O Meco este ano trouxo unha semana divertida para todos!
O LUNS trouxemos todo tipo de sombreiros e accesorios na cabeza, o MARTES garabatas moi orixinais, o MÉRCORES estivemos como na casa en pixama, o XOVES to
cou disfrace libre e o VENRES de oficios tradicionais galegos inundamos o cole!
cou disfrace libre e o VENRES de oficios tradicionais galegos inundamos o cole!
Foi unha semana moi intensa de Entroido!
Moitas grazas a todos e todas por participar nos mandados do Meco, desfrutamos moito con eles!
O venres foi o último día das celebracións e supuxo un gran esforzo para todos! Os nenos e nenas da clase traballaron moi duro nas súas GAITAS. Non foi nada sinxelo cortar os flecos que a adornaban, por sorte cortar a goma eva do FOL e recheala si o foi! logo preparamos os tubos que a compoñen: PUNTEIRA, RONCÓN e SOPRETE. Esforzáronse un montón para que estiveran listas a tempo e mesmo ensaiamos a canción coa que íamos a desfilar.
Das casas chegaron uns disfraces xeniais que puxemos rápidamente antes do desfile coa axuda dalgunhas nais que se achegaron a axeitar os disfraces! Moitas grazas!
Aínda que houbo percances coma sempre, pasamos unha semana moi divertida todos xuntos!
Aquí tedes un vídeo do último ensaio!
Antes de desfilar fomos quentando motores e logo vimos os compis do cole!
Entre os oficios tradicionais puidemos ver labregos e labregas, mariñeiros, pescadoras, costureiras, limpabotas, mineiros e mineiras... Está claro que se esforzaron moito e estaban impresionantes!
Tras o desfile sacamos unhas fotiños antes de marchar!
Moitísimas grazas a todos e todas por colaborar unha vez máis no Entroido!
Ningún comentario:
Publicar un comentario