Comezamos a traballar esta conmemoración a semana pasada decorando entre todo infantil un fermoso mural. Trátase dunha reprodución
da pomba dun pintor galego: Álvaro Caruncho.
da pomba dun pintor galego: Álvaro Caruncho.
No día da Paz, entre outras actividades relacionadas, desfrutamos tun teatriño na clase de 3 anos da profe Noemí!
O teatriño foi sobre o conto "Oso cazamariposas" de Susanna Isern.
Gustou moito e preparamos un recordo para a casa.
Para facelo pintaron macarróns"pajarita", pegaron papel crespón marrón a un plato de cartón, pintaron os ollos, fuciño e boca do osiño, escribiron apalabra PAZ no recordatorio da parte traseira e as frofes pegamos con silicona quente as partes que non se suxeitan co pegamento normal.
Osiños e mural quedaron moi chulos. Como sempre son uns artistas!
Traballamos o que significa "PAZ" para nós e os distintos símbolos que a representan como no caso dos indios á a PIPA DA PAZ ou o debuxo dunha FRECHA PARTIDA.
Falamos do que significou no conto que o osiño axudara ás bolboretas a saír da auga e a secar e como logo elas o salvaron. Estivemos de acordo en que se trataba dun Super Oso e que todos íamos tentar ser Super Osos no noso día a día. Con este fermosos pensamento rematamos o día!
Ningún comentario:
Publicar un comentario