Durante un tempiño tivemos na aula un profe en prácticas que traballou con nós na aula e que fixo actividades moi chulas!
Entre outras cousas traballamos con Ismael na PDI cuns xogos de lóxica matemática relacionados co noso proxecto dos poliños moi chulos; achegamonos á vida rural e urbana; "modelamos" formas xeométricas e desenvolvemos a nosa imaxinación con pasta de papel e depresores de cores; contounos un conto precioso; e trouxo uns materiais de estimulación sensorial xeniais!
Pasámolo moi ben, gustounos moito telo con nós e desexámoslle o mellor!
Ningún comentario:
Publicar un comentario