Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

PROXECTO "O UNIVERSO"

Emprendemos un novo trimestre alzando a vista cara as estrelas. E facémolo da man dunha curiosidade de Roi que fixo que buscáramos en internet “INDIOS + ESTRELLAS” froito dunha conversa de todo o que aprendemos recentemente no proxecto dos indios.
E aquí tedes algo interesante que atopamos e que nos fixo querer saber máis.

“Cuenta una leyenda, que cuando la Tierra era todavía muy joven, un indio americano envió a sus siete hijos al bosque para que aprendieran a leer el viento. Ellos entraron en el bosque y anduvieron silenciosamente, mientras escuchaban cada uno de los sonidos del viento. Cuando llegó la noche, encontraron un lugar donde descansar y dormir. Las estrellas que cubrían el cielo eran muy brillantes.
Durante la noche, un extraño sonido despertó repentinamente al hermano mayor. El viento estaba cantando. No podía entender la canción, pero al mirar a las estrellas vio un reflejo brillante en las Pléyades. Se quedó muy sorprendido. Parecía que las estrellas brillaban siguiendo el ritmo de la canción del viento.
Resultado de imagen de leyenda pleyades indios

Inmediatamente despertó a sus hermanos para que escucharan la canción del viento y le ayudaran a entenderla. Se cogieron de las manos y empezaron a bailar. La canción creció en intensidad y su baile se hizo más intenso. De repente empezaron a elevarse hacia la estrella brillante, que era la más joven de las siete hermanas Pléyades. Ella se había enamorado del hermano más joven, Mizar. 
Resultado de imagen de indios pleyades
Desde entonces, Mizar y su amor, alcanzado gracias a la canción del viento, pueden ser vistos por aquellos que gocen de buena vista, en el mango del Gran Carro, el hogar de los siete hermanos.”


Con esta fermosa historia bailamos, convertémonos en vento e naqueles indios que admiran as estrelas.
Cantas preguntas xurdiron logo desta historia e cantas logo cada vez que buscamos algo novo.
Así, un día máis tarde, MANUEL trouxo un conto que nos contaba unha nova historia que nos facía mirar arriba unha vez máis : "Un gran sueño". Manuel contounos este conto e encantounos! Neste conto un cocodrilo achéganos ás ESTRELAS, PLANETAS e ás CONSTELACIÓNS. 
Algúns destos elementos fanse moi coñecidos, pero outros... temos moito que aprender!

EMMA e BELA presentáronnos uns murais do Sistema Solar xeniais nos que se esforzaron un montón!!! Explicaron o que traían e leron os nomes dos planetas. Moitos sabían qe o nosos planeta e a TERRA, outros sonáballes un planeta chamado MARTE, pero pouo máis. Iago aportou que o SOL é unha ESTRELA xigante.  Este é un bo punto de partida!
EMMA ademais trouxo uns cohetes moi chulos para xogar no recanto do UNIVERSO no que iremos deixando todos os materiais que aporten e que empregamos para investigar.
Sobre os COHETES, EMMA explicou que é no que se viaxa ó ESPAZO. Algún sinalou que neles viaxan ASTRONAUTAS.


Así buscamos e atopamos ete vídeo.


Resultado de imagen de primer hombre en pisar la lunaROI contounos un conto que nos encantou: "¡BOING-BOING-BOING!". Daniel, o prota do conto, cóstalle ir para cama e cando vai durmir contar estrelas resulta un momento único para soños incribles! Fixo que nós tamén fósemos ASTRONAUTAS saltando pola LÚA e despertou a nosa curiosidade!!!


Así, investigamos cómo se camiña pola LÚA e atopamos un vídeo da primeira persoa en pisar a LÚA: NEIL ARMSTRONG.


O SISTEMA SOLAR e o atlas do ESPAZO de MANUEL veunos xenial para continuar as nosas investigacións agora que queremos saber máis e achegarnos ós planetas que temos próximos

MATEO sorprendeunos cun PLANETARIO impresionante do SISTEMA SOLAR e que brila na escuridade!!!
Nel fomos vendo o Sol e os planetas que xiran ó seu redor dunha forma moi realista!!! Encantounos!

O Sistema Solar pareceunos moi interesante o por iso decidimos metelo nun bote e telo no noso recanto.
Para iso cada quen puxo un pouco da sùa parte. repartimos gomaeva de distintas cores e recortamos dando forma ó SOL e ós distintos planetas caracterizándoos como nas nosas investigacións. Logo metémolos nun bote con auga e colorante. Para rematar engadimos brillantina a modo de estrelas e cada un engadiu unhas poucas estrelas de cores. Quedou moi chulo, sobre todo cando o facemos xirar!


MANUEL iniciounos esta semana no mundo dos ASTRONAUTAS. Fíxoo con xoguetes dunha NAVE, un COHETE,  un SATÉLITE, 2 ASTONAUTAS homes e 1 ASTRONAUTA muller. Ademais trouxo un ATLAS DO ESPAZO no que comezamos pola parte adicada ós astronautas. Foi moi interesante!

Co mural do Sistema Solar de CLAUDIA repasamos: os planetas do sistema solar, falamos do noso SOL, do noso SÁTELITE natural que se chama LÚA, o camiño que fan os astros e que chamamos ÓRBITA e demáis estrelas.

ROI presentounos un debuxo con algúns do elementos que temos visto ata o momento. Debuxou a TERRA seguindo a súa ÓRBITA ó redor do SOL, MARTE que se coñece como o PLANETA VERMELLO, e a LÚA, o noso SATÉLITE natural.
Doutra banda continuou a súa representación do espazo cun COHETE e un ASTRONAUTA que viaxarán cara o espazo tras facer a conta atrás. Gustounos moito e foi moi orixinal!




EMMA fixo un debuxo dunha muller ASTONAUTA. A raíz diso coñecemos a VALENTINA TERESHKOVA,  a primeira muller no espazo!
Seguiremos investigando esta semana un pouco máis.



18-04-2018
Esta mañá YANIRA sorprendeunos cunhas galletas espaciais, vaia reposteira tíñamos sen sabelo!

YANIRA explicounos cómo as prepararon, que lles puxeron cor e que as decoraron con formas de estrelas e planetas. Quedaron espectaculares e causaron furor na clase!!! Cando as comemos descubrimos as linguas de cores como auténticos extraterrestres!! 

27-04-2018
Estes días seguiron chegando novas aportacións!
NEREA tróuxonos un conto moi chuli de coelliños ASTRONAUTAS!!! Contouno moi ben e gustounos un montón. Tamén trouxo unha pelota do PLANETA TERRA. Esta pelota ademais de ser un xoguete que nos encanta, serviranos para comprender mellor algunhas cousiñas do proxecto proximamente!
VALERIA aportou un ASTRONAUTA de playmobil e un libro do espazo "Aventura en la Luna" que xa comezamos a empregar nas nosas investigacións.
CALUDIA trouxo un libro "La Tierra y el cielo" que tamén comezamos a empregar nas investigacións.
Os libros e atlas son moi útiles e empregámolos case a diario para ir facendo averiguacións e profundar pouco a pouco no coñecemento do universo e dos elementos relacionados. 

Este pasado luns tivemos a visita da familia de MANUEL. Entre todos explicáronnos unha pila de cousas chulas!!!
Entre todos foron explicando todo empregando un libro xenial sobre o universo. Faláronnos das CONSTELACIÓNS, dos ASTRONAUTAS, dos PLANETAS, SISTEMA SOLAR, GALAXIAS, VÍA LÁCTEA, das naves espaciais, ESTACIÓNS ESPACIAIS, SATÉLITES, dos ROBOTS de investigacións... para facelo non só leron o libro, senón que o foros explicando coas súas palabras e con datos curiosos, como cando ÁLEX nos falou de que os astonautas empregan PAÑALES!!!
MANUEL E ÁLEX viñan caracterizados de astronautas americanos e traían unha chea de reproducións de xoguete para poder explicar todo mellor. 
Trouxeron tamén unha lanterna de diapositivas espaciais e outra de figuras que nos encantaron!!!! Na escuridade é como estar realmente no espazo!
Por sorte para nós comparten con nós todos  os materiais para poder repetir as experiencias e empregalas nas novas investigacións e recordar o aprendido!
Unha das cousas que nos chamou moito a atención foi a colección de CROMOS do UNIVERSO feita por ÁLEX! Está claro o esforzo e ilusión que lle puxo!!!!
Para rematar compartiron con nós unhas pastas de ESTRELAS e LÚA que eles mesmos fixeron!!!
Encantounos a súa visita e que buscaran un oquiño para nós. moitas grazas por achegarvos e compartir esta experiencia!!!



05-05-2018


Como sabedes os vosos materiais axúdannos a continuar as nosas investigacións, repasar o que xa vamos aprendendo e a motivarnos cara o proxecto. ANDRÉS aportou uns libros divertidísimos que non se cansan de empregar no recanto do Universo!!!
EMMA fixo unha pequena manualidade dun SOL que xa forma parte dos nosos murais e aula.
IAGO trouxo un libro do Sistema Solar xenial que xa estamos empregando nas nosas investigacións. 

NEREA foi moi oportuna cunha manualidade das FASES DA LÚA. Veunos moi ven posto que xusto estabamos comezando a centrarnos nela. Así, aproveitamos para experimentar creando as nosas propias fases: CHEA, MENGUANTE ou DECRECENTE, NOVA e CRECENTE.
NEREA mostrounos as fases e experimentamos para velas. O venres experimentamos dunha forma especial, con galletas de nata!!!
Estudar as FASES DA LÚA facendo que a Lúa CHEA se converta en MENGUANTE/DECRECENTE, desapareza sendo NOVA para logo reaparecer en CRECENTE foi divertido, interesante e rico!


08-06-2018
Fai un tempiño que non actualizo esta sección, pero tíñamos moitas cousas a medias que por fin vamos rematando.
Como sabedes estabamos achegándonos ós planetas do Sistema Solar. Descrubimos unha chea de cousas por medio das nosas investigacións nos libros e materiais que nos traedeS (como as últimas aportacións de YANIRA e VALERIA) e no ordenador. 


Un por un fomos descubrindo cousiñas interesantes de cada planeta e fomos construíndo estos sistemas solares que agora decoran a clase.

Houbo moitas cousas interesantes. Por exemplo agora sabemos que MERCURIO é o planeta máis próximo o Sol e polo tanto vai moito calor. Mercurio está cheo de CRÁTERES causados por METEORITOS, igual que lle pasa á LÚA. 
VENUS tamén está moi quente e ten moitos volcáns. dente a Terra pode verse como se fora unha estrela brilante no ceo.MARTE é coñecido como o PLANETA VERMELLO e ten o VOLCÁN máis grande do Sistema Solar que se chama "Monte Olimpo". 

En relacion a este fixemos unha actividade na que creamos os nosos volcáns. Aquí tedes un exemplo co debuxo de MATEO en 3D, quedoulle espectacular! (A aplicación chámase Quiver, por se queredes probar na casa con este ou outro debuxo)


Da Terra xa sabíamos moitas cousas, e agora moitas máis, como que pola cantidade de auga que a cubre lle chaman o PLANETA AZUL.

De XÚPITER aprendemos que ten unha tormenta impresionante que dura xa hai 400 anos!!! Por iso se ve unha mancha vermella. Tamén que ten Lúas que xiran ó redor, e que os científicos cren que en Gamínedes e Europa pode haber vida porque teñen auga en forma de xeo. Por iso cada un creou o seu propio EXTRATERRESTRE para levar á casa. Que nós somos TERRERTRES porque vivimos na TERRA e os EXTRATERRESTRES chámanse así por ser de planetas distintos á Terra.





Pola súa parte SATURNO ten aneis de ROCAS e XEO. 
URANO está inclinado e trada un montón en dar unha vol ta ó SOL e NEPTUNO ten uns ventos fortísimos!!!

Co fin das investigacións dos planetas do Sistema Solar comezamos con outras cousiñas, como as constalacións.
As constelacións encantáronnos e atopamos moita información sobre elas. Coñecemos moitas pero en principio quedámonos con 4 que plasmamos nun mural de clase: ORIÓN, CASIOPEA e as OSAS MAIOR e MENOR. 
Ademais tivemos a sorte de saber máis delas a través da visita a un Planetario de verdade no cole!!!!
Pare entrar confeccionamos unhas identificacións especiais da NASA.
Foi impresionante ver dunha forma tan espectacular planetas, estrelas e constelacións. Aprendemos moito e deunos pe a seguir investigando!!!
 Por exemplo, sobre as nosas constelacións, as dos Signos do Zodiaco. A raíz de descubrir as nosas constelacións, elaboramos un "TELESCOPIO" especial para velas sempre que queiramos.

Como vedes, as viaxes espaciais están moi presentes na nosa aula, polo que nos achegamos por suposto ós ASTRONAUTAS, dos que xa viramos cousiñas, pero dos que descubrimos moito máis.

Entre elas descubrimos que o primeiro SER VIVO en ir ó espazo fíxoo nunha nave chamada SPUTNIK 2, e foi unha CADELIÑA chamada LAIKA!!!!

Imagen relacionada
LAIKA

Logo o primeiro SER HUMANO en ir ó espazo foi un ASTROAUTA chamado YURI GAGARÍN, a primeira muller VALENTINA TERESHKOVA (á que xa coñecÍamos) e en pisar a LÚA foi NEIL ARMSTRONG.
Resultado de imagen de yuri gagarin
YURI GAGARÍN
Imagen relacionada
VALENTINA TEREHSKOVA
Resultado de imagen de neil armstrong
NEIL ARMSTRONG




E seguindo coas naves, hoxe fixemos a nosa propia CARREIRA ESPACIAL!!! Competindo entre nós para ver quén mandaba o seu cohete máis lonxe. Pasámolo pipa!

Continuamos traballando no proxecto e temos cousiñas aínda por mostrarvos!






1 comentario: