Todo comezou coa volta de vacacións.
Pasados uns días repasando cousiñas que víramos antes do Nadal chegou unha
asemblea moi interesante!
Como sabedes, na
asemblea temos un anaquiño que adicamos a falar libremente daquilo que nos
apetece. Aquela fría mañá sorprendémonos coa cantidade de nenos e nenas
que coincidiron tendo pesadelos. Que estaba a pasar? Pese a que se nos pasa ó
espertar, ter pesadelos non lle gusta a ninguén.
Como xa estamos acostumados a buscar
solucións e a investigar, algúns compis foi o que suxeriron.
A primeira entrada que nos saíu foi unha
na que se falaba de “ATRAPASOÑOS”.
Nesta páxina atopamos o seguinte texto:
“Un atrapasueños es un objeto
propio del pueblo ojibwa, uno de los pueblos nativos de América del Norte,
compuesto por un aro circular sobre el que se teje una red en forma de tela de
araña, y que suele estar decorado con plumas y cuentas.
Para los ojibwa, un atrapasueños es capaz de filtrar los
sueños dejando pasar solo los sueños positivos, siendo que los malos sueños
quedan atrapados en la red y desaparecen con la primera luz del alba.
INDIOS OJIBWA |
Con el objetivo de evitar las pesadillas y alejar las malas
energías y los espíritus malvados, los atrapasueños deben colgarse en las
cabeceras de las camas o sobre las cunas de los niños. Su finalidad es la de
desvanecer las pesadillas o esas visiones malignas que las personas podemos
tener
de vez en cuando.”
INDIOS WAMPANOAG |
Tan pronto como rematei de lerlles o
texto, NEREA suxeriu que debíamos construír un, e todos os compis estiveron de
acordo!
Tamén lles fixo moita graza o dos OJIWA, polo
que os buscamos e descubrimos que eran un pobo INDIO.
Por suposto, todos
recordaban os indios WAMPANOAG que coñecemos no proxecto dos castelos.
Feitas estas averiguacións comezamos a
facer os ATRAPASOÑOS, e a medida que traballábamos neles máis cousas queríamos
saber sobre indios. Así foi como decidiron que era hora de comezar co novo
proxecto.
Facer os ATRAPASOÑOS levounos unha pila de días!!!
Primeiro cada un pintou a parte con forma de círculo como quixo. Logo tocou coser o atrapasoños pasando o fío polos furadiños seguindo a serie númerica. Feito isto, cortaron palliñas de cores e puxéonas na tea de araña que coseran. Xa ía collendo forma!
Agora tiñan que escoller 9 boliñas de cores, dividilas en 3 grupos de 3 boliñas, insertalas nos fíos e elixir as plumas de dúas en dúas para que eu puidera pegalas.
Déronlles moito traballo, pero quedáronlles xenial como sempre!
Enviada a nota comezaron a chegar materiais!
YANIRA e MANUEL trouxeron uns PENACHOS indios xeniais!!! MANUEL tamén trouxo PLUMAS e información sobre o que significaban para os indios. Lendo a información decubrimos que as plumas dos penachos simbolizaban o valor dos que os portaban, as batallas gañadas e a súa importancia na tribo. Así o XEFE INDIO era o que levaba o PENACHO con máis plumas da tribo.
YANIRA tamén trouxo un pequeno ATRAPASOÑOS moi chulo e que xa está no recanto dos indios.
ROI sorprendeunos cun auténtico XEFE INDIO e o seu cabalo. Seguros digo, porque rápidamente comentaron o enorme que era o seu PENECHO. Tamén trouxo debuxos fermosos dos INDIOS e explicounos que os indios vivían xuntos e durmían en tendas. Resulta que son TIPIS, e tipis trouxeron xustamente MANUEL e BELA!!
BELA fixo o seu TIPI con paus, tea, la e cartulina. Quedoulle estupendo e é perfecto para xogar co indio de Roi. Ademais púxolle unhas pegadas... menudo misterio, serán pegadas de oso, lobo ou de indio pillo gastando unha broma ó resto da tribo?!!! É xenial sen dúbida!
