Comezamos este trimestre vestindo a nosa clase para a PRIMAVERA e quedou moi ben, nótase o que traballaron duro.
Preparamos un mural de primavera moi chulo. Para facer a árbore de primavera engurraron e pegaron papel crepe violeta. Logo plasmaron as súas mans con distintas cores a modo de flores ou follas da árbore.
Ademais fixeron uns paxariños fermosos. Pintaron con témpera rosa o corpo e con laranxa as patiñas. Cortaron as ás en papel estampado con moito coidado. Pegaron os olliños e papel estampado para facer das plumas da barrigola. Quedaron moi curriños!
Por último dictáronme a palabra "PRIMAVERA" e logo colocamos as letras mentres buscaban palabras coas letras que íbamos pegando sobre a árbore.
Tamén preparamos unhas bolboretas que penduramos na clase. Decoramos e picamos as súas ás. Pegamos papel celofán laranxa, decoramos con rotus de cores as pinzas que fan de corpo e pegamos todo. Quedaron estupendas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario