Este ano, dende os Equipos de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega, temos como proxecto central a aproximación as lendas galegas. Por iso irémonos achegando a elas ó longo do ano a través das distintas conmemoracións.
Así, este venres conmemoramos o Día das Bibliotecas e fixémolo na compaña de Sorisco, o Trasgo Comecastañas de Álvaro Cunqueiro.
Realizamos unha pequena actividade animación na biblioteca do centro para aproximarnos a esta personaxe tan simpática, e
decoramos uns pins conmemorativos deste día.
Aquí vos deixo algunhas imaxes da actividade e dos pins.
Ningún comentario:
Publicar un comentario