O tipi de MANUEL é grande para poder meternos nós, e de seguro que pasarán moi bos ratos dentro!!! MANUEL tamén trouxo un conto que pronto leremos.
Por último, ROI trouco unha moeda auténtica de Estados Unidos de 1820 na que se pode ver un BÚFALO e un INDIO AMERICANO. Quedamos impresionados!!!!
31-01-2018
Qué interesante está resultando este novo proxecto!!!
Estamos aprendendo unha chea de cousas interesantes sobre os indios e todo grazas a vosa colaboración, xa que en base o que van traendo, facémonos preguntas e investigamos un montón!
ROI trouxo un MACHETE e un ESCUDO. Descubrimos que empregaban o machete para moitas cousas: defenderse, cazar, preparar peles dos animais que cazaban, trocear madeira para o lume, cortar ramas... O escudo tiña unha decoración moi interesante: unhas ÁGUIAS, que descubrimos que son símbolo de sabedoría para os indios.
Ademais trouxo pezas de playmobil indios. Chamounos especialmemte a atención o TOTEM. Xa averiguamos moitas cousas sobre eles grazas a que estamos vendo de a poucos a peli "Hermano Oso". Sabemos que cada un ten un animal espiritual e en base a iso cada un ten o seu TOTEM. Seguiremos investigando sobre os TOTEM e sobre cal é o noso animal espiritual, porque é algo que nos está chamando moito a atención.
NEREA fixo unha reprodución dun poboado indio!!! Quedou moi ben e ten moitos detalles. No poboado podemos ver un par de TIPIS. Estos días descubrimos que os TIPIS os construían as mulleres indias con pel de bisonte que preparaban con moito esforzo e con paus deixando un oco na cima para deixar saír o fume.
Aparecen 3 indios e de entre eles sabemos que o XEFE INDIO é o que ten máis plumas no seu PENACHO. Tamén se poden ver 2 cabalos. Nestos días vimos que hai distintas razas de cabalos: uns son máis grandes que outros, teñen máis ou memos pelos,uns máis ou menos fortes...e destes tamén sabemos que acostumaban a ser cabalos MUSTANG. Deixamos pendentes as investigacións relacionadas coa fogata.
VALERIA e IAGO trouxeron uns PENACHOS moi chulis! Contamos as plumas, fixámonos nos cores e falamos de todas ascousas que sabemos dos penachos e das plumas.
MANUEL trouxo xoguetes de indios, un tipi, un carro e un totem que nos encantaron! Tamén trouxo unha baralla de familias do mundo na que aparece unha familia india. E por último trouco unha PIPA da PAZ!!!
A comezos deste proxecto descubrimos nun dos nosos libros o que signigicaba a PIPA da PAZ e pareceunos moi interesante!
Esta PIPA está equpada con decoracións de tea e plumas e un símbolo dunha frecha rota que MANUEL explicou que simboliza a PAZ.
Seguiremos traballando os símbolos que empregaban!
Ademais falounos de 4 tribos distintas:
-CHEROKEES
-NAVALLOS
-APACHES
-SIOUX
Resulta que hai unha chea de tribos!!!
Así parámonos nas vestimentas dos indios:
-empregaban peles de animais que cazaban como antílopes ou bisontes
- nos pés van os "mocasines"
-na cabeza penachos e tocados con plumas
-moitas veces peiteábanse con trenzas
-adornábanse con colares que eles mesmos facían
-moitos pintaban a súa cara e corpo
As tribos indias tiñan moitas cousas en común, pero eran diferentes ó mesmo tempo.
THIAGO sorprendeunos cun arco e frechas e ensinounos a empregalo!
Descubrimos que a bolsa onde se levan e un CARCAJ. Os indios acostumaban a decoralos. Arcos e frechas eran moi importantes para a caza.
23-2-2018
Seguimos traballando no proxecto a toda máquina e a semana que ven traeremos imaxes das cousiñas que estivemos facendo nestes días e que temos case rematadas: colares, murais, modelados... Estamos desfrutándoo moito!
Polo momento traio algunhas imaxes que tiña agardando, como as aportacións de ROI e MANUEL que trouxeron polo Entroido: dous colares chulísimos!
Os indios acostuman a empregar adornos como estos feitos con plumas, osos,...YANIRA e MATEO coincidiron cuns debuxos dun indio no seu TIPI.
ROI trouxonos uns playmobil dun INDIO e un LOBO. Encántanos xogar cos playmobil que foi traendo!
MATEO sorprendeunos disfrazado de INDIO!!! Viña moi ben caracterizado. Díxonos que o disfrace parecía de pel de bisonte e era certo! Mostrounos o fermoso PENACHO que fixeron xunto co MACHADO, ARCO e FRECHA, todo moi logrado!
Sen dúbida estamos desfrutando moito do recanto dos indios. Aquí deixo algunhas imaxes.
Esta semana tivemos unhas visitas moi especiais.
O mércores chegamos e atopamos unhas pegadas que levaban ó TIPI. Todos as recoñeceron como pegadas de LOBO. Rastrearon as pegadas igual que vimos facer na peli de "Hermano oso" e atoparon un lobo e uns contos: "La obejita que vino a cenar" e "¡Voy a comedte!.
O xoves atopamos no buzón un papel con distintas pegadas e o nome do animal o que pertencían. logo decatáronse de que había unhas pegadas diferentes ás do día anterior e recoñecéronas no papel como pegadas de MAPACHE. Rastrearon e atoparon un MAPACHE no tipi e un conto moi fermoso: "Un beso en mi mano".
Hoxe venres atopamos pegadas de RATO e, por suposto, atopamos un ratiño acompañado dun conto moi simpático: "Un becho estraño".
Son uns fantásticos rastreadores!
12-3-2018
Por fin podo actualizar esta sección! Como sabedes tiñamos varias cousiñas a medias e xa as traio para mostrar!
Comezamos cos materiais que foron chegando.
CLAUDIA traballou na casiña nun mural xenial de repaso das costumes dos indios e que nos explicou estupendamente caracterizada cunha VINCHA preciosa! Así repasamos todas as cousiñas que empregan: plumas, penachos, peles, canoas, cultivos, tipis... Ademais repasamos cómo se comunicaban: sinais de fume, sinais coas mans... Moito nos gustan os sinais coas mans e xa sabomos unha pila de xestos!
ROI facilitounos un libro xenial para as nosas investigacións e que xa empregamos en varias ocasións e un PENACHO/VINCHA moi chulo!!!
NAIARA fixo unha manualidade fermosa cun TIPI e unha TRIBO moi especial... SOMOS NÓS!!!! Empregou as fotos de todos os da clase colocándonos plumas para decorar as nosas cabeciñas de indios e púxoas facendo un diorama fermoso!!! Búscamonos e contamos as plumas de cada un, encantounos!
VALERIA reproduxo un TOTEM moi chulo! Empregou cartoliñas, goma eva, pinturas, celo... Xenial!!! O noso recanto está chulísimo!!!
EMMA trouxo ós membros dunha familia india feitos con tubiños de cartón. Traballou esmerándose moito e encántannos para xogar!!!
MANUEL trouxo imaxes dos animais espirituais da nosa tribo!!! Irémolos decoranto pouco a pouco para formas un mural ben chulo e orixinal!
Seguimos con estes fantásticos colares indios!!! Pintaron macarróns, cortaron goma eva amarela, fixeron unha serie de cores que fiaron nos colares e remataron escollendo plumas de cores. Traballaron un montón e quedáronlles xeniais!!!
Como sabedes tamén traballamos en papel, e moi especial foi cómo crearon unha historia fantástica de indios!!! Inventaron a historia, en castelán, e fómola redactando entre todos.
Falamos de cómo gardaban as súas historias debuxándoas en peles e paredes. Entre todos decidiron qué debuxarían para facer perdurar a súa creación. Aquí podedes ver o resultado!
