Este venres saimos de excursión os nenos
de 4º de infantil e pasámolo xenial!
Visitamos o Centro de Interpretación Terras do Miño, situado
no paseo do río Rato en Lugo. Alí, faláronnos da importancia de manter un
entorno limpo e coidado no que animais e plantas poidan vivir sans e felices.
Coñecemos unha chea de animais que viven na área do Río Miño
e xogamos ás adiviñas cun xogo de luces e audicións a escuras.
Rematada esta visita demos unha volta polo paseo do Río Rato
atendendo ós arredores para tentar atopar algún dos animais dos que nos
falaron. Vimos moitas ras, paxariños, unha lagarta e unha casiña de paxaros
nunha árbore!
De volta no Centro de Interpretación mostráronnos un vídeo cunha
canción moi chula sobre o coidado da contorna natural.
Cando rematamos xa tiñamos moitísima fame e montamos no bus
para ir un parque xenial no que
merendamos e xogamos un bo cacho.
As mestras sentímonos moi orgullosas de todos polo ben que se
portaron, o que atenderon e cómo xogaron todos xuntos. Sen dúbida unha
experiencia xenial!!!
Déixovos unha montaxe resumo da experiencia. Podedes ampliar
na esquina superior dereita e regular a calidade na rodiña de abaixo.
Boa fin de semana a todos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario