Parece mentira o axiña que pasou, pero rematamos infantil logo dun tempo xuntos moi especial e agora toca lembralo cun sorriso, desfrutar do verán e volver co dobre de forzas para desfrutar igual no futuro.
Menuda cantidade de actividades temos ultimamente!
A última a visita dos músicos da Escola de Música, que como cada ano nos visitan para falar dos seus instrumentos e para ofrecernos un anaco divertido tocando estupendamente, pasámolo pipa!
O xoves día 30 de maio visitáronnos para una sesión de contacontos especial. Nela, dúas estudantes de maxisterio contáronnos un conto dunha nena que non podía oír. Con elas veu unha intérprete de lingua de signos que nos ensinou cómo dicir varias cousiñas coas nosas mans. Tamén nos ensinaron unha canción en lingua de signos! Estivo moi ben e foi moi interesante.
O pasado venres 24 de maio visitounos o teatriño de títeres de Mircromina e a súa obra "Vacacións no mar". Unha obra divertidícima coa que os nenos e nenas escachaban coa risa!