Agardo que desfrutarades un montón das vacacións e cargarades as
pilas para este último curso en infantil... crecen rapidísimo!!!
HORARIOS:
Xa vos deixei o novo horario no apartado de rutinas e seguimos co mesmo horario de comidas de media mañá. Tamén
os enviarei mañá nas axendas.
AXENDAS:
Non esquezades anotar mañá na axenda todo o referente a se van a
comedor, bus, outeiro tardes... e calquera outro detalle
que creades necesario ou dúbida que poidades ter. Recordade mandar a axenda aberta pola
páxina na que escribides para que sexa máis doado e rápido revisalas.
Moito ollo a comprobala todos os días xa
que xa dende o primeiro día enviamos informacións ou pode que vos escriba algo
referente ós nenos.
Pronto vos comunicarei a data para a
primeira reunión do curso.
Recordade:
Necesitamos xa dende o principio a axenda,
a gorra, un coxín, bandoleira coa comida
de media mañá e auga.
Todo debe vir co nome: roupa, libros,
accesorios...
Nada de cordóns nin mochilas.
Se están maliños non deben vir ata estar
totalmente recuperados. Queremos salvagardar o seu benestar, a saúde de todos e
evitar contaxios que moitas veces son evitables se os deixamos recuperar ó 100%
antes de retomar as clases.
Grazas
a todos e todas por colaborar e vémonos mañá!
Feliz curso, profe María!!!
ResponderEliminarIgualmente profe Marta!!! ;)
Eliminar