Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

luns, 17 de abril de 2017

Técnicas de relaxación!

Gustaríame compartir con vós unha das nosas rutinas. 
Como xa vos comentei noutro apartado deste blogue (Rutinas), logo do recreo acostumamos a relaxarnos escoitando música tranquila cos olliños pechados e baixando as luces. 
Chegamos do recreo acelerados pola actividade e o ruído. Cambiar a unha actividade que require concentración resulta moi complicado, polo que se fai preciso parar e calmarse.
Así, a actividade de relaxarnos con música resulta moi útil, ademais doutras técnicas de relaxación que sempre me deron moi bos resultados. 
Non se trata de actividades
que requiran demasiado tempo para realizalas, pero si de tempo de calidade e por iso na aula eliximos a actividade e adecuamos a duración á planificación do día e o noso ánimo.
Algunhas das técnicas de relaxación que emprego son relaxación con músicamasaxes en grupo ou por parellas; actividades de respiración; relaxación muscular progresiva de Jacobson (tensamos deliberadamente certos músculos para logo relaxalos despaciño); e ioga sinxelo/visualizacións para nenos (como YOGIC en youtube).

Estas actividades teñen presenza na nosa aula polos múltiples beneficios que nos reportan:
    -Alivian os músculos do corpo e diminúen  o estrés mental.
  -Aumenta a confianza en si mesmos e nos compis, a memoria e concentración, o que mellora a calidade da aprendizaxe.
    -Mellora e estreita as relacións entre os cativos e tamén comigo.
    -Despois dunha máis ou menos intensa actividade intelectual ou física, a relaxación permite acadar un estado de benestar, tranquilidade e concentración para realizar a súa próxima actividade.
     -Canaliza a enerxía, axusta o nivel de actividade e produce un benestar global.
     -Os estudos mostran que tamén axuda a superar a timidez.
     -Axuda a aumentar a sensibilidade e mellorar a calidade do sono.
    -Mellora a circulación sanguínea, diminúe a ansiedade e estrés...

Se queredes practicar algunhas destas actividades na casa déixovos algúns enlaces interesantes de mostra.


Ningún comentario:

Publicar un comentario