTIMENTA. E por sorte para nós, mesmo nos deixaron probar a equipación!
Foi moi interesante!
Para rematar trouxéronnos un agasallo de regalo, uns chaveiros xeniais de motos!!!
MARAVILLOSO PROYECTO, ENHORABUENA MARÍA!!!!!!
ResponderEliminar