Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

xoves, 24 de novembro de 2016

Preparando follas de OUTONO!

Moitas grazas por mandarnos as folliñas que axudastes a recoller, xa as puxemos a secar. Son moi fermosas!
Aproveitamos para colocalas con coidado repasando as cores e agrupándoas por cores.


Arboriñas de OUTONO!

A pasada semana comezamos a preparar unhas arboriñas de OUTONO. Empregando as nosas mans, dediños máxicos e as cores de outono fixemos unhas árbores moi chulas para decorar a nosa clase.

xoves, 17 de novembro de 2016

Un convidado especial!

Durante un tempiño tivemos na aula un profe en prácticas que traballou con nós na aula e que fixo actividades moi chulas!

venres, 4 de novembro de 2016

Magosto entre castañas!

Esta tarde celebramos o Magosto no cole e puxémonos as botas papando castañas!