Chegamos emocionados e atopamos
un lugar fermoso no que coñecemos a tres indias moi
divertidas chamadas: Cabelo Vermello, Cabelo Trenzado e Cabelo Recollido.
divertidas chamadas: Cabelo Vermello, Cabelo Trenzado e Cabelo Recollido.
Comezamos bailando todos xuntos
e logo entramos nunha preciosa estancia nada nos descalzamos para estar máis
cómodos. Alí prepararon eles mesmos os seus disfraces de Indios Upha Upha con
traxe e vincha. Logo pintaron a cara e xa parecían membros da tribo!
Logo decoraron un instrumento,
un Tac tac. Eles mesmos buscaron os paus e pasárono pipa buscando polo campo.
Mentres ían rematando ían cantando e tocando cos seus tac tacs.
Fóra comezamos coa busca do
tesouro, na que por medio dunha chea de xogos foron conseguindo pistas de onde
estaba o tesouro. Imitaron animais, fixeron competicións por equipos con globos
e por parellas, carrexando "ovos" en culleres, xogando a pasar
pelotas baixo as pernas e sobre as cabezas... moi ben o pasaron!!!!
Logo descubriron que o tesouro
estaba no tipi indio!!!
Rematamos cunha comilona e logo
repartíronnos o tesouro antes de voltar.
Desfrutamos como verdadeiros
indios Upha Upha!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario