Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

Recursos de relaxación

Nesta sección do blogue gustaríame compartir algunhas técnicas de relaxación que empregamos na clase e recursos para poder empregalas se vos interesa.

As actividades de relaxación teñen presenza na nosa aula polos múltiples beneficios que nos reportan:
    -Alivian os músculos do corpo e diminúen  o estrés mental.
  -Aumenta a confianza en si mesmos e nos compis, a memoria e concentración, o que mellora a calidade da aprendizaxe.
    -Mellora e estreita as relacións entre os cativos e tamén comigo.
    -Despois dunha máis ou menos intensa actividade intelectual ou física, a relaxación permite acadar un estado de benestar, tranquilidade e concentración para realizar a súa próxima actividade.
     -Canaliza a enerxía, axusta o nivel de actividade e produce un benestar global.
     -Os estudos mostran que tamén axuda a superar a timidez.
     -Axuda a aumentar a sensibilidade e mellorar a calidade do sono.
    -Mellora a circulación sanguínea, diminúe a ansiedade e estrés...

Aquí vos deixo algunhas das técnicas de relaxación que emprego  e recursos:
 -Relaxación con música.

-Masaxes en grupo ou por parellas.
-Actividades de respiración e relaxación muscular progresiva de Jacobson (tensamos deliberadamente certos músculos para logo relaxalos despaciño).

-Ioga sinxelo/visualizacións para nenos (como YOGIC en youtube).


Outra actividade interesante son as "Adiviñas silenciosas"

As adiviñas sinlenciosas melloran a nosa capacidade de concentración, atención e relaxación. Ademais no noso caso podemos repasar cousas que aprendemos dunha forma diferente.
Para este xogo precisamos que non haxa distraccións na habitación. Non o debemos facer se estamos nerviosos, e nese caso deberíamos comezar por unha actividade de relaxación como as masaxes ou unhas respiracións...
As adiviñas silenciosas son un xogo ó que moitos xa teredes xogado.Ttrátase de facer debuxos simples nunha man, na barrigola, nas costas... poden ser debuxos de obxectos sinxelos e moi coñecidos, poden ser letras,  números, formas xeométricas... Ó que llo facemos ten que adiviñar o que lle debuxamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario