Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

domingo, 29 de xaneiro de 2017

INVERNO

Levamos un tempiño traballando a estación de INVERNO e os cambios que sofre a contorna co cambio de OUTONO a INVERNO: frío, roupa, vexetación, animais, cores, alimentos...
Decidimos que tiñamos que cambiar o noso mural de OUTONO a INVERNO e entre todos pensamos que debía ter neve, un boneco de neve, alguén con roupa propia do inverno e un letreiro da estación.
Como nos gusta moito o conto de "LAS ESTACIONES DE POPY" pensamos que era boa idea poñer a POPY con roupa de inverno no mural. Pintámolo con pincel e puxémoslle unha bufanda e un gorro abrigoso. 
Fixemos tamén un boneco de neve con bufanda e sombreiro que decoramos entre todos con témpera sólida.
 Fixemos tamén “churros” con papel de laranxa para facer os brazos.
Modelamos unha nariz afiada con plasti laranxa.
Fixemos ademais uns botóns ós que lles puxemos os números: 1, 2, 3. Xogamos a ordenalos e colocámolos na barrigola do boneco de neve.
Logo cada un pintou un copo de neve de cor azul, pegoulle algodón e botoulle brillantina. 
Para rematar entre todos fixemos as sons das letras de INVERNO, logo ordenáronas para que puxera inverno e fóronmas dando para colocalas en orde a modo de cartel do noso mural.

Pode que engadamos máis cousiñas, pero xa está moi chulo!


venres, 13 de xaneiro de 2017

Regaliños de Nadal!!!

Este luns voltamos ás clases e atopamos unha sorpresiña especial. Nun recanto da clase había uns detalliños que nos deixaron entre os Reis Magos, Papá Noel e o Apalpador. Trouxeron xoguetiños novos para os nosos rincóns e encántannos!