Comezamos este trimestre vestindo a nosa clase para a PRIMAVERA e quedou moi ben, nótase o que traballaron duro.
Preparamos un mural de primavera moi chulo. Para facer a árbore de primavera engurraron e pegaron papel crepe violeta. Logo plasmaron as súas mans con distintas cores a modo de flores ou follas da árbore.
Ademais fixeron uns paxariños fermosos. Pintaron con témpera rosa o corpo e con laranxa as patiñas. Cortaron as ás en papel estampado con moito coidado. Pegaron os olliños e papel estampado para facer das plumas da barrigola. Quedaron moi curriños!
Por último dictáronme a palabra "PRIMAVERA" e logo colocamos as letras mentres buscaban palabras coas letras que íbamos pegando sobre a árbore.
Tamén preparamos unhas bolboretas que penduramos na clase. Decoramos e picamos as súas ás. Pegamos papel celofán laranxa, decoramos con rotus de cores as pinzas que fan de corpo e pegamos todo. Quedaron estupendas!
Recordade pinchar sobre os títulos das publicacións ou en "Ler máis" para acceder a todas as imaxes e á información completa.
xoves, 27 de abril de 2017
luns, 17 de abril de 2017
Fin da 2ª avaliación!

O último día de cole foi moi especial. Comezamos cun concerto xenial impartido polos profesores da Escola de Música de Outeiro, Rábade e Begonte. Desfrutamos de cancións infantís e éxitos do momento ademais de poder ver de cerca diversos instrumentos, aprender de que están feitos e escoitar o seu son.
Xa na aula comentamos o concerto e merendamos.
Logo do recreo falamos da estación na que estamos e dos elementos que a compoñen. Falamos do tempo, das flores, dos animais... e xusto ahí falamos das bolboretas. Seguindo co tema tivemos
Etiquetas:
actuación,
CEIP LAVERDE RUIZ,
manualidades,
música
Técnicas de relaxación!
Gustaríame compartir con vós unha das nosas rutinas. Como xa vos comentei noutro apartado deste blogue (Rutinas), logo do recreo acostumamos a relaxarnos escoitando música tranquila cos olliños pechados e baixando as luces.
Chegamos do recreo acelerados pola actividade e o ruído. Cambiar a unha actividade que require concentración resulta moi complicado, polo que se fai preciso parar e calmarse.
Así, a actividade de relaxarnos con música resulta moi útil, ademais doutras técnicas de relaxación que sempre me deron moi bos
resultados.
Non se trata de actividades
Non se trata de actividades
luns, 3 de abril de 2017
Día da Árbore e da Auga!
O pasado 24 de marzo conmemoramos o Día da Árbore e da Auga! Os nenos e nenas de 3º de primaria recorreron as clases presentando a árbore que se plantaría este ano no cole, un ameneiro. Entre todos os neos de 3º chamárono: "O Amigueiro". Contáronnos moitas cousiñas sobre esta árbore e nós estivemos moi atentos!
Tamén lemos un conto moi chulo "Eva, o trasno e o ameneiro".
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación ambiental
xoves, 23 de marzo de 2017
Día da Muller e Semana da Prensa con Gloria Fuertes!
O pasado 8 de marzo conmemoramos o Día da Muller, e entre as actividades que se realizaron destacan as relacionadas co achegamento a unha escritora moi querida e que se adicou ós nenos con todo tipo de creacións: GLORIA FUERTES.
Coñecemos algúns contos e poesías xeniais, coas adiviñas pasamos un anaco divertido e rimos coas súas rimas!
Como ademais era a Semana da Prensa e estabamos a coñecer os xornais, aproveitamos para crear a nosa propia noticia con GLORIA FUERTES.
Coñecemos algúns contos e poesías xeniais, coas adiviñas pasamos un anaco divertido e rimos coas súas rimas!
Como ademais era a Semana da Prensa e estabamos a coñecer os xornais, aproveitamos para crear a nosa propia noticia con GLORIA FUERTES.
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións
sábado, 25 de febreiro de 2017
Entroido!
Este venres celebrámolo Entroido no cole e pasámolo xenial!
Este ano, como sabedes, estamos a desenvolver un proxecto a nivel de centro co que estamos a coñecer as lendas de Galicia.
Así, ó longo deste curso adicámoslle un oco en cada unha das conmemoracións que celebramos. Neste Entroido as lendas chegaron con forza. Aquí vos deixo o vídeo resumo!
(Para ver o vídeo máis grande só tedes que picar na esquina superior dereita. Tamén podedes regular a calidade na rodiña de configuración da parte inferior dereita)
Este ano, como sabedes, estamos a desenvolver un proxecto a nivel de centro co que estamos a coñecer as lendas de Galicia.
Así, ó longo deste curso adicámoslle un oco en cada unha das conmemoracións que celebramos. Neste Entroido as lendas chegaron con forza. Aquí vos deixo o vídeo resumo!
(Para ver o vídeo máis grande só tedes que picar na esquina superior dereita. Tamén podedes regular a calidade na rodiña de configuración da parte inferior dereita)
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
festa
martes, 14 de febreiro de 2017
DÍA DO AMOR E A AMIZADE!
Hoxe día 14 de febreiro é o día de San Valentín, e no cole
celebrámolo todos xuntos. Neste día celebramos o AMOR e a AMIZADE.
Para conmemorar
este día tan especial adicámoslle o día de onte e hoxe. Falamos da xente que
queremos e apreciamos, falamos da amizade...
Como nos queremos
moito, fixemos unhas manualidades para intercambiarnos entre todos. Trátase
duns corazóns nos que puxemos os nosos nomes e nos que deixamos unha pegada dos
nosos beizos a modo de bicos. Hoxe decorámolos con puntiños rosas feitos con
bastoncillos das orellas.
¡Quedaron moi chulos! Unha vez rematados metémolos todos nunha bolsiña e un por un fomos collendo un. Así cada nenos e nena da clase levou un bico dun compañeiro para a casa.
Déixovos aquí a
imaxe por se a queredes copiar e imprimir para regalarlle un bico a alguén. Xa que algúns querían regalarllo tamén a algún familiar ou outros amigos fóra do cole.
Hoxe ademais vimos o vídeo da fábula do “El León y el Ratón” que nos
gustou moito, sobre todo cando o reproducimos con marionetas recordando o que viramos. Falamos do importante que é ter amigos, de qué fan os amigos por nós, de que hai que ser agadecido, de que hai que coidalos...
Para esta actividade xuntámonos cos compis da clase da profe Marta, ¡e pasámolo xenial!
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación emocional
domingo, 5 de febreiro de 2017
Día da Paz!
Este pasado luns celebramos o Día da Paz!
Para conmemoralo decoramos a entrada facendo unha fermosa cadea moi especial con bonequiños de cada neno que eles mesmos decoraron. Na entrada podedes ver os de todo o alumnado e profesorado de infantil.

Para conmemoralo decoramos a entrada facendo unha fermosa cadea moi especial con bonequiños de cada neno que eles mesmos decoraron. Na entrada podedes ver os de todo o alumnado e profesorado de infantil.

Os nenos e nenas de 4º de infantil decoremos unhas pombiñas coas nosas mans que quedaron moi chulas!
Ademais tivemos unha actividade especial con marionetas do conto "La ovejita que vino a cenar", que xusto trouxeron neses días para o recanto de "Malos de Conto" Claudia e Mateo!
Foi unha actividade internivel, e no noso caso, compartida cos nenos e nenas de 5 anos da clase da profe Mª Luisa e coa axuda da profe de apoio Katia.
Pasámolo moi ben e rimos un montón!
Para rematar decoramos a nosa aula cos personaxes deste fermoso conto. Cada neno decorou unha ovelliña pintándoa e pegándolle algodón. Entre todos pintamos un lobo famento con acuarelas. Logo puxémolos pola clase. Quedou moi chulo!
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
contacontos,
educación emocional,
manualidades
domingo, 29 de xaneiro de 2017
INVERNO
Levamos un tempiño traballando a estación de INVERNO e os cambios
que sofre a contorna co cambio de OUTONO a INVERNO: frío, roupa, vexetación,
animais, cores, alimentos...
Decidimos que
tiñamos que cambiar o noso mural de OUTONO a INVERNO e entre todos pensamos que
debía ter neve, un boneco de neve, alguén con roupa propia do inverno e un
letreiro da estación.
Como nos gusta moito o conto de "LAS ESTACIONES DE POPY"
pensamos que era boa idea poñer a POPY con roupa de inverno no mural. Pintámolo
con pincel e puxémoslle unha bufanda e un gorro abrigoso.
Fixemos tamén un
boneco de neve con bufanda e sombreiro que decoramos entre todos con témpera
sólida.
Fixemos tamén “churros” con
papel de laranxa para facer os brazos.
Modelamos unha nariz afiada con plasti laranxa.
Fixemos ademais uns botóns ós que lles puxemos os números: 1, 2,
3. Xogamos a ordenalos e colocámolos na barrigola do boneco de neve.
Logo cada un pintou un copo de neve de cor azul, pegoulle algodón e
botoulle brillantina.
Para rematar entre
todos fixemos as sons das letras de INVERNO, logo ordenáronas para que puxera
inverno e fóronmas dando para colocalas en orde a modo de cartel do noso mural.
Pode que engadamos máis cousiñas, pero xa está moi chulo!
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
contacontos,
estacións,
manualidades
venres, 13 de xaneiro de 2017
Regaliños de Nadal!!!
Este luns voltamos ás clases e atopamos unha sorpresiña especial. Nun recanto da clase había uns detalliños que nos deixaron entre os Reis Magos, Papá Noel e o Apalpador. Trouxeron xoguetiños novos para os nosos rincóns e encántannos!
Etiquetas:
CEIP LAVERDE RUIZ,
conmemoracións,
festa
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











