Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

venres, 27 de abril de 2018

Semana do Libro 2018!!!

axente riciños- hematocrito-9788491210559
O pasado venres 20 de abril damos o pistoletazo de saída á Semana do Día do Libro 2018 da man de Iago López Santos mestre en educación infantil e contacontos. E de
contacontos veu facer co conto "Axente Riciños". Cunha voz profunda que nos deixou pampos e pegados ás butacas asistimos á esta historia narrada de forma maxistral só sendo interrompido para rir a gargalladas!!!


O luns achegámonos un pouquiño a María Victoria Moreno, escritora a que se adican as letras galegas 2018.

Este ano é o 75 aniversario da publicación do libro "O Principiño".Por este motio realizamos unha serie de actividades relacionadas nesta semana tan especial. En infantil participamos na elaboración dun libro cooperativo que tomaba como base as ilustracións deste conto. Quedou xenial!
Seguindo con este aniversario tivemos unha sesión de Cine para visionar un fragmento da peli do Principiño (2015) xunto cos nenos do grupo B. Para facelo instalamos unha sala na nosa aula. Bela e Roi da outra clase ocupáronse de vender as entradas de cine. Claudia, Iago, Elias e Valeria  vendían as palomitas. Así cada un tiña uns cartiños cos que tiñan que pagar a súa entrada e palomitas, e logo tiñan que atopar a súa silla numerada. 
Fixérono moi ben e foi unha experiencia preciosa!

Para rematar a Semana do Libro tivemos a actividade de Liberación de Libros do venres.
Cada neno e nena participou  presentando e /ou caracterizándose dun libro ós compañeiros. Elexiron un dos libros que máis lles gustaban e presentárono ós compis. Foi moi divertido e fixérono moi ben!!!

Foi unha semana estupenda, moitas grazas por colaborar!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario