Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

PROXECTO: A LUZ!

A LUZ  E AS VELAS.
Comezamos o novo proxecto ante a aparición na clase dun obxecto estraño…. Ninguén sabía qué era. Algúns dicían que era una peza rota dun xogo, ou algo para abrir algo… entón apareceu algo máis coñecido, una vela! Aí a cousa xa colleu máis forma. Aquela cousa tan rara era un portavelas!

Comezamos a falar de cándo se empregaría e por qué.



 Estaban de acordo en que as velas serven para sopralas nos cumples e para alumar. Aínda que matizaron que se usaban antes. Antes non tiñan bombillas e usaban antorchas e velas (explicaron).



Estabamos xa metidos en materia e comezamos a experimentar e xogar. Apagar unha vela é sinxelo, pero soprar forte forte como o lobo e non apagala non é tan sinxelo.. esto deu para xogar e rir un montón!!!!
Tamén descubrimos o olor, cómo a cera se derretía o fume ó apagarse, as sombras.. qué divertidas e pillas son as sombras!!! 
E algo sorprendente, a chama non ten sombra!
Nos seguintes días investigamos sobre a palabra LUZ e descubrimos que ven do latín "LUX" e que é enerxía que se ve e fai posible ver os obxectos da nosa contorno. 

Por suposto pedimos a vosa axuda para seguir investigando e continuamos.  Este tema da para moito, luz, sombras, fontes de luz, científicos, útiles de laboratorio, información, xogos....

Falamos de fontes de luz que coñeciamos: sol, bombillas, lámpadas, focos, lanternas, estrelas, lume, aurora boreal, vagalumes, peixe pescador… Saíron moitísimas cousas!!!

Descubrimos que a LÚA non  ten luz propia, pero reflicte a do SOL... Moito investigamos e experimentamos coa lanterna, o vidro, o espello da clase e o mural con estrelas de brillantina que temos aínda do pasado curso.

A LUZ  NATURAL E A LUZ ARTIFICIAL.

Investigamos vendo un par de vídeos sobre a LUZ e continuamos investigando algunhas fontes de LUZ NATURAL e ARTIFICIAL. 


O DÍA E A NOITE.
Descubrimos que o SOL é a fonte de luz máis potente. Xa sabiamos polo proxecto do UNIVERSO e do SISTEMA SOLAR por qué se fai DÍA e NOITE, pero recordamos coa lanterna e o globo terráqueo.



Aproveitamos e contamos o conto de “A canción y do Sol” que falta precisamente deste tema.

Así tamén cantamos a canción de “Sol solecito” que xa coñeciamos.



A LUZ E OS RAIOS.
Tamén escoitamos unha canción tranquila de Macaco chamada "Somos Luz" e cuxo vídeo nos levou ós RAIOS como fontes de luz. Falamos do medo que nos produce e investigamos un pouco. Aprendemos que unha cousa era o TRONO e outra o RAIO e buscamos imaxes... eran fermosísimos! E que casualidade, ó día seguinte unha TORMENTA con RAIOS e TRONOS!!! Pero xa non nos deron tanto medo!



YANIRA, tróuxonos unha LANTERNA xenial que deu para falar de obxectos OPACOS e TRANSPARENTES. Ademais axudounos a ver a diferenza entre o SOL, que produce a súa propia luz, e a LÚA, que a reflicte, xa que esta lanterna ten un reflectante por baixo. Super útil!!! Así pasamos un rato vendo os efectos que tiña.

A LUZ  DO SOL E O CICLO DA AUGA.
Como estamos investigando sobre o SOL como a fonte máis potente de luz reflexionamos sobre as súas propiedades. Fai sentir calor, fai crecer as plantas, fai que se faga día e noite... Tiñan moitas cousas claras e indagando sobre o sol e o seu efecto chegamos ó CICLO DA AUGA!!! Que interesante nos resultou ver o importante que resulta o noso SOL!!!


Logo de reflexionar sobre o tema optamos polo que mais nos gusta, facer un experimento. Aínda que non facía tanta calor como outro días xa vimos algúns resultados!!!
O SOL quentou a AUGA producindo VAPOR que o tocar o frío plástico comezou a CONDENSAR e a crear pequenas GOTAS. Algúns xa estaban seguros de que pronto se unirían para caer a modo de CHUVIA.


Estamos desexando saber e experimentar máis!!!


4-10-2018
A LUZ  E OS RAIOS II.
Onte chegou á aula un novo material moi especial a raíz das conversas sobre os raios e o gran interese que suscitaron. Unha lámpara de raios!!!  Experimentar con estos raios foi moi interesante e axudounos a percivilos con menos temos e máis curiosidade.



A LUZ NEGRA.
Esta semana enviamos a casa unha manualidade dun SOL. Como sabedes trátase da fonte de luz natural máis potente e estamos a descubrir a súa influencia na nosa contorna entre outras cousas. Quedoulles moi ben, pero é unha manualidade especial que para que poidades apreciar en todo o seu esplendor debedes ver baixo a LUZ NEGRA  ou UV.



Nós estivemos experimentando con ela na clase e témola no recanto do proxecto. Pero se non tedes LUZ NEGRA, tal e como nos pasa a nós, podedes  facela de forma caseira e moi sinxela!!!


No vídeo explican que se fai con rotulador permanente azul, celo e o flash do teléfono, pero vale unha lanterna con luz forte tipo led e con cinta de embalar transparente ou celo (calquera cinta adhesiva transparente). Só tedes que poñer cinta pintada con rotulador azul permanente e facer así 5 capas. logo pegades sobre o foco da lanterna cubrindo ben e listo, xa tedes luz negra. se vede o vídeo explican moi ben.
Unha vez teñades lista a ñuz negra alumade a manualidade e veredes como brila!!!




Ademais das investigacións sobre RAIOS e  LUZ NEGRA tivemos a sorte de segui recindo materiais xeniais!! !
 EMMA, BELA, MANUEL, ROI, THIAGO E NAIARA sorprendéronnos con obxectos de todo tipo.
EMMA trouxo unha araña fermosísima cuxos olliños brilan na escuridade. Descubrimos que canta máis luz lles da, máis brilan.  Tamén trouxo unha VARIÑA MÁXICA que fai unha chea de efectos e luces.
MANUEL e BELA trouxeron varias LANTERNAS e luces con distintos efectos e cores xeniais para experimentar. 
THIAGO trouxo un XOGUETE con LUCES.
NAIARA traía unhas ZAPATILLAS que fan LUCES.
ROI sorprendeunos cunha lanterna cun mecanismo polo que coa nosa ENERXÍA se produce LUZ, unha DINAMO!


A LUZ  E A AURORA BOREAL.

Experimentamos con todas as luces que trouxeron e xogamos ás escuras. Foi moi divertido e descubrimos que coa mestura de luces no teito semellaba ser unha AURORA BOREAL!!!



5-10-2018

Hoxe decidimos compartir coñecemento facendo un vídeo no que explicamos cómo fixemos a nosa luz negra. Estamos algo nerviosos e tivemos que facer algúns intentos, pero quedou estupendo para ser o primeiro vídeo!!!



8-10-2018

Hoxe recibimos novos materiais!!!
Menudas experiencias interesantes tivemos hoxe!!
YANIRA  pola súa parte trouxo un xoguete/lanterna moi chulo!! xenial para o recanto.
IAGO sorprendeunos cun farolillo de nadal fermoso que nos encantou, pero no fixo desexar a chegada de Papá Nadal xa!!
XONXA trouxo unha lanterna de Peppa Pig moi chula e unha mesa de luz para escribir!!!

XONXA ademais trouxo CERA de abella. Explicounos moi ben que a cera está nas COLMEAS e que a producen as ABELLAS. Explicou que se a derretemos e poñemos en medio un fío/cordón podemos enrolalo e facer unha VELA!!! Foi moi interesante!!!
Ademais escribimos entre todos "CERA DE ABELLA" e mostrounos de preto a cera para poder tocala e cheirala!

BELA sorprendeunos cun experimento! 
Neste proxecto estamos estudado a luz e xustamente nestos días estamos explorando o poder que ten o Sol, a súa ENERXÍA, experimentamos co ciclo da aula , con lámparas solares... Decubrimos a relación da ELECTRICIDADE coa LUZ por medio dos materiais que chegaron, xa que funcionan con pilas, conectándoos á corrente cun cable...  
BELA fixo un experimento coa ENERXÍA/ELECTRICIDADE ESTÁTICA e deixounos abraiados!
(A electricidade estática é a acumulación de cargas eléctricas na superficie dun obxecto).
Así, aquí vos queda o expermento que nos mostrou esta maña!



12-10-2018
LUZ NEGRA, UN CALEIDOSCOPIO, ANIMAIS E ASTROS FLUORESCENTES!!!! Todas estas cousas chegaron á aula estos días.
XONXA trouxo un CALEIDOSCOPIO xenial co que pasamos moi bo rato esperimentando coa luz e as imaxes ó outro lado. Menudas risas véndonos repetidos tantas veces!!!
ANDRÉS puxo en práctica a creación da LUZ NEGRA na casa e tróuxonola. Quedoulle xenial!!!
MANUEL e NEREA trouxeron elementos fluorescentes. Cargámolos ben e logo brilaban un montón na escuridade!!!

Onte volveron a chegar máis cousiñas interesantes:
IAGO trouxo unha lanterna especial con LÁSER incorporado.
XONXA trouxo uns espelliños.
Así, XONXA e IAGO experimentaron coas súas aportacións e vimos cómo a luz e o láser se reflectía nos espellos e rebotaba cara outros sitios. Foi moi interesante!!!
NADIA trouxo unha masa estraña, slime, que resultaba fluorescente ó cargala coa luz dunha lanterna.
EMMA trouxo unha CORBATA xenial con luz incorporada e con un milleiro de círculos que reflectían a luz de forma moi divertida segundo se movía!
MANUEL sorprendeunos cunha lanterna como a de YANIRA e cunha máquina de ARCOS DA VELLA!!! Foi xenial ter o noso propio ARCO DA VELLA en clase!!
Os compis recordáronnos que para que saia o arco da vella natural é preciso SOL e AUGA da chuvia. É algo que teñen claro, pero non sabemos todavía moi ben cómo funciona, en breves investigarémolo e faremos experimentos ó respecto.

THOMAS ALVA EDISON E A BOMBILLA

Esta semana tamén chegaron varias sorpresas o noso buzón para experimentar. Primeiro uns globos cos que xogamos pasando luces a través.

Estivemos estudando a THOMAS ALVA EDISON inventor da primeira lampada incandescente de longa duración. 

Tras investigar a EDISON apareceu unha manualidade de bombillas de cores no noso buzón.
Encantounos e decidimos facelas para poder experimentar coas cores e a luz. Quedou xenial e levámola para a casa!



23-10-2018

FOTÓNS: A LUZ VIAXA EN LIÑA RECTA!

Seguimos co proxecto a toda vela e con moitas ganas!
Por suposto, seguen chegando materiais.

Precisamente, todos estos materiais que foron chegando dan pé as investigacións sobre os FOTÓNS  que estamos a realizar e coas que seguimos.
Descubrimos que os FOTÓNS son partículas pequenísimas que levan a luz e viaxando moi rápidamente e en liña recta dende a fonte de luz. Por suposto todo de forma moi sinxela e poñéndoo en practica con estos materiais que nos axudan a entender. Así, trátase de entender que a luz viaxa en liña recta dende a fonte de luz, ata as superficies. Esto fai que as poidamos ver e implica distintas situacións: sombras, obxectos que a modifican con cores, obxectos que non a deixan pasar, outros que si... seguimos experimentando e descubrindo cousiñas...



MANUEL, NADIA, VALERIA, EMMA, XONXA E ICÍA trouxeron unha gran variedade de lanternas. 
Exploramos as utilidades da lanterna de cabeza de Manuel: para ir de noite na bici, entrar en covas, camiñar pola noite...
A Luz negra de Nadia quedoulle espectacular e as lanternas con imaxes das compis encantáronnos! Chegaron lanternas de imaxes de minions, dunha nena... e a de ICÍA era unha lanterna de dipositivas coa que hoxe pasamos moi bo rato!
XONXA trouxo ademais unha camiseta que brila na escuridade!

XONXA tamén nos sorprendeu cunha lámpada de filamentos brilantes!!! Pareceunos preciosa, e investigamos cómo funcionaba: dende a fonte de enerxía (neste caso pilas), pasando pola bombilla, o plástico de cores polo que pasa a luz e chegando ós filamentos que encamiñan a luz de cores ata as puntas.


TEATRO DE SOMBRAS



Outra sorpresiña da semana pasada foi o teatro de sombras de CLAUDIA!!! 
Na casa prepararon un teatriño moi chulo e as figuras do conto do GRÚFALO e quedou xenial! Ademais trouxeron este conto que tanto nos gusta.

Coa axuda de IAGO, CLAUDIA fixo este teatriño. Así, CLAUDIA moveu as personaxes e IAGO suxeitou a fonte de LUZ mentres eu contaba o conto.
Foi moi chulo!!!
















28-10-2018
MESA DE LUZ
Esta semana tivemos unha pila de actividades xenais!!! Celebramos o día das bibliotecas, pero seguimos co proxecto da luz. 
O xoves MANUEL  e a súa FAMILIA contáronnos un conto coa súa MESA de LUZ. Manuel contouno moi ben e encantounos!!! Fíxonos especial graza que os protagonistas foran RATOS, posto que sabemos que lle encantan a Manuel e o ano pasado descubrimos que son o seu animal espiritual.
Ademais trouxeron un montón de materiais para exprimentar riba da mesa de luz e que quedan no recanto da Luz!
Moitas grazas por participar!!!


AS LUCERNAS ROMANASO venres a FAMILIA de ROI tamén participou facendo unha presentación estupenda. Primeiro faláronnos dos ROMANOS: cómo vivían, vestían, pasaban o rato, se relacionaban... Trouxeron MOEDAS e láminas para que vaiamos coloreando e que resumen un pouco cómo era a vida na época. Pero non quedaron aí, senon que falaron de cómo se iluminaban naqueles tempos: as LUCERNAS. Así, trouxeron varias reproducións de lucernas reais e mesmo explicaron cómo se acendían e empregaban. Unha vez explicado prenderon dúas para que víramos cómo funcionaban. Foi moi interesante e aprendemos un montón de cousas!!!Remataron cunha presentación da que falaremos na entrada de Samaín dentro duns días, xa que ten que ver coas MOMIAS!Moitas grazas por animarvos a participar!

Precisamente como estamos en época de SAMAÍN os materiais destos días relaciónanse con esta conmemoración!
Tres CABAZAS luminosas xa forman parte do recanto grazas a MANUEL, NADIA e XONXA! Son brilantes, divertidas e terroríficas!!!!















31-10-2018

Como sabedes estos días estibemos máis centrados no Samaín, pero continuamos co proxecto e recibimos novos materiais. 
Chegaron as CABAZAS luminosas de NEREA e YANIRA, as lanernas de ICÍA e YANIRA, a barriña fluorescente de MANUEL e o disfraz de ROI. Todo moi ben fiado entre o proxecto da LUZ e a conmemoración de SAMAÍN!!!


11-11-2018

TEATRO DE SOMBRAS
Esta semana foi moi especial coa visita da familia de XONXA!
A visita comezou cun TEATRO de SOMBRAS do conto de ELMER que representaron XONXA e súa NAI ! Fixérono moi ben e encantounos!

Unha vez representado o conto, o pai de XONXA cantou a canción de ELMER co seu teclado e ensinóunola para poder cantala xuntos! Gustounos un montón!!!

Ademais deixounos tocar o teclado!

Pero o teclado non foi o único instrumento que chegou á clase, senon que nos trouxeron un PIANO DE PÉS! Gustounos moito probalo e deixárono un tempiño para experimentar na clase!

Logo destas actividades agasalláronnos cunhas GALLETAS DE ELMER riquísimas!
Foi unha gran experiencia que desfrutamos un montón!!!
Moitas grazas por animarvos a visitarnos!!!

Desta actividade naceron os TEATROS de SOMBRAS que fixeron os cativos coas caixas que vos pedimos e que lles quedaron xenial!! Foi unha actividade que realizamos coa colaboración da familia de Xonxa e que nos facilitaron parte dos materiais para realizala.
Primeiro pintaron as caixas e decoráronas con distintas cores e coas súas propias mans. Logo prepararon as marionetas para o teatriño.

Feitos os TEATROS e as marionetas do conto de ELMER e coas LANTERNAS que nos fostes traendo xogamos cos teatriños e pasámolo xenial!!!




16-11-2018
DEBUXANDO SOMBRAS.





  
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario