Na entrada de hoxe veredes todas as actividades relacionadas co Samaín deste ano, e son unha pila. Así que preparádevos que comezamos!
Hoxe tivemos a celebración oficial do Samaín, pero todo comezou hai un par de semanas cando ROI nos falou de OTZI!
Explicounos que OTZI é unha MOMIA real que atoparon en Italia e Roi coñecía un montón de datos.
Por sorte para nós, cando a familia de Roi nos visitou a semana pasada para realizar unha presentación para o proxecto da luz, aproveitaron para falarnos máis polo miúdo desta momia.
Explicáronnos quén era OTZI, cómo vivía, vestía e cómo morreu hai tantísimo tempo. Faláronnos de que viviu hai 4000 anos e que quedou conxelado cando fuxía dos seus enimigos xunto coas súas pertenzas. Quedou conservado como MOMIA ata que o descubriron uns alpinistas. Parece que OTZI tiña o corpo cuberto por varios TATUAXES e levaba un GORRO de pel de OSO, roupa e calzado de fibra vexetal e pel.
Ademáis trouxéronnos un libro que nos deixaron prestado para que puideramos velo con calma.
Encantounos saber máis desta momia real!
Logo, pouco a pouco fomos decorando. Así, preparamos a nosa porta de castelo con OLLOS terribles.
Fixemos un pequeno mural dunha BRUXA co seu GATO e acompañada dunha PANTASMA e unha CABAZA!
E fixeron unha manualidade que levaron xa para a casa dun GATO NEGRO que quedou estupendo!
Grazas a vosa colaboración tamén decoramos a entrada de infantil cunha chea de cabazas que vos quedaron espectaculares!
Xunto con estras supercabazas, colgamos as cabaciñas de todos e quedou unha entrada fermosa de Samaín!!!
A profe MARTA de Audición e Linguaxe continúa co Programa de Estimulación da Linguaxe e esta semana sorprendeunos co MONSTRO COMEMEDOS!!!
Cada un leu con pictogramas un texto sinxelo que completaron debuxando os seus medos. Logo un por un explicaron os seus medos e déronllos de comer ó mostro. Ó falalo e darllos de comer xa eran menos medos!
E hoxe por fin xa era o día grande de Samaín no cole!!! Todos viñan caracterizados e terroríficos!
Nesta xornada tivemos unha chea de contos de Samaín.
NEREA quixo deixar para hoxe o seu conto "LA CASA ENCANTADA" e contouno moi ben!
THIAGO pola súa parte trouxo un conto simpatiquisimo que nos encantou: "EL VAMPIRO EDELMIRO".
E MANUEL conotunos un conto con lanternas moi chulo que aínda que era de SAMAÍN, DEMOS EN RIR UN MONTÓN!!!
Os 3 fixérono xenial!!!
O conto de "CORRE, CORRE, CABACIÑA" foi o elixido como protagonistanesta ocasión para infantil, como xa sabedes pola manualidade tan chula que preparastes. Así, hoxe contámolo e cómo nos gusta este conto!!! NADIA sorprendeunos co ben que o sabía e deixounos pampos cos detalles.
Logo, todos xuntos bailamos a canción.
Como a saben bastante ben quixeron gravala para vós. Saíulles moi ben aínda que lles deu algo de vergoña. (Seleccionade a calidade e sinto tantas vibracións!)
E por se fora pouco BELA tróuxolles un agasallo ós compis, unhas PANTASMAS ricas ricas que mandamos para papar na casa!
Só nos queda desexarvos un Samaín de infarto con estas poses terríbles... bueno non todas moi terribles ;)