O mural de Outono xa leva un tempiño na nosa parede, pero ata hoxe non sacara fotos para o blog.
Tivemos que deixar secar as follas que trouxeron durante máis dunha semana, pero quedaron estupendas.
Unha vez que estiveron ben secas voltamos a clasificalas por cores, xa que moitas delas mudaron a súa cor ó secar.
A maioría mudaron de amarelas a marróns e moitas das vermellas escureceron un pouco.
Feito o traballiño de clasificalas, só nos quedaba a tarefa de seleccionar as máis chulas para o mural e iso foi o que fixeron por quendas. Pouco a pouco coloquei as follas que eles consideraron máis axeitadas da forma que pensaron máis adecuada. Unhas quedaron repartidas pola árbore, outras caendo... Levounos un par de días todo o proceso, pero quedou estupendo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario