Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

mércores, 16 de maio de 2018

Día da Familia 2018!!!

Este martes 15 de maio conmemoramos o Día da Familia!!!! Tíñamos moitas ganas de que chegara este día para preparar e levar para casa os agasallos e así o fixemos. Fixéronos con moito agarimo e quedaron espectaculares!!!
Primeiro os peques estamparon o fondo do lenzo con estrelas de cores. Sacamos
unhas fotos que a profe recortou e pegou no lenzo e logo debuxaron e recortaron corazóns en gomaeva de cor vermello brillante que pegaron como se saíran voando. Son uns biquiños moi fortes para as súas familias!!!
Contamos o conto de "Un puñado de botones" e escoitamos a canción "Unha chea de familias".
Foi un día estupendo!
Resultado de imagen de un puñado de botones

Ningún comentario:

Publicar un comentario