Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

venres, 28 de outubro de 2016

Semana de Samaín entre MEIGAS! Habelas, hainas!

Este ano achegámonos a persoaxes galegos relacionados co Samaín e en 4º de infantil centrámonos nas MEIGAS.
Fixemos unha manualidade de bruxiña que
quedou xenial.
Fixemos unhas tarxetas sobre as MEIGAS de recordo. Pintámolas e fixémoslles un marco de gomets. Quedaron moi bonitas!

Ademais entre as dúas clases de 3 anos fixemos unha MEIGA para colaborar no mural de Samaín de infatil e quedou xenial! Pintamos con témperas de cores empregando pinceles e bastóns das orellas, pegamos goma eva e la e cortamos tiras amarelas e laranxas de papel para a vasoira
As clases de 4 fixeron unha MOURA (a fada galega que non ten ás) e os de 5 un TRASGO. Están feitos uns artistas!

Por último, hoxe contamos un conto moi especial "La Bruja Brunilda" que nos encantou!

Para rematar déixovos unha canción que estivemos aprendendo e que nos encanta: "La Brujita Tapita"

Ningún comentario:

Publicar un comentario