Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

sábado, 8 de outubro de 2016

María José cóntanos un conto!

Resultado de imagen de cuento animales pinguino raton serpienteDende logo é unha sorte ter unhas profes que nos invitan a visitar as súas clases. A profe María José ademáis é unha contacontos estupenda!
Así visitamos a clase
de 4 anos, onde nos contou 2 pequenos contos xeniais.
O primeiro fixo aparecer 5 ratiños na súa clase para contarnos unha historia que nos encantou.
O segundo, seguindo cos ratiños que nos encantan, foi "¿Un ratón?, no que tiñamos que adiviñar animais. Un conto cunhas cancións moi simpáticas de animais que nos mantivo moi atentos para ver qué aparecía.
Gustounos un montón!
Ademais coñecemosa súa clase, ós compis e un pouquiño máis á profe María José.
Moitas grazas por invitarnos, pasámolo moi ben!

Ningún comentario:

Publicar un comentario