Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

mércores, 28 de decembro de 2016

Remate do primeiro trimestre e celebración do Nadal!!!

Agardo que esteñades desfrutando das vacacións de Nadal! 
Resultado de imagen de navidad gif animados
Rematamos o trimestre coa celebración dun día especial adicado ós nenos. Pasámolo moi ben nos talleres de baile, de maquillaxe, de orelliñas e no de adornos de Nadal. 

Tamén nos gustou moito bailar para vós, aínda que nos dera algo de vergoña!  
Logo comemos un pouco para repoñer forzas e xogamos na clase todos xuntos. 
O certo é que rematamos con cariña de sono logo de tantas emocións.
En fín, aquí vos deixo un vídeo con algunhas imaxes desa última xornada. 
Deséxovos un bo Nadal e próspero ano novo a todos!!!
Vémonos á volta ;)

(IMPORTANTE: Para ver en grande pulsade na frecha da esquina superior dereita. Podedes regular maior calidade na roda de axustes da barra inferior.) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario