
Neste mes de decembro preparámonos para o Nadal.
En Relixión, entre outras cousas prepararon uns bonecos de Papá Noeis e en alternativa uns Apalpadores.
O Apalpador encántalles, e por petición popular, decidimos escribir

unha carta sinxela na que pediron varias cousas para ver se había sorte e caía algo no Nadal. Levámolas para casa xa fai días para que cheguen a tempo!

En música e inglés prepararon uns adornos fermosos !
En clase tamén fixemos outras decoracións sinxelas para decorar un mural de grupo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario