Levamos un tempiño traballando a estación de INVERNO e os cambios
que sofre a contorna co cambio de OUTONO a INVERNO: frío, roupa, vexetación,
animais, cores, alimentos...
Decidimos que
tiñamos que cambiar o noso mural de OUTONO a INVERNO e entre todos pensamos que
debía ter neve, un boneco de neve, alguén con roupa propia do inverno e un
letreiro da estación.
Como nos gusta moito o conto de "LAS ESTACIONES DE POPY"
pensamos que era boa idea poñer a POPY con roupa de inverno no mural. Pintámolo
con pincel e puxémoslle unha bufanda e un gorro abrigoso.
Fixemos tamén un
boneco de neve con bufanda e sombreiro que decoramos entre todos con témpera
sólida.
Fixemos tamén “churros” con
papel de laranxa para facer os brazos.
Modelamos unha nariz afiada con plasti laranxa.
Fixemos ademais uns botóns ós que lles puxemos os números: 1, 2,
3. Xogamos a ordenalos e colocámolos na barrigola do boneco de neve.
Logo cada un pintou un copo de neve de cor azul, pegoulle algodón e
botoulle brillantina.
Para rematar entre
todos fixemos as sons das letras de INVERNO, logo ordenáronas para que puxera
inverno e fóronmas dando para colocalas en orde a modo de cartel do noso mural.
Pode que engadamos máis cousiñas, pero xa está moi chulo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario