O Samaín é
unha celebración de orixe celta que
o cristianismo reconverteu no Día
de Todos os Santos. A tradición celta marca que na última noite do mes de
outubro, celébrase a festa do fin da época das colleitas. Así, a noite do 31 de
outubro comeza o Ano Novo celta, remata o verán e entra o inverno. Nesta noite as ánimas dos mortos atravesan a porta que separa o
mundo dos vivos e dos mortos, e visitan as casas das súas familias para quentarse e tomar algo de
alimento.
Doutra banda, atopamos que
segundo algunhas crenzas populares, no Magosto comíanse castañas coa
satisfacción engadida de que por cada castaña se estaba salvando unha ánima de
sufrir no purgatorio!
Esta festa levaba unhas décadas esquecida, pero nos últimos anos está a volverse a recuperar
grazas ó traballo realizado nas escolas e en varios
concellos de Galicia.
Pola nosa parte, comezamos cunha exposición con todas as cabazas que decorastes na casa. Sen dúbida traballastes moi duro vendo todo o que chegou o cole!!! Quedaron preciosas e gustáronnos un montón!
Primeiro fixemos un fondo coas cores do outono: amarelo, laranxa, vermello, marrón e negro para o chan. Preparamos unha árbore sinuosa cengurrando e pegando papel de seda marrón.
Decoramos os monstruos estampando pintura de cores con corcho, pegando as pezas de goma eva, pintando con lápices de témpera sólida... Para terminar puxemos teas de araña. Quedoulles xenial e traballaron duro!
Para levar a casa decoraron tarxetas de Samaín e quedaron monstruosas!!!
Celebramos o Magosto todo 5º de infantil xuntos!
Ademais en honra das raices celtas desta celebración disfrazámonos de castrexos celtas!
Pasámolo xenial!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario