Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.

venres, 21 de decembro de 2018

Fin de ano: xoves e venres!

Menudo día de celebración tivemos o xoves!!! Como non estaremos xuntos en fin de ano, decidimos celebralo xuntos o xoves! Para iso puxémonos ben arregladiños e todos saímos ó patio. Alí,

xoves, 20 de decembro de 2018

Decoracións de Nadal

Neste mes de decembro preparámonos para o Nadal.
En Relixión, entre outras cousas prepararon uns bonecos de Papá Noeis e en alternativa uns Apalpadores.
O Apalpador encántalles, e por petición popular, decidimos escribir

mércores, 5 de decembro de 2018

Contacontos con Verónica Eiravella: Enamorados (Día Contra a Violencia de Xénero)


Hoxe desfrutamos dunha activiadde especial relacionada coa conmemoración do Día contra a violencia de xénero.

Nesta sesión de contacontos, Verónica contounos e dramatizounos o conto de "Enamorados" (déixovolo máis abaixo). Tivemos a sorte de que ter esta actividade cos compis de 5º e 6º de infantil.

Foi moi divertida a forma de contalo e representalo. Nesta historia reflexiónase sobre cómo "querernos ben" e cómo se reacciona ás veces en certas situacións. Foi moi interesante e desfrutamos moito.

Ademais tróuxonos regaliños de recordo: piruletas e globos con forma de corazón!


luns, 3 de decembro de 2018

Día internacional das persoas con diacapacidade

Hoxe día 3 de decembro conmemoramos o Día Internacional das persoas con Discapacidade. Fixémolo reflexionando co conto "Cuatro esquinitas de nada" e cantando todos xuntos
no

xoves, 29 de novembro de 2018

Día Internacional das persoas con discapacidade!

O 3 de decembro conmemoraremos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. 
Reflexionamos sobre as cousas que nos diferencians uns de outros, sobre as cousas que temps en común, sobre os retos que teñen algunhas persoas e cómo os afrontan... Foi moi interesante!
Con motivo desta conmemoración, hoxe saímos ó patio todos xuntos para cantar a canción "Todos distintos, todos iguais" do CEIP ANTONIO FERNANDEZ LOPEZ de Oural, Sarria. Ensaiamos moito nas aulas e desfrutamos moito preparándonos!

luns, 26 de novembro de 2018

Día Contra a Violencia de Xénero!


Este ano para comenmorar o Día Contra a Violencia de Xénero realizamos varias actividades. Comezamos participando nun mural a nivel de centro. Plasmamos as nosas mans para simular a plumaxe dun páxaro. Trátase dunha iniciativa do CEIP Aquilino Iglesia Alvariño. Tratábase de fa

Día dos Dereitos do Neno!


Este ano para conmemorar o Día dos Dereitos do Neno (20 de novembro), coñecémolos detidamente. 

Escoitamos e analizamos varias cancións que nos falaban deles e reflexionamos sobre o tema.
 Logo ó lon

venres, 16 de novembro de 2018

MAGOSTO!!!

Hoxe celebramos o Magosto no cole e pasámolo moi ben!
Por sorte para nós, os nenos maiores da profe Cris viñeron axudarnos a abrir as castañas, e este ano estaban boas case todas!!! Moitas grazas por colaborar traéndoas!
Para comer, xuntámonos os nenos das dúas clases de 5 anos e foi estupendo. Algúns compis non quixeron comer castañas ou fartáronse rápido e preferiron xogar un rato coas cousas do recanto de biblioteca e de plasti.  Foi xenial pasar a tarde todos xuntos!

Ademáis fixemos unha manualidade de recordo. Trátase dunha

mércores, 31 de outubro de 2018

UN SAMAÍN TERRORÍFICO!!!

Resultado de imagen de halloweenNa entrada de hoxe veredes todas as actividades relacionadas co Samaín deste ano, e son unha pila. Así que preparádevos que comezamos!

