Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

domingo, 28 de outubro de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2018!!!

O pasado mércore 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas!!!! Para esta conmemoración todos traballamos contos relacionados co OUTONO e xuntámonos con outras clases. 
Resultado de imagen de XAIME E AS LANDRAS
Nós tivemos unha sesión de contacontos con títeres do conto "XAIME E AS LANDRAS" e xuntámonos cos nenos de 5º de infantil da profe Carmen. Pasámolo moi ben e logo decoramos unha MEDALLA co tema do conto. Foron moi orixinais!!! Levaron para a casa unha LANDRA para PLANTAR. A ver se teñen máis sorte que o protagonista do conto, que lle custou unha vida conseguir o seu carballo con LANDRAS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario