Parece mentira o axiña que pasou, pero rematamos infantil logo dun tempo xuntos moi especial e agora toca lembralo cun sorriso, desfrutar do verán e volver co dobre de forzas para desfrutar igual no futuro.
Menuda cantidade de actividades temos ultimamente!
A última a visita dos músicos da Escola de Música, que como cada ano nos visitan para falar dos seus instrumentos e para ofrecernos un anaco divertido tocando estupendamente, pasámolo pipa!
O xoves día 30 de maio visitáronnos para una sesión de contacontos especial. Nela, dúas estudantes de maxisterio contáronnos un conto dunha nena que non podía oír. Con elas veu unha intérprete de lingua de signos que nos ensinou cómo dicir varias cousiñas coas nosas mans. Tamén nos ensinaron unha canción en lingua de signos! Estivo moi ben e foi moi interesante.
O pasado venres 24 de maio visitounos o teatriño de títeres de Mircromina e a súa obra "Vacacións no mar". Unha obra divertidícima coa que os nenos e nenas escachaban coa risa!
O Meco este ano trouxo unha semana divertida para todos!
O LUNS trouxemos todo tipo de sombreiros e accesorios na cabeza, o MARTES garabatas moi orixinais, o MÉRCORES estivemos como na casa en pixama, o XOVES to
O pasado día 30 celebramos o Día da Paz todos xuntos. Fixémolo facendo un mural no que participou todo infantil, decorando mandalas e cantando todos xuntos. Ademais desfrutamos dunha actuación dos maiores que prepararon coa mestra Conchi de música.
A cancións elexidas foron: "A cantalola dos nenos" e "All you need is love"
O pasado venres 25 acudimos ó teatro Gustavo Freire para desfrutar dunha obra teatral xenial que se relacionaba co anterior proxecto "A LUZ" e que se titula "Bombolles de paper" baseado no xogo coa luz, as sombras burbullas de xabón, de papel, dixitais, a luz negra... e a danza.