Outra tarefa foi o modelado de indios, que nos levou varios días e que quedaron espectaculares!!!
Vendo a película de Hermano Oso decidimos que nós, como tribo precisábamos deixar as nosas pegadas nun mural. Como faltaron unha pila de compis tamén nos levou bastante rematalo!!!
Pouco a pouco fomos descubrindo un montón de detalles sobre os indios americanos, as súas costumes e forma de vida. Comezamos querendo convertirnos en indios e estamos rematando como unha tribo! Aquí vos deixo a imaxe do mural que pouco a pouco fomos completando e no que aínda incluiremos máis cousiñas entre todos.
16-03-2018
Menuda semana entretida que tivemos. Adicámonos á preparar os nosos TOTEMS e esforzámonos moito!!
Primeiro fixámonos nos tamaños que tiña cada caixa. Repartimos as caixas forradas segundo o tamaño que precisaba cada un. Logo falamos das cores que precisabamos vendo imaxes e pintamos con témperas. Uns pintaron caixa totalmente, outros puxeron manchas...
Logo fixemos os detalles que daban o toque especial a cada un: pegando algunhas pezas que se podían pegar con pegamento normal e pintando con pinceis as características especiais de cada animal totem.
Por último peleamos coas caixas para que se mantiveran unha sobre outra e listo: dous TOTEMS fermosos na clase!
1-TARTARUGA, DELFÍN, CABALIÑO DE MAR, RATO, PANTERA, ALBATROS. 2-CROCODILO, CABALO, CAN, CHIMPANCÉ, COLIBRÍ, COELLO, COIOTE, FALCÓN. |
02-04-2018
Menudos instrumentos musicais fixeron coa profe de música Teresa!!!! Quedaron xenial!
Como rematamos o troxecto era tempo de preparar as portadas dos traballiños e esforzáronse un montón!!!
Primeiro preparamos a portada do glosario de palabras relacionadas cos indios, logo a dos traballiños e quedaron xenial!
Rematados traballiños e portadas decoraron as bolasa que levaron para casa a modo de totem tradicional, impresionantes!
Para rematar por todo o alto celebramos unha merenda india espectacular na que cada un elaborou o seu propio TIPI e se caracterizou! Cada un vestiu cos colares e vinchas que prepararan con anterioridade e mesmo pintamos a cara! Desfrutamos un montón!!!!
Poñemos punto final o noso proxecto coa imaxe duns dos traballiños de ICÍA que non mostramos no blogue ata agora. Trátase dunha manualidade moi chula dun TIPI indio, 2 INDIOS, un LUME e un TOTEM xenial! Quedoulle moi ben e é a nosa despedida do proxecto.
No cole desfrutamos un montón con este porxecto e só queda darvos as grazas pola vosa colaboración!!!!
18-04-2018
Chegamos emocionados e atopamos un lugar fermoso no que coñecemos a tres indias moi divertidas chamadas: Cabelo Vermello, Cabelo Trenzado e Cabelo Recollido.
Comezamos bailando todos xuntos e logo entramos nunha preciosa estancia nada nos descalzamos para estar máis cómodos. Alí prepararon eles mesmos os seus disfraces de Indios Upha Upha con traxe e vincha. Logo pintaron a cara e xa parecían membros da tribo!
Logo decoraron un instrumento, un Tac tac. Eles mesmos buscaron os paus e pasárono pipa buscando polo campo. Mentres ían rematando ían cantando e tocando cos seus tac tacs.
Fóra comezamos coa busca do tesouro, na que por medio dunha chea de xogos foron conseguindo pistas de onde estaba o tesouro. Imitaron animais, fixeron competicións por equipos con globos e por parellas, carrexando "ovos" en culleres, xogando a pasar pelotas baixo as pernas e sobre as cabezas... moi ben o pasaron!!!!
Logo descubriron que o tesouro estaba no tipi indio!!!
Rematamos cunha comilona e logo repartíronnos o tesouro antes de voltar.
Desfrutamos como verdadeiros indios Upha Upha!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario