Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

xoves, 29 de novembro de 2018

Día Internacional das persoas con discapacidade!

O 3 de decembro conmemoraremos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 
Reflexionamos sobre as cousas que nos diferencians uns de outros, sobre as cousas que temps en común, sobre os retos que teñen algunhas persoas e cómo os afrontan... Foi moi interesante!
Con motivo desta conmemoración, hoxe saímos ó patio todos xuntos para cantar a canción "Todos distintos, todos iguais" do CEIP ANTONIO FERNANDEZ LOPEZ de Oural, Sarria. Ensaiamos moito nas aulas e desfrutamos moito preparándonos!

luns, 26 de novembro de 2018

Día Contra a Violencia de Xénero!


Este ano para comenmorar o Día Contra a Violencia de Xénero realizamos varias actividades. Comezamos participando nun mural a nivel de centro. Plasmamos as nosas mans para simular a plumaxe dun páxaro. Trátase dunha iniciativa do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño. Tratábase de fa

Día dos Dereitos do Neno!


Este ano para conmemorar o Día dos Dereitos do Neno (20 de novembro), coñecémolos detidamente. 

Escoitamos e analizamos varias cancións que nos falaban deles e reflexionamos sobre o tema.
 Logo ó lon

venres, 16 de novembro de 2018

MAGOSTO!!!

Hoxe celebramos o Magosto no cole e pasámolo moi ben!
Por sorte para nós, os nenos maiores da profe Cris viñeron axudarnos a abrir as castañas, e este ano estaban boas case todas!!! Moitas grazas por colaborar traéndoas!
Para comer, xuntámonos os nenos das dúas clases de 5 anos e foi estupendo. Algúns compis non quixeron comer castañas ou fartáronse rápido e preferiron xogar un rato coas cousas do recanto de biblioteca e de plasti.  Foi xenial pasar a tarde todos xuntos!

Ademáis fixemos unha manualidade de recordo. Trátase dunha