Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

martes, 26 de decembro de 2017

Decembro co Apalpador!!!

Agardo que esteñades desfrutando das vacacións de Nadal! 


Rematamos o trimestre cunha chea de actividades relacionadas co Nadal.
Comezamos recordando dous libros xeniais que trouxeron Roi e Manuel. Un libro de contos e un de adiviñas. Gustáronnos un montón!!!


Preparamos un mural para a entrada. Cada neno e nena de 4 anos decorou unha letra dunha mensaxe de Nadal.Ademais pintaron con
pincel unas pinzas para que quedaran ben chulas.

Logo sacmos unhas fotos e listo!



Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega estamos a desenvolver un proxecto que pretende reavivar as tradicións propias de Galicia, e o Nadal é unha oportunidade máis para facelo.
Atopamos o Apalpador, habitante entrañable das montañas do Courel, que cada Nadal ven para apalpar as barriguiñas e deixar algún agasallo. E mira ti que na clase apareceron unhas zocas de madeira feitas por el mesmo! Ademais de deixarnos unha marioneta de visita.
 Xogamos un pouco e logo fixemos uns adorniños sinxelos do Apalpador de recordo.




Como sabedes o Apalpador foi o gran protagonista este ano. Cada aula preparou unha parte dunha reprodución deste carboeiro e artesán. 
Nós decoramos a cabeza. Pintamos con acuarela, pegamos la laranxa na barba e boliñas de seda na boina. Deunos traballiño, pero quedou moi ben!
Era importante que quedara estupendo para as celebracións do último día, igual que tiñamos que ter una parte lista da manualidade do taller de adornos de Nadal.

Así, o último día celebramos uns obradoiros  especiais adicados ós nenos. Pasámolo moi ben nos obradoiros de conto, baile, maquillaxe, creación de boinas e no de adornos. 
Pese á vergoña, estabamos moi ilusionados con  bailar para vós!  
Logo da actuación comemos un pouco na festa para repoñer forzas e bailamos na clase todos xuntos. 
O mellor de todo a visita sorpresa do Apalpador!!!
Rematamos moi cansiños e emocionados ;)

En fín, aquí vos deixo un vídeo con algunhas imaxes desa última xornada. 
Deséxovos un bo Nadal e próspero ano novo a todos!!!
Vémonos á volta ;)
(IMPORTANTE: Para ver en grande pulsade na frecha da esquina superior dereita. Podedes regular maior calidade na roda de axustes da barra inferior.) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario