Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

sábado, 20 de maio de 2017

Letras Galegas 2017!!!


Este ano 2017 as Letras Galegas homenaxean a Carlos Casares. Por esta razón achegámonos a algunhas das súas obras, como "A galiña azul" e "Lolo anda en bicicleta".  
Tivemos unha exposición adicada a Carlos Casares e as Lendas Galegas que se estiveron a traballar no noso centro ó longo deste curso. 
En infantil decoramos un fermoso mural de Carlos Casares entre todos. Ademais desfrutamos da actuación dos alumnos das clases de pandereta. Fixérono xenial!!!


luns, 15 de maio de 2017

DÍA DA FAMILIA!!!

Hoxe 15 de maio celebramos o Día da Familia e quixemos preparar un recordo para levar á casa. Primeiro debuxamos a nosa familia (papis e irmáns). Logo preparamos a casiña: contamos 5 paus, pintámolos coas cores que máis nos gustaban, puxemos pegadas prateadas con bastoncillos das orellas e para rematar pegámolos facendo a forma dunha casiña. 
Agardamos que vos guste o regaliño, xa que, como vos puxemos na etiqueta, está "Feito a man con amor"! Deixamos unha forte aperta para todas as familias neste día tan especial!







xoves, 4 de maio de 2017

Día do Libro!

Este ano conmemoramos o Día do Libro confeccionando unhas manualidades nas que plasmamos varios poemas de GLORIA FUERTES, autora que estamos a traballar este ano.
En 3 anos traballamos o poema "Cómo dibujar una bruja", que escollemos en relación ó proxecto de Malos de Conto. Recollemos nun libriño o poema, e baixo o sombreiro e o caldeiro agachamos algunhas cousas típicas das bruxas.
En 4 anos traballaron o poema "Cómo dibujar un gato", en relación o seu proxecto sobre Exipto e por ser o gato unha elemento destacado na cultura exipcia. Con este poema foi co que máis nos rimos!
E os alumnos de 5 anos traballaron o poema "Cómo dibujar un castillo". Eles están a coñecer multitude de monumentos e edificacións no seu proxecto da Volta o Mundo.

Tamén decoramos uns marcapáxinas de Carlos Casares, o homenaxeado este ano para as Letras Galegas 2017.