Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

TIC

Nesta páxina podedes empregar algúns recursos interactivos adicados a nenos e nenas de infantil. 
Cómo se trata dun recurso moi útil, motivador e que lles encanta, póñoo a vosa disposición para que os empreguedes na casa se vos apetece!
Só tedes que dar nos enlaces e levaravos ós xogos. 




Para iniciarse no manexo do rato.




Xogos "La vaca Connieé un paquete interactivo de xogos destinado á etapa de Educación Infantil. Trabállase a lectoescritura e as matemáticos.

Xogos "La abeja Bubaé un conxunto de xogos destinado a traballar conceptos básicos, lectoescritura, lóxica, matemáticas e formas xeométricas.

Xogo para contar.

Xogo para contar ata 5.

Xogo das diferencias.

Xogo das siluetas.

Xogo de "Bichosé un paquete interactivo de xogos destinado á etapa de Educación Infantil. Trabállanse conceptos básicos, de lectoescritura e matemáticos, ademais de adestrar o manexo do ordenador no seu conxunto: rato (movemento, clic e arrastre) e teclado.

Actividade de "Papeliños"

Xogo de "Matea Calculatoré un recurso para educación infantil facilitado pola Xunta de Extremadura. Mediante xogos e seleccionando a idade, poden repasar: cuantificadores, numeración, lonxitude, cores, tamaños, formas, operacións, orientación espacial, tempo,...


Xogo de "Sehacersaber"é unha aplicación online adicada a infantil que permite seleccionar o idioma e a idade para traballar a lóxica matemática.


Xogo "Disfrutamos Hablando!é un recurso para educación infantil facilitado pola Xunta de Extremadura. Mediante xogos traballa a estimulación da linguaxe oral, especialmente a conciencia fonolóxica nun entorno multimedia.

"Letras de colores" é un conxunto de xogos interactivos dirixido ó segundo ciclo de EI  para o entrenamento de distintos aspectos relacionados coa lectoescritura (grafomotricidade, grafía das letras, discriminación visual e auditiva, comprensión lectora...). 
Pódese descargar e é ideal para xogar na pizarra dixital, nós de feito empregámolo na aula sen internet.

"Tudiscoverykids" é un recurso para traballar a conciencia fonolóxica de forma online. Pódese seleccionar o nivel e traballa as letras do abecedario con debuxos e co xogo "¿qué empieza por...?"


Xogo de "Animalandia" é un xogo interactivo para Educación Infantil. Está composto por un conxunto de actividades de lectoescritura e matemáticas. Traballa o nome de diversos animais e cal é o medio polo que se desprazan: aire, terra e auga. É totalmente interactivo e autocorrectivo, idóneo para que o alumnado o utilice con máxima autonomía tanto no ordenador como na pizarra dixital.

Ningún comentario:

Publicar un comentario