Hoxe tivemos a celebración oficial do Samaín, pero todo comezou hai un par de semanas cando ROI nos falou de OTZI!
Explicounos que OTZI é unha MOMIA real que atoparon en Italia e Roi coñecía un montón de datos.
Por sorte para nós, cando a familia de Roi nos visitou  a semana pasada para realizar unha presentación para o proxecto da luz, aproveitaron para falarnos máis polo miúdo desta momia.
Explicáronnos quén era OTZI, cómo vivía, vestía e cómo morreu hai tantísimo tempo. Faláronnos de que viviu hai 4000 anos e que quedou conxelado cando fuxía dos seus enimigos xunto coas súas pertenzas. Quedou conservado como MOMIA ata que  o descubriron uns alpinistas. Parece que OTZI tiña o corpo cuberto por varios TATUAXES e levaba un GORRO de pel de OSO, roupa  e calzado de fibra vexetal e pel.
Ademáis trouxéronnos un libro que nos deixaron prestado para que puideramos velo con calma.
Encantounos saber máis desta momia real!



 Logo comezamos recordando as raíces celtas desta conmemoración en Galicia.

 Logo, pouco a pouco fomos decorando. Así, preparamos a nosa porta de castelo con OLLOS terribles.


Fixemos un pequeno mural dunha BRUXA co seu GATO e acompañada dunha PANTASMA e unha CABAZA!


E fixeron unha manualidade que levaron xa para a casa dun GATO NEGRO que quedou estupendo!

Grazas a vosa colaboración tamén decoramos a entrada de infantil cunha chea de cabazas que vos quedaron espectaculares!


Xunto con estras supercabazas, colgamos as cabaciñas de todos e quedou unha entrada fermosa de Samaín!!!

A profe MARTA de Audición e Linguaxe continúa co Programa de Estimulación da Linguaxe e esta semana sorprendeunos co MONSTRO COMEMEDOS!!!
Cada un leu con pictogramas un texto sinxelo que completaron debuxando os seus medos. Logo un por un explicaron os seus medos e déronllos de comer ó mostro. Ó falalo e darllos de comer xa eran menos medos!

E hoxe por fin xa era o día grande de Samaín no cole!!! Todos viñan caracterizados e terroríficos!


Nesta xornada tivemos unha chea de contos de Samaín.
NEREA quixo deixar para hoxe o seu conto "LA CASA ENCANTADA"  e contouno moi ben!
THIAGO pola súa parte trouxo un conto simpatiquisimo que nos encantou: "EL VAMPIRO EDELMIRO".
E MANUEL conotunos un conto con lanternas moi chulo que aínda que era de SAMAÍN, DEMOS EN RIR UN MONTÓN!!!
Os 3 fixérono xenial!!!


 O conto de "CORRE, CORRE, CABACIÑA" foi o elixido como protagonistanesta ocasión para infantil, como xa sabedes pola manualidade tan chula que preparastes. Así, hoxe contámolo e cómo nos gusta este conto!!! NADIA sorprendeunos co ben que o sabía e deixounos pampos cos detalles.
Logo, todos xuntos bailamos a canción.


Como a saben bastante ben quixeron gravala para vós. Saíulles moi ben aínda que lles deu algo de vergoña. (Seleccionade a calidade e sinto tantas vibracións!)


E por se fora pouco BELA tróuxolles un agasallo ós compis, unhas PANTASMAS ricas ricas que mandamos para papar na casa!



Só nos queda desexarvos un Samaín de infarto con estas poses terríbles... bueno non todas moi terribles ;)




domingo, 28 de outubro de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2018!!!

O pasado mércore 24 de outubro conmemoramos o Día das Bibliotecas!!!! Para esta conmemoración todos traballamos contos relacionados co OUTONO e xuntámonos con outras clases. 
Resultado de imagen de XAIME E AS LANDRAS
Nós tivemos unha sesión de contacontos con títeres do conto "XAIME E AS LANDRAS" e xuntámonos cos nenos de 5º de infantil da profe Carmen. Pasámolo moi ben e logo decoramos unha MEDALLA co tema do conto. Foron moi orixinais!!! Levaron