Comezamosun novo curso da etapa de educación infantil. Como será? Pois aquí coñeceredes máis de preto as nosas rutinas ;)
Por suposto as actividades cambian para adecuarnos ós especialistas que veñen á aula ou o tipo de actividades planificadas para o proxecto. Así a 2ª e 3ª sesión poden variar bastante dependendo do que traballemos.
Tamén hai que considerar se estamos na xornada partida ou continua.
Tamén hai que considerar se estamos na xornada partida ou continua.
Polo medio das sesións e actividades máis fixas alternamos outras actividades de transición como cantar, xogar na pizarra dixital, ver vídeos musicais infantís, bailamos todo tipo de estilos musicais, facemos dramatiacións, realizamos actividades de relaxación e educación emocional...
Os momentos básicos da xornada por sesión serían:
1ª Sesión:
ENTRADA:
Chegamos ás 9:30 e agardamos por todos os nenos e nenas facendo unha fila na entrada do cole. Cando xa estamos todos e estamos tranquilos entramos nas aulas.
Chegamos á nosa clase, quitamos as chaquetas e bandoleiras e sacamos as axendas. Logo colgamos todo no percheiro e poñemos o mandilón. Feito isto, sentamos nos coxíns para a asemblea.
Vemos quén é o encargado ou encargada seguindo a orde que xa temos establecida. Designado o encargado, este pasa lista, contan cantos nenos e nenas faltan ese día ó cole, contan os nenos e nenas que asisten, vemos cantos somos...
O encargado di qué tempo fai, en qué día, mes, ano e a estación na que estamos...
O encargado di qué tempo fai, en qué día, mes, ano e a estación na que estamos...
Tamén traballamos diferentes actividades lúdicas de razoamento lóxico (cálculo mental con sumas sinxelas, lóxica, interiorización da serie numérica…).
Xogamos coas letras construíndo o nome do encargado, contando letras, buscando outras palabras coas letras do nome, reproducindo sons e xogando con eles...
O encargado escribe o seu nome, os números que sabe, debúxase, debuxa as formas xeométricas que coñece...
O encargado escribe o seu nome, os números que sabe, debúxase, debuxa as formas xeométricas que coñece...
ASEMBLEA:
Este é un momento no que priman as relacións. Aproveitamos para falar sobre diferentes temas: vida cotiá, acontecementos importantes persoais ou noticias de actualidade, vivencias, aspectos do proxecto que se está a traballar nese momento...
Aproveitamos para presentar materiaisdos proxectos, observamos láminas, dialogamos (respectando as quendas de palabra, escoitando ós demais, etc.), En ocasións visionamos pequenos vídeos relacionados co que vamos traballar a continuación ou en relación a algo que xurde polos materiais que chegan a aula, cantamos unha canción lemos algo especial...
Realizamos xogos de estimulación lingüística, o que chamamos "ximnasia de lingua", e que pretende mellorar a nosa fala.
Rematamos falando das actividades que nos agardan para o resto do día.
A duración deste momento da xornada é o que acostuma a variar máis en función do concentrados e motivados estén.
2ª Sesión:
TRABALLO INDIVIDUAL:
Este é un dos momentos de máis traballo para o encargado xa que axuda a repartir os materiais.
Este momento da mañá é o mellor para actividades en papel que requiren máis concentración, atención e capacidade de abstracción. Moitas veces introducimos as actividades ou corrixímolas coa pizarra dixital para que se motiven e chamar a súa atención e dinamizar a actividade.
Por exemplo, saen a escribir números, trazos, letras, un xogo sinxelo, un vídeo, imaxe... sempre en relación ó que se vaia facer logo en papel.
Cando rematan van gardando o traballo no seu lugar e reláxanse cun conto.
Por exemplo, saen a escribir números, trazos, letras, un xogo sinxelo, un vídeo, imaxe... sempre en relación ó que se vaia facer logo en papel.
Cando rematan van gardando o traballo no seu lugar e reláxanse cun conto.
Como é un momento no que precisan concentrarse e nos gusta falar moito, acostumamos a pór música tranquila e resúltanos máis sinxelo non falar ou facelo baixiño.
Se rematamos pronto xogamos un pouquiño.
Se rematamos pronto xogamos un pouquiño.
Cando todos rematan e xa descansaron uns minutiños recollen.
A MERENDA:
O momento da merenda é un momento ideal para traballar uns hábitos alimenticios saudables, os hábitos de hixiene e saúde, así como os de autonomía persoal.
RECREO:
Neste momento os nenos e nenas xogarán libremente e de forma espontánea. Fomentarase compartir o material, pedir axuda si o necesitan e axudar ós compañeiros/as que o precisen, etc.. O recreo dura media hora (de 12.15 a 12.45 en xuño e setembro/ de 11.20 a 11.50 de outubro a maio). Cando chegamos á clase collen cadansúa botella. Despois de beber colocamos as botellas no seu sitio e sentámonos.
3ºsesión
Comentamos o recreo para ver cómo nos portamos, se houbo algún roce falámolo, chegamos a acordos e facemos as paces.
Acostumamos a realizar unha actividade de relaxación que cambia. Algunhas veces relaxámonos con música tranquila e luz tenue, outras veces, facemos masaxes con música, facemos ioga... Esta é unha das actividades que máis disfrutan e coa que máis se relaxan.
É un momento non só de relaxación, senón de educación emocional. (Podedes ver máis información na pestana de "Recursos de relaxación")
PROXECTO:
Este momento traballaremos sobre o proxecto en si: recollendo todo o que se sabe, visionado de láminas, vídeos, procura de información, clasificación da información aportada polas familias, elaboración de murais e actividades plásticas sobre o mesmo, actividades en pape,...
Dependendo do tipo de actividade que tocara no proxecto e sobretodo cando temos a xornada continua, ó rematar aproveitamos para ler un conto, cantar, comentar algo do traballado, facer algún xogo, ir a pizarra dixital, relaxarnos...
4º sesión
HORA DO CONTO:
Nos coxíns, no recuncho da asemblea de aula, sentados en corro, contamos un conto, que pode ser da biblioteca de aula ou dun compi. Poden ter relación ou non co proxecto que estamos a levar a cabo. En ocasións son eu a que le o conto e, como xa sabedes, noutras ocasións son eles mesmos os que o contan ou facemos unha colaboración.
Logo da lectura temos un momento para conversar sobre o conto (así verificaremos ata que punto foi comprendido) e facemos algunha actividade sobre el: dramatización, debuxo, cambiarlle o final ó conto, etc.
Mediante os contos traballamos contidos da etapa, emocións, empatía, afectividade, sensacións, autoconcepto, confianza, convencións sociais, linguaxe, atención, creatividade...
COMEDOR:
Todos pasamos polo baño para facer pis e lavar as mans. Unha vez aseados vamos en fila ó comedor.
5º sesión
XOGO POR RECANTOS:
Os recantos de xogo favorecen o desenvolvemento da autonomía persoal, a adecuación ó ritmo de cada un e a relación con outros. Hai uns recantos fixos ( plástica, construcións, casiña e biblioteca) e o do proxecto que se traballe.
Observamos ós alumnos e alumnas valorando as súas actitudes, hábitos, valores, o xeito de cumprir as normas, capacidade de colaboración, si existen problemas entre eles, progresos acadados, dificultades, etc.
Esta sesión resulta moi útil para realizar manualidades e outras tarefas en grupos pequenos e individualmente.
Esta sesión resulta moi útil para realizar manualidades e outras tarefas en grupos pequenos e individualmente.
RECOLLIDA (este momento realízase ó final da última sesión da mañá na xornada única e repítese mañá e tarde cando temos xornada partida) :
Ningún comentario:
Publicar un comentario