Como sabedes, mañá día 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller. Nós fixémolo hoxe.
Comezamos falando sobre qué é o día da muller e por qué se celebra. Logo contamos
o conto "Cuando las niñas vuelan alto" de Raquel Díaz Reguera. Este conto deunos a oportunidade de reflexionar, falar sobre o tema e falar sobre aquelas cousas que nos gustaría facer cando sexamos maiores e qué pila de cousas queren facer!!!

Grazas a vosa colaboración, e ós materiais que nos prestastes no día de hoxe achegámonos ós traballos das mamás. Explicaron qué traían e faláronnos dos traballos que facían. Tamén os empregamos para facer un par de gogos cos que o pasamos pipa!
Moitas grazas por colaborar!
Ademais preparamos unha tarxeta de felicitación para as nosas súper heroínas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario