Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

luns, 17 de abril de 2017

Fin da 2ª avaliación!




O último día de cole foi moi especial. Comezamos cun concerto xenial impartido polos profesores da Escola de Música de Outeiro, Rábade e Begonte. Desfrutamos de cancións infantís  e éxitos do momento ademais de poder ver de cerca diversos instrumentos, aprender de que están feitos e escoitar o seu son.

Xa na aula comentamos o concerto e merendamos.
Logo do recreo falamos da estación na que estamos e dos elementos que a compoñen. Falamos do tempo, das flores, dos animais... e xusto ahí falamos das bolboretas. Seguindo co tema tivemos
unha actividade de relaxación cun conto de bolboretas similar o de YOGIC que podedes ver debaixo. Gustounos moito e preparamos un recordo da actividade e de último día de clases antes das vacacións. Preparamos bolboretas cun Chupa- Chup e decorando as súas ás con gomets e cores alegres. Moi fermosos!




Ningún comentario:

Publicar un